Fernando Cortés Bugía
Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.
Fernando Cortés Bugía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1874 |
Lugar de nacemento | Betanzos |
Falecemento | 25 de marzo de 1948 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) |
Ocupación | escultor, pintor, debuxante, mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario. Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.
Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.
ObrasEditar
É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.
NotasEditar
- ↑ Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Cortés Bugía |
BibliografíaEditar
- Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez]: Artigo "CORTÉS BUGÍA, Fernando" en Gran Enciclopedia Galega.
- Bugallal Marchesi, José Luis: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, nº. 289-293, 1946-1950 , p. 144-145 Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).
Ligazóns externasEditar
- Fernando Cortés Bugía Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine. na páxina da RAG
- Cortés Bugía, FernandoArquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. no Museo de Belas Artes da Coruña.