Gonzalo López Abente

escritor galego
(Redirección desde «López Abente»)

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas[1].

Infotaula de personaGonzalo López Abente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1878 Editar o valor em Wikidata
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Real Academia Galega
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Escumas da ribeira, 1911
D'Outono, 1924
Nemancos, 1929,
Vaosilveiro, 1929
Familia
CónxuxeBalbina Abente Myszkovski
PaisFrancisco López García  e Xulia Abente Lago
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercante e armador, e Xulia Abente Lago. Estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito, licenciándose en 1899. Viaxou por Francia, Bélxica e Países Baixos, pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir El Eco de Mugía. En 1909 casou con Balbina Abente Myszkovski —filla do seu tío Victorino Abente Lago— que finou ao dar a luz en 1910, con vinte e seis anos de idade.[2]

Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á guerra civil (Escuma na ribeira, Alento de raza e D'Outono) na escola do "Poeta da Raza", Ramón Cabanillas. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' A Nosa Terra coa novela O deputado de Beiramar. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática feminista.

López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en revistas e periódicos: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel e Lar.

Co triunfo do bando franquista foi depurado do seu posto de traballo como xuíz municipal suplente. Conta diso dá o seu expediente de incautación.[3]

O 27 de xullo de 1941 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo, co discurso A terra e a poesía de Eduardo Pondal,[4] presentado o 27 de xullo de 1941.

 
Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: Florentino López Cuevillas, Victoriano Taibo, Risco, López Abente, Cabeza de León, Antón Villar Ponte, Xosé Filgueira Valverde, Castelao, Otero Pedrayo, Lugrís, Leandro Carré e Jaime Vidal Rey.

En 1963 viron a luz tres libros máis de poesía da súa autoría: Nemancos, Cintileos nas ondas e Decrúa (este último póstumo).

Obra editar

Poesía editar

 
De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez, Enrique Peinador, López Abente, Pura González (muller de Lugrís), Celia Brañas, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Lugrís, Antón Villar Ponte e Estrada Catoyra.[5]

Narrativa editar

  • O diputado por Veiramar (1919. Imprenta Nova).[8]
  • O novo xuez (1922, Céltiga).[9]
  • Buserana (1925, Lar).
  • Fuxidos... (1926, Lar).
  • Vaosilveiro (1929).
  • A narrativa mariña (2012, Xerais).

Teatro editar

  • María Rosa (estreada en 1921, publicada en 1928 por Nós).

Ensaio editar

  • A terra e a poesía de Pondal (1965, Real Academia Galega).[4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Letras Galegas 1971: Gonzalo López Abente". Real Academia Galega. 
  2. "Biografía. Fundación Lopez Abente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  3. "Fue un gran entusiasta, afiliado, cotizante y organizador del “Frente Popular” y además peligroso por su forma de actuar, dedicándose por algún tiempo y sobre todo cuando se aproximaban las elecciones, a desarrollar una gran propaganda y campaña política en pro de dicho frente. Por su cultura (es Abogado) era siempre el que en los mitines de propaganda electoral, presentaba a los oradores socialistas, galleguistas y de izquierdas que con tal fin llegaban a Mugía, contribuyendo a envenenar el ambiente con sus palabras saturadas de extremismos. Este Sr. en unión de D. Manuel Lastres García, ambos íntimos amigos del funesto Casares Quiroga, tenían fundada una especie de Agencia de colocaciones, que utilizaban como gancho para captarse la voluntad de los vecinos pregonando que el que no fuera de izquierdas no obtendría trabajo y que si algún obrero que no fuera de sus ideales lo conseguía, devengaría jornal inferior al de los demás aunque el trabajo fuera mayor; desarrollando estos trabajos con motivo de la construcción de un muelle en aquél puerto, siendo tratados estos últimos obreros como esclavos mientras que los de izquierdas vivían bajo un régimen de favor patrocinados por el informado y su amigo el Sr. Lastres que parece blasonaban de tener “la sartén por el mango” y la influencia del citado Casares, que en dos ocasiones que estuvo en Mugía, fue obsequiado en el domicilio de estos señores con lunchs y banquete. Fue además uno de los fundadores de la Agrupación de Izquierda Republicana y de los principales cotizantes e influyentes en dicha organización, usando de lo cual cometió algunos atropellos en la preparación de las elecciones que trajeron el “frente popular”; abusando de la autoridad que ejercía como Juez Municipal Suplente en funciones, de cuyo cargo fue substituído al producirse el Movimiento Nacional. POR LO EXPUESTO SE LE INSTRUYE UN EXPEDIENTE DE INCAUTACIÓN". Expediente de depuración de López Abente (1937). Luís Lamela. Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Ediciós do Castro.
  4. 4,0 4,1 López Abente, G. (1965). A terra e a poesía de Eduardo Pondal. Real Academia Galega. 
  5. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  6. López Abente, G. (1971). Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca. Real Academia Galega. 
  7. Con prólogo de Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).
  8. Con prólogo de Antón Villar Ponte.
  9. Con portada de Valentín Castro Díaz.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar