Pilar Wirtz Molezún

relixiosa e profesora galega


María Pilar Wirtz Molezún, nada na Coruña en 1938, é unha relixiosa católica galega, feminista e docente pertencente á Compañía de María Nosa Señora.

Infotaula de personaPilar Wirtz Molezún
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , escritora Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1303095

Traxectoria editar

Nada na Coruña en 1938, foi filla dun enxeñeiro de ascendencia alemá. Fixo os estudos de Maxisterio en Donostia e a licenciatura de Ciencias Exactas na Universidade Complutense de Madrid. Ingresou na Compañía de María tras facer o noviciado en Euskadi, regresou a Galicia en 1966, destinada como profesora do colexio da orde en Santiago de Compostela, "A Ensinanza".

 
Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela, no que traballou Pilar Wirtz

En novembro de 1967 foi nomeada directora do Colexio Maior "El Pilar", ligado á súa orde relixiosa.[1] Naquela altura, o centro xa acollera varias actividades culturais aperturistas e críticas co franquismo, que continuaron con Pilar Wirtz.[2] Un deses eventos, un coloquio con Xesús Alonso Montero, lle permitiu entrar en contacto co galeguismo.[3] Paralelamente, neses anos de renovación interna da Igrexa ao abeiro do Concilio Vaticano II, coñeceu a Andrés Torres Queiruga, cuxas reflexións teolóxicas foron de grande influencia en Pilar Wirtz. Baixo a súa dirección, "El Pilar" acolleu un concerto de Voces Ceibes, que ocasionou a queixa do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel García Garrido. As presións deste, ameazando con pechar o colexio maior, provocaron que, en 1969, malia a defensa das superiores da Compañía de María, tivese que ser cesada.[4]

O seu compromiso coa renovación teolóxica proseguiu: fomentou que a súa comunidade de relixiosas desenvolvese os seus traballos en contornas socioculturais diversas. Forte defensora dunha Igrexa comprometida coa realidade galega e a súa cultura, formou parte do equipo fundador de Encrucillada, sendo, dende entón, membro do consello de redacción.[5] Asumiu responsabilidades dentro da Compañía de María en Galicia, primeiro dentro do equipo provincial entre 1977 e 1984, e logo, como Provincial, é dicir, cordinadora da orde en Galicia entre 1985 e 1994; tamén foi presidenta de CONFER de Galicia (agrupación de relixiosos e relixiosas católicas galegas). Dende a década de 1990, Wirtz, destacouse na reivindicación do papel da muller dentro da Igrexa e participou no artellamento de dúas asociacións referentes: a Rede Miriam de Espritualidade Ignaciana Feminina (1990) e a Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria (1996).[6][7]

Obras editar

Autora de decenas de artigos sobre teoloxía[8], velaquí se presentan algunhas dalgunhas das súas obras colectivas:

  • As mulleres falamos de teoloxía: espazo de teoloxía feminista, 2012, Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria, Santiago de Compostela.
  • Engracia Vidal Estévez, profecía de fe e galeguidade, 2010, Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria, Santiago de Compostela.
  • Regalos del espíritu para un mundo con prisas, 2009, Desclée de Brouwer, Bilbao.
  • Donas da nosa memoria, 2007, Concello de Santiago de Compostela.

Notas editar

  1. "BOE.es - BOE-A-1967-19487 Orden de 13 de noviembre de 1967 por la que se acepta el cese de la reverenda Madre Isabel Azcárate Ristori como Directora del Colegio Mayor «El Pilar», dependiente de la Universidad de Santiago, y se nombra para tal cargo a la reverenda Madre María del Pilar Wirtz Molezun.". boe.es. Consultado o 2021-03-26. 
  2. Méndez Doménech, Xosé María (2010). "Os cristiáns no movemento universitario galego baixo o franquismo". 1968 en Compostela: 16 testemuños. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-291-0. 
  3. "Centro de Documentación da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2021-03-26. 
  4. Wirtz Molezún, Pilar (Xaneiro-febreiro 2021). "A presenza de Deus na miña vida". Encrucillada: revista galega de pensamento cristián 45 (221): 45. ISSN 1131-6519. 
  5. "Que é Encrucillada - Encrucillada". www.encrucillada.gal. Consultado o 2021-03-26. 
  6. Galegos, Asociación Irimia de Crentes (2018-11-24). "O noso taboleiro". Irimia. Consultado o 2021-03-26. 
  7. Vizoso, Sonia (2022-04-04). "Así son las católicas que se rebelan contra el señor cura: “La educación en los seminarios es misógina”". El País (en castelán). Consultado o 2023-03-05. 
  8. "María Pilar Wirtz Molezún". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-03-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar