Carmen Agulló Díaz
María de Carmen Agulló Díaz, nada en Xinzo de Limia o 19 de febreiro de 1957, é unha profesora e historiadora galega.
(2022, Guadassuar) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Mª del Carmen Agulló Díaz 18 de febreiro de 1957 (67 anos) Xinzo de Limia, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Valencia |
É titular de Teoría e Historia da Educación na Universidade de Valencia.[1] Ademais de ser escritora de libros, é unha das investigadoras da historia da educación das mulleres, especialmente nos docentes e as docentes republicanas. É tamén moi recoñecida neste ámbito pola súa participación no documental dirixido en 2013 por Pilar Pérez Solano, Las Maestras de la República, gañador do premio Goya á mellor película documental o 2014.[2][3]
Traxectoria
editarIniciou os seus estudos na Academia Santa Mariña de Xinzo de Limia. Cursou o Bacharelato no Colexio das Carmelitas de Ourense e no Instituto Nacional Feminino de Vigo. Cursou estudos de Pedagoxía e Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (primeira promoción do Colexio Universitario de Ourense) e a Licenciatura de Psicoloxía nas Universidades Complutense de Madrid e de Valencia. Froito destes estudos, é licenciada en Psicoloxía e en Filosofía e Ciencias da Educación, e doutora en Pedagoxía. Profesora titular do Departamento de Educación Comparada e Historia da Educación da Universitat de València. Imparte clase nas Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación e de Maxisterio, en Valencia e Ontinyent.