Portomourisco
Portomourisco | |
---|---|
Diocese: | Astorga |
Arciprestado: | A Rúa |
Área: | - km² |
Poboación: | 137 hab. (2015) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 3 |
San Vítor de Portomourisco é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Rúa da diocese de Astorga. Os seus terreos e vivendas están repartidos entre dous concellos, o de Larouco e o de Petín, e ten unicamente dúas entidades de poboación, aínda que oficialmente constan tres: Portomourisco e A Portela de Portomourisco, este último formado polos lugares homónimos, A Portela de Portomourisco (do concello de Larouco) e A Portela de Portomourisco (do concello de Petín).
Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 137 habitantes, deles 72 homes e 65 mulleres, e dos que 119 estaban censados en Petín e 18 en Larouco. A poboación diminuíu, pois no censo de 1999 tiñan 182 habitantes (22 en Larouco e 160 en Petín).
Situada ao pé do curso fluvial do río Xares, que realiza un acusado meandro nos arredores do núcleo. O río atravésao unha ponte, construída no século XVIII, que se acompaña dunha pequena ermida ao carón.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web persoal que fala da parroquiaArquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine.