Paula Gallego
Paula Gallego Gómez, nada en Ferrol o 5 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo galega. Interpretou a María Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó, de Televisión Española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 2004 (20 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Páxina web | paulagallego.es |
Traxectoria
editarDende moi curta idade realizou diversos cursos de interpretación. Foi modelo de fotografía e fixo os seus primeiros pasos no mundo da moda, realizando campañas de publicidade e pasarela.
Protagonizou varias curtametraxes entre elas Último aliento (Finalista no Festival de Cine de Cartaxena de 2013), Paquete Express ou Secretos en el Cole. Participou en varios videoclips para concursos de Disney, demostrando os seus dotes para o canto. No teatro participou en Pulgarcita o musical, que se estreou no 44° Festival Internacional de Teatro, Música e Danza de San Javier. Tamén é bailarina e patinadora sobre xeo.
Formou parte da nova familia Alcántara como María Alcántara, dentro da serie Cuéntame cómo pasó de Televisión Española.
Televisión
editar- Cuéntame cómo pasó de La 1. (2014-presente)
- Campaña de educación vial con Los Lunnis para Clan.
- Telepasión 2015 de La 1.
- Cocina con clan
Curtametraxes
editar- Último Aliento
- Paquete Express
- Secretos en el cole