Celia Brañas

científica galega

Celia Brañas Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 e finada na mesma cidade o 12 de xuño de 1948,[1] foi unha científica galega.

Celia Brañas
Celia Brañas y Fernández Miranda.jpg
Nome completoCelia Brañas y Fernández Miranda
Nacemento20 de maio de 1880
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento12 de xuño de 1948
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncientífica
PaiGonzalo Brañas Sánchez-Boado
IrmánsGonzalo Brañas Fernández
editar datos en Wikidata ]

É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.

TraxectoriaEditar

Foi filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado.[2] Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.[3]

En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña,[2] no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.[2]

Vida persoalEditar

Foi irmá do tamén científico Gonzalo Brañas Fernández.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar