Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller

(Redirección desde «Wikipedia:1WDIM»)
Atallos:
WM DIM1
WP:1WDIM
Cartel do evento do wikimaratón.
Logotipo do décimo quinto aniversario da Galipedia.
Código QR.
En marzo, achégate á Galipedia en Ourense! (Foto: Pórtico do Paraíso na Catedral).

O sábado 10 de marzo de 2018 levouse a cabo o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade. Este evento foi unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre o 8 de marzo. Nel traballouse na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un wikimaratón é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que inclúan unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Cando, onde e como editar

A actividade tivo lugar o 10 de marzo de 2018 na Biblioteca Pública de Ourense, podes ver aquí a súa localización.

Comezou ás 10:30 e desenvolveuse durante toda a mañá (máis abaixo podes ver o programa).

Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir de forma presencial. Así, amais de editar, é posible coñecer outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto.

Programa de actividades editar

Programa provisional

  • 10:30 - 11:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia
  • 11:30 - 12:15 Wikimaratón de artigos
  • 12:15 - 12:30 Pausa para café
  • 12:30 - 13:30 Wikimaratón de artigos
  • 13:30 - Wikitorta quince aniversario da Galipedia

Información para participantes editar

Cuestións xerais editar

Videotitorial de axuda para a creación dunha conta e para apuntarse ó wikimaratón.

Tanto se optas por achegarte ata Ourense, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

E tampouco fai falta que cargues co teu equipo: no local temos á nosa disposición ordenadores de sobremesa para que poidamos traballar a gusto. Pero se estás moi afeito ao teu portátil, tamén podes traelo: nós fornecerémosche a conexión á rede sen fíos para que poidas traballar.

Recomendación ós novos editores: levar xa creado o propio usuario.

  1. Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
  2. Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en  Crear a conta  xa tes o teu usuario.
Importante: Non esquecer o voso nome de usuario e o contrasinal.

As compañeiras da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela fixeron un pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia e facer o teu rexistro como participante no wikimaratón. Pódelo consultar acó e tamén nesta mesma páxina, á esquerda.

Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que profundizan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas.

Tamén é importante que teñas en conta a Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia.

Axudas co galego editar

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Artigos propostos editar

 
Rosa Luxemburg.

Podes participar de varias maneiras:

  • Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
  • Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos recursos que poñeremos ao teu dispor.

Se queres podes propor máis artigos modificando estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.

Cando remates de amañar ou crear un artigo, por favor, engade na columna de "Notas" o texto {{Feito}} para poder saber de forma sinxela o traballo que fixemos neste wikimaratón.

Galegas editar

 
Carmen Babiano.
 
Olimpia Valencia.
 
Mercedes Tella.
 
Eva Veiga.

Nesta lista engadiremos os artigos sobre mulleres galegas sobre os que podemos traballar. Uns xa existen e poden revisarse e ampliarse, e outros non existen e habería que crealos.

Tamén podes atopar outros artigos a crear en Álbum de Mulleres.

Hai outras listas máis no Wikiproxecto galegas. Unha delas é de galegas que non teñen artigo na Galipedia pero si nas wikipedias doutras linguas. Podes facer unha tradución dos artigos das outras linguas.

Artigo Avisos Provincia Notas
1 Inés de Castro faltan referencias
2 Ángeles Alvariño coruñesa
3 Antonia Ferrín ourensá
4 Manuela Barreiro Pico formato wiki luguesa
5 Rita Fernández Queimadelos pontevedresa
6 Carme Adán
7 Obdulia Díaz ourensá Novo artigo  Feito! Foto da escultura "Torre do Baño" na praza de Saco y Arce, Ourense  Feito!
8 Irmás Touza ourensá   Feito!, novo artigo (ver libro Memoria de Ferro na sección biblioteca do wikimaratón)
9 Marián López Fernández-Cao pontevedresa   Feito!, novo artigo
10 Asunta Rodríguez lucense   Feito!, novo artigo
11 Magis Iglesias pontevedresa   Feito!, novo artigo
12 María Lama Trigo pontevedresa   Feito!, novo artigo
13 Eva Veiga coruñesa
14 Leticia Iglesias ourensá   Feito!, novo artigo
15 Helena de Carlos ourensá
16 Fátima Rodríguez coruñesa   Feito!, novo artigo
17 Asunción Montijano lucense   Feito!, novo artigo
18 Paula Gallego coruñesa   Feito!, novo artigo
19 Cuqui Piñeiro pontevedresa   Feito!, novo artigo
20 Docha Rioboo coruñesa artigo en es.wiki
21 Sofía Oriana Infante coruñesa   Feito!, novo artigo
22 Silvia Penide coruñesa artigo en es.wiki
23 Sabela Arias Castro curto de máis luguesa artigo en es.wiki
24 Ana Arias Saavedra luguesa
25 Carmen Babiano faltan referencias  Feito! coruñesa artigo en es.wiki
26 María Abel Diéguez atleta olímpica (Lugo 1974) GEG
27 María Dolores Acevedo luguesa escritora rosa (Lugo 1932) GEG
28 Paloma Acuña Fernández directora dos Museos Estatais (Vigo 1946) GEG   Feito!, novo artigo
29 Ágape nobre que propagou as doutrinas gnósticas GEG
30 Matilde Albert Robatto coruñesa escritora (Mugardos 1940) GEG
31 Rosario Álvarez de Sotomayor pintora (Oleiros 1921) GEG   Feito!
32 Ángeles Barreiro Rico GEG
33 María Victoria Díaz Riva Álbum da JAE
34 Carmén López-Cortón Álbum da JAE
35 Sofía Novoa Álbum da JAE
36 Paz Parada Pumar Álbum da JAE
37 Olga Moreiras Tuni Novo artigo   Feito! Álbum da Ciencia
38 Carmen Arias López Álbum da Emigración
39 Elsa Fernández González Álbum da Emigración
40 Juana Rouco Buela Álbum da Emigración
41 Josefina Fernández Mosquera historiadora
42 Eva Carrera Colección Afundación
43 Almudena Fernández Fariña Colección Afundación
44 Ana García Pan Colección Afundación
45 Ana Legido Soto Colección Afundación
46 Celsa Ferrín Moreiras ourensá
47 Olimpia Valencia incluír máis referencias (Galiciana) ourensá   Feito!
48 Carmen Gurriarán ourensá   Feito!, novo artigo (soprano.resumo biográfico acó e outra fonte)
49 María Martinón Torres ourensá   Feito!, novo artigo (paleoantropóloga)
50 Carmen Blanco escritora luguesa   Feito!
51 Eugenia Pereira Rodríguez crear ourensá   Feito!, novo artigo (primeira licenciada en Farmacia en Santiago en 1922)
52 Pilar Wirtz Molezún crear coruñesa monxa da Compañía de María e editora de Encrucillada
53 Carmen Agulló Díaz ourensá   Feito!, novo artigo
54 Aurora Gil coruñesa   Feito!, novo artigo
55 A banda da Loba   Feito!, novo artigo
56 Chelo García-Cortés ourensá   Feito!, novo artigo
57 María Cofán Soto ourensá   Feito!, novo artigo
58 Irene Milleiro Díaz pontevedresa   Feito!, novo artigo
59 Amalia Sofía Osorio Delgado ourensá   Feito!, novo artigo
60 María del Rosario Álvarez coruñesa   Feito!, novo artigo

Outros artigos editar

Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que tamén podemos traballar no wikimaratón, os artigos foron escollidos porque son de calidade ou bos na Wikipedia en castelán ou inglesa.

 
Harriet Tubman, loitou pola liberdade, contra a escravitude e o racismo.
Artigo Avisos Notas
1 Día Internacional da Muller Actualizar co paro internacional de mulleres 2018
2 Margaret Brown Calidade en es.wiki
3 Mariya Spiridónova Cómpre revisar transcrición nomes rusos Calidade en es.wiki
4 Isabel II do Reino Unido Calidade en es.wiki
5 Harriet Tubman curto de máis Calidade en es.wiki
6 Alfonsina Storni traducir citas Calidade en es.wiki
7 J. K. Rowling Calidade en es.wiki
8 Mary Shelley Calidade en es.wiki
9 Sarah Trimmer Calidade en es.wiki
10 Juana Inés de la Cruz Calidade en es.wiki
11 Lady Gaga Calidade en es.wiki
12 Madonna precisa referencias Calidade en es.wiki
13 Thalía Calidade en es.wiki
14 Aspasia Calidade en es.wiki
15 Isabel Bowes-Lyon Calidade en es.wiki
16 Golda Meir Calidade en es.wiki
17 Hatshepsut Calidade en es.wiki
18 María Tareixa I de Austria Calidade en es.wiki
19 Reinado de Isabel II de España Calidade en es.wiki
20 Hildegard von Bingen Calidade en es.wiki
21 Ablación de clítoris mellorar o formato wiki Calidade en en.wiki
22 Lynn Margulis
23 Jane Goodall
24 Rosalind Franklin Calidade en de. e he.wiki
25 Virginia Woolf
26 Ada Lovelace faltan referencias
27 Tareixa, condesa de Portugal
28 Valentina Tereshkova Cómpre aumentar contido
29 Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel Revisar   Feito! Calidade en en.wiki e bo en fr.wiki
30 Barbara McClintock faltan referencias, ampliar Calidade en es.wiki e en.wiki
31 Guilhermina Suggia ampliar


 
Josephine Butler, feminista inglesa e reformadora social na época Victoriana.

Nas columnas "Wiki es" e "Wiki en" podemos poñer unha ligazón á versión do artigo nesas linguas, indicando se alí está marcado como artigo bo ou de calidade. Os artigos non teñen ningunha orde predeterminada.

Artigo Wiki es Wiki en Notas
1 Violencia contra as mulleres Normal (a encher)
2 Lucille Ball Calidade (a encher)
3 Tita Merello Calidade (a encher)
4 Estela Giménez Calidade (a encher)
5 Anna Anderson Calidade (a encher)
6 Carlota Augusta de Gales Calidade (a encher)
7 Ann Bannon Calidade (a encher)
8 Nancy Drew Calidade (a encher)
9 Olivia Manning Calidade (a encher)
10 Sor Josefa de los Dolores Peña y Lillo Barbosa Calidade (a encher)
11 Virginia Eliza Clemm Calidade (a encher)
12 Minoría de idade de Isabel II Calidade (a encher)
13 Amelia Bence Bo (a encher)
14 Bronwyn Bancroft Non existe Calidade
15 Jean Bellette Non existe Calidade
16 Florence Fuller Normal Calidade
17 Ima Hogg Normal Calidade
18 Margaret Murray Normal Calidade
19 Daisy Jugadai Napaltjarri Non existe Calidade
20 Isabella Beeton Normal Calidade
21 Louise Bryant Normal Calidade
22 Josephine Butler Normal Calidade
23 Emily Davison Normal Calidade
24 Marjory Stoneman Douglas Normal Calidade
25 Ursula Franklin Normal Calidade
26 Margaret Fuller Normal Calidade
27 Remedios Zafra Normal (a encher)
28 Ramona Vaamonde (a encher) (a encher)
29 María de Maeztu Normal (a encher)   Feito!, novo artigo
30 Remedios Varo Normal (a encher)
31 Mujeres Libres Normal (a encher)
32 Judy Wajcman (a encher) tecnofeminista artigo en es.wiki
33 Ana de Miguel Normal (a encher) filósofa
34 Rosa Cobo Normal (a encher) filósofa
35 Alicia Puleo Normal (a encher) filósofa
36 Celia Amorós Normal (a encher) filósofa
37 Mercedes Bengoechea Normal (a encher) lingüista
38 Margot Moles Normal (a encher) deportista
39 Emilia de Sousa Costa Normal (a encher) escritora
40 Chrissie Hynde Normal (a encher) cantante
41 Marilyn Waring Normal (a encher) política
42 Mary Nash Normal (a encher) historiadora
43 Mariana Pineda Normal (a encher) heroína liberal
44 Petra Karin Kelly Normal (a encher) política
45 Marilyn French Normal (a encher) escritora
46 María Telo Normal (a encher) xurista
47 Violencia de xénero Normal
48 Irmás Mirabal   Feito!, novo artigo
49 Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo   Feito!, novo artigo (documental)
50 Fíos fóra documental
51 Candelaria Pérez (inventora)   Feito!, novo artigo
52 Candelaria Pérez (militar)   Feito!, novo artigo
53 Virginia Gutiérrez de Pineda   Feito!, novo artigo
54 María Currea   Feito!, novo artigo
55 Carmiña Navia Velasco   Feito!, novo artigo
56 Catarina de Medici   Feito!, novo artigo
57 Betty Williams   Feito!, novo artigo

Axuda para a edición editar

Recursos de apoio editar

Apúntate! editar

Se che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).

  1. Elisardojm (presencial)
  2. Maria zaos (presencial)
  3. Estevoaei (presencial)
  4. Viascos (presencial)
  5. Moniquiña (en liña)
  6. Agremon (presencial)
  7. Chairego_apc (en liña)
  8. Lissall (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 17:13 (UTC) (en liña ou presencial)[responder]
  9. Amélie Place (presencial)
  10. Lles (por decidir)
  11. AVazVel (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:38 (UTC) (en liña)[responder]
  12. MAGHOI (en liña)
  13. Sobreira e asumo que Oliveira que me leva
  14. --Aliciaperalejo2 (conversa) 2 de decembro de 2020 ás 18:48 (UTC)(en liña)[responder]

A biblioteca do wikimaratón editar

Nesta sección imos engadir libros que poidan ser de interese para ser a fonte dos artigos que se creen, ou melloren, e cos que se poderán achegar as referencias ós contidos. Podes engadir a bibliografía que consideres que pode ser de axuda para traballar os contidos do wikimaratón, e se tes a posibilidade de traelo ó evento. Todo o que queira pode colaborar achegando libros de interese, que teña na casa, ou que colla na biblioteca pública que teña máis a man.

Título Autor Ano Editorial Quen o achega Notas
Liña do tempo. As mulleres na historia (2010), Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade. 2010 Comisión de Igualdade En liña
Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista… Pérez Pais e Mariño Costales 2013 Comis. de Igualdade En liña
Historia de las mujeres en Occidente. Vol.5 : El siglo XX Duby, G. e Perrot, M. (eds) 1993 Taurus María Zaos
Cinco llaves del mundo secreto de Remedios Varo 2015 Imaginatio Vera María Zaos
Mulleres destacadas de Galicia Alvarellos, Enrique 1993 Alvarellos Editora Dispoñible na biblioteca de Ourense. Podes pedir aquí copia dalgún artigo.
Dicionario de Mulleres Galegas Marco, Aurora 2007 A Nosa Terra Elisardojm Podes pedir aquí copia dalgún artigo.
Gran Enciclopedia Galega, en DVD VVAA 1974- Elisardojm
Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria Gurriarán, Ricardo 2007 Comis. de Igualdade María Zaos En liña
Llinares García, Mar (2010). Historia das mulleres en Galicia: Prehistoria. Historia antiga. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7807-4.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Pallares Méndez, Carmen (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade media. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7812-8.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Rey Castelao, Ofelia; Rial García, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7808-1.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Pernas Oroza, Herminia (2011). Historia das mulleres en Galicia: Época contemporánea. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7822-7.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Ménage, Giles (2009). Historia de las mujeres filósofas. Herder. ISBN 978-84-254-2581-3.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 1 MEN his
Folsing, Ulla (1992). Mujeres premios Nobel. Alianza. ISBN 84-206-0600-6.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 06 FÖL muj .Tamén un exemplar no depósito
Castarnado, Toni (2011). Mujeres y música : 144 discos más que avalan esta relación. 66 rpm. ISBN 978-84-941250-3-4.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura 78 CAS muj
Patiño Regueira, Antón (2005). Memoria de ferro. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-30-0.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura C (ES-gal) PAT mem [FL] Válido para ás irmás Touza
Pioneiras do deporte en Galicia Cristina López Villar 2018 Deputación da Coruña Elisardojm
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega (ed.). "Documentarios sobre mulleres galegas".  En liña
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nota: Hai que pagar os gastos de envío, que inclúen a entrega a domicilio. Neste caso son dous euros en total, porque os catro libros suman menos de cinco quilos.

Resultados editar

 
Momento de edición.
 
Momento de edición.
 
Wikitorta do décimo quinto aniversario da Galipedia.

Houbo once persoas editando de forma presencial, das cales catro eran mulleres.

Comezamos a xornada con algúns problemas técnicos de conexión á Wi-Fi que fomos amañando. Logo de agradecer ó concello de Ourense e á Biblioteca Pública a súa colaboración para a realización do evento, comentamos a Política de espazo amigable para os eventos a Fundación Wikimedia.

Despois desta introdución pasamos a facer un obradoiro de introdución á edición explicando os cinco piares da Galipedia, e como engadir ligazóns, referencias e imaxes ós artigos usando o editor visual. Os participantes foron probando cada unha das cousas na súa páxina de usuario e fomos resolvendo as dúbidas que foron aparecendo.

Fixemos unha pequena parada para repoñer forzas cunhas rosquillas de Ponteareas e despois explicamos a tarefa a realizar, puxemos a disposición dos asistentes a biblioteca do wikimaratón (á cal esquecéusenos facerlle unha foto que ben merecía), e comentamos un par de notas a ter en conta na tradución de artigos doutras Wikipedias.

O traballo foi avanzando de forma constante e amena, apareceron máis dúbidas e algún problema co artigo de Exeria xa que estaba semibloqueado (os admin que estabamos alí non nos decatamos de desbloquealo para que o puidesen editar de tan concentrados que estabamos, sentímolo!!). Pero iso non foi impedimento para seguir creando e mellorando outros artigos.

Mentres máis atarefados nos atopabamos, varios medios de comunicación pasaron pola sala da biblioteca para facer fotos do frikimaratón e entrevistar a algún dos participantes. Podedes ver algunhas destas novas nas ligazóns de "Mencións nos medios", "Posteriores ó evento".

Ó final do evento case non nos da tempo de probar a wikitorta, con tanta concentración na edición esquecérasenos a celebración dos quince anos da Galipedia! Preparamos a torta, prendemos as candeas e gozamos do doce que ben mereciamos, á saúde do proxecto e por outros quince anos máis!!

Artigos creados e amañados:

Mencións nos medios editar

Previas ó evento editar

Posteriores ó evento editar

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar



<<< Evento anterior: 20/2/2018, Santiago de Compostela.
2º wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
1º wikimaratón do
Día Internacional da Muller

10/3/2018, Ourense
Evento seguinte: 20/10/2018, Ourense. >>>
Wikimaratón Grupo Nós