Candelaria Pérez (militar)

militar chilena

Candelaria Pérez, nada en La Chimba (Santiago de Chile) en 1810 e finada na mesma cidade o 28 de marzo de 1870, foi unha militar chilena que participou na guerra contra a Confederación Perú Boliviana.

Infotaula de personaCandelaria Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1810 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1870 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSargento Candelaria Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvivandière (en) Traducir , empresaria , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeChile Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército de Chile Editar o valor em Wikidata
Rango militaralferes (pt) Traducir (1840–)
Sarxento (1839–1840) Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Confederação (pt) Traducir e Battle of Yungay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Traxectoria editar

Filla dun artesán, estivo sendo educada curto tempo, pasando a ser empregada doméstica dunha familia procedente dos Países Baixos. Trasladouse ó Perú con dita familia, e despois, no Callao, abriu a que chamou 'Fonda da chilena'», especializada en pescado frito.

Participación na guerra editar

Á chegada do Exército Unido Restaurador, ás ordes do xeneral Manuel Bulnes Prieto, despois do combate de Portada de Guías (21 de agosto de 1838), enrolouse no Exército de Chile. Amais de ser cantineira, participou na batalla de Yungay, que tivo lugar no cerro Pan de Azúcar o 20 de xaneiro de 1839, tras a cal obtivo o grao militar de sarxento polo valor amosado[1].​ En 1840, retornada a Chile, foi recibida con honras polo exército chileno e recibiu o grao de alférez e unha pensión vitalicia de 17 pesos mensuais, que non chegaban para os seus gastos básicos.

Morte editar

Morreu en Santiago de Chile o 28 de marzo de 1870. Ó seu funeral asistiron só cinco persoas. Descoñécese o paradeiro das súas pertenzas militares, perdidas nos fondos do Museo Nacional de Chile.

Notas editar

  1. "La importancia de la mujer en la guerra de 1879 a 1884". Universidad Católica Silva Henríquez. Consultado o 10/04/2018.