María Martinón Torres

médica e paleoantropóloga galega

María Martinón Torres, nada en 1974 en Ourense,[1] é unha médica e paleoantropóloga galega.[2] É fundadora da European Society for the Study of Human Evolution (2011) así como membro correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia dende 1999.[3]

Infotaula de personaMaría Martinón Torres
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , paleoantropóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1012182

Traxectoria editar

Filla do pediatra e bibliófilo Federico Martinón Sánchez (Medalla Castelao 2012) e de Georgina Torres, enfermeira, estudou Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura e se doutorou na mesma universidade con Premio Extraordinario en Medicina e Cirurxía. A súa tese de doutoramento versou sobre a análise da dentición dos homínidos fósiles, codirixida por José María Bermúdez de Castro, codirector dos sitios arqueolóxicos da serra de Atapuerca, e Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela.[1]

Especializouse en Antropoloxía Forense pola Universidade Autónoma de Madrid e en Evolución Humana pola Universidade de Bristol. En 1998 entrou a formar parte do equipo de investigación de Atapuerca e entre 2007 e 2015 foi responsable da investigación sobre Antropoloxía Dental en Homínidos no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH).[4][5] Dende 2015 é profesora no Departamento de Antropoloxía da University College London.[6] O 11 de decembro de 2017 tomou posesión como directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH).

Liñas de investigación editar

As súas investigacións céntranse no estudo da paleobioloxía dos homínidos, evolución do aparato dental con implicacións taxonómicas e filoxenéticas, escenarios evolutivos e paleopatoloxía. O seu traballo centrouse en Atapuerca e Dmanisi (Xeorxia), ademais de colaborar en varios proxectos internacionais de investigación con Francia, a China, Suráfrica ou o Reino Unido.[1] En Dmanisi atoparon os restos humanos máis antigos fóra de África, de 1,8 millóns de anos, o que podería probar que a orixe dos primeiros europeos é asiática no canto de africana.[4]

Publicacións editar

Publicou máis de dez libros ou capítulos de libros no ámbito da evolución humana e máis de 60 artigos en revistas científicas internacionais. O seu traballo foi incluído no top 1% dos autores máis citados no seu campo segundo a axencia Thomson Reuters.[1]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 talent-girl.com. "María Martinón Torres". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  2. Ansede, Manuel (3 de abril de 2016). "Los siete hermanos que se criaron con 20.000 libros". El País. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  3. ramycga.org (ed.). "Membros da Real Academia - Martinón Torres, María". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Mauleón, Amaia (8 de abril de 2012). "La doctora gallega de Atapuerca". Faro de Vigo. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  5. "La marcha de María Martinón hace mella en el declive del Cenieh". Diario de Burgos. 29 de abril de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  6. "María Martinón Torres". Consultado o 10 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar