David Fernández Diéguez

matemático galego

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

David Fernández Diéguez
Nacemento11 de outubro de 1875
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento24 de decembro de 1936
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmatemático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en Madrid. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Murguía, Florencio Vaamonde e Jaime Ozores de Prado, o 28 de marzo de 1925,[1] da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos últimos meses da súa vida[2].

Dirixiu a revista Galicia Nueva, órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da Unión Patriótica, presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Obras editar

É autor de “Contribución al estudio de la trisección del ángulo” e un traballo sobre a construción da media proporcional de dous segmentos. Como bibliógrafo e historiador foi autor de traballos sobre a historia dos logaritmos, Juan Caramuel e Juan Jacobo Durán Loriga.

Galería de imaxes editar

 
Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG. De pé: Ángel del Castillo, Martínez Morás, Amor Meilán, Maciñeira, Vega Blanco, Cabanillas, Taibo e Antón Villar Ponte. Sentados: Fernández Diéguez, Indalecio Varela, Carré, Marcelo Macías, Eladio Rodríguez e Rafael Pérez Barreiro. 20/11/1926.
 
De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez, Peinador, López Abente, Pura González, Celia Brañas, Otero Pedrayo, Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Cortés Bugía. Sentados: Martínez Morás, Castelao, Lugris, Antón Villar Ponte e Estrada Catoyra.

Notas editar

  1. "Académicos e académicas: David Fernández Diéguez". Real Academia Galega. 
  2. Barreiro Noya, A. (1942). "Al entrar en un nuevo período : Resumen de una gestión". BRAG (264): 313–314. 
  3. Recepción de Castelao na RAG na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Manuel Lugrís Freire
  
Presidente da RAG
 
1935-1936
Sucesor:
Manuel Casás Fernández