Carmen Gurriarán

cantante lírica galega


Carmen Gurriarán, nada no Barco de Valdeorras[1], é unha soprano galega.

Infotaula de personaCarmen Gurriarán
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
O Barco de Valdeorras Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou os estudos musicais de piano e violonchelo no conservatorio de Ourense. No Conservatorio de Santiago de Compostela obtivo o Título Superior de Piano coas máximas cualificacións baixo a dirección do pianista Martín Millán, quen exerceu unha forte influencia na súa formación musical. Iniciou os estudos de canto con María Teresa del Castillo, e seguiunos en Madrid con Elvira Padín e Mariana You Chi Yu. Finalizou o grao superior de canto no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Fixo estudos de posgrao en Suíza coa pianista Rada Petkova e recibiu leccións de canto e dicción con Dennis Hall e Esther de Bros.

Foi bolseira da Xunta de Galicia e da Fundación Martha Moser. En 1999 recibiu unha bolsa da Asociación Lírica Teresa Berganza de Santiago de Compostela dentro do Ciclo de Novos Intérpretes. Asistiu a cursos de canto impartidos por The Scholars, Jordi Albareda, Claude Allard, Enedina Lloris, H. Deutsch e Sena Jurinac. Tamén fixo estudos de interpretación teatral na escola Cristina Rota en Madrid.

Foi membro do Obradoiro Instrumental do Centro Galego de Arte Contemporánea. Forma parte do grupo de música de cámara Ensemble Nordesía. Colaborou coa Orquestra de Cámara Andrés Segovia e coa Real Filharmonía de Galicia, coa que interpretou o papel da primeira dama na ópera Die Zauberflöte de Mozart e Trujamán en El Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla.

Recoñecementos editar

  • Primeiro premio de Piano no concurso Xuventude.

Notas editar

  1. Carmen Gurriarán, ficha na web de La Cenicienta de Pauline Viardot (en castelán).