Abrir o menú principal

Elsa Fernández

escritora galega
(Redirixido desde "Elsa Fernández González")

Elsa Fernández González, nada en Buenos Aires en 1933 e finada na mesma cidade o 29 de abril de 1964, foi unha escritora galega.

Elsa Fernández
Nacemento1933
 Buenos Aires
Falecemento29 de abril de 1964
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Filla de emigrantes ourensáns de Entrimo. Dende pequena mostrou vocación musical, estudando piano. Traballou como administrativa no Centro Gallego, onde tratou a Luís Seoane e Eduardo Blanco Amor, co que estableceu unha grande amizade. Colaborou con AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi presidenta da Asociación Argentina de Hijos de Gallegos e colaborou con Follas Novas-Feira do livro galego.

ObrasEditar

  • Escolma, 1961 (finalista no concurso organizado polo grupo Brais Pinto en 1961.[1]
  • Lonxanía, 1965 (libro póstumo).

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 20-7-1961, p. 9

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar