Aurora Gil

pintora e deseñadora mexicana de orixe galega

Aurora Gil, nada na Coruña en 1919[1] e finada na mesma cidade o 19 de setembro de 2008,[2] foi unha pintora, autora e modelo de calendarios e pósters publicitarios durante o século XX.

Aurora Gil
Nacemento1919
 A Coruña
Falecemento19 de setembro de 2008
 México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónilustradora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Trasladouse a México a principios de 1920. Estudou debuxo na Escola Superior de Belas Artes de Sany Jordi en Barcelona, con Salvador Dalí e Pablo Picasso. Entre 1954 e 1957[3] traballou para a compañía Imprenta Galas de México, unha editorial dedicada a deseñar e fabricar calendarios, sendo unha das catro únicas mulleres que lograron traballar para esta firma. Foi rexeitada no seu primeiro intento de colaborar na imprenta, con todo, cando Santiago Galas viu o seu traballo contratouna inmediatamente.

Ser pintora de calendarios implicaba reducir a paleta de cores empregadas para lograr impresións de calidade en papel. Entre as obras que os clientes lle solicitaban destacan escenas prehispánicas, nenos xogando e mulleres pousando, sorrindo ou saudando de forma suxestiva.

Na editorial traballou en deseños de calendarios, pósters e cromos xunto a autores de renome como José Bribiesca para quen mesmo pousou nalgunhas fotografías, Eduardo Cataño e Jesús Helguera. Despois de 3 anos de colaborar con Galas dedicouse a ensinar pintura e pintar retratos en Cidade de México,[2][4]

En 1996 a editorial Galas de México pasou a ser parte do Grupo Carso, propiedade do empresario Carlos Slim, que cedeu varias das súas obras para ser expostas no Museo Soumaya.

ObrasEditar

A maioría das pinturas de Aurora carecían de título, pero entre as súas obras tituladas atópase Parella, óleo sobre lenzo de mediados do século XX.

NotasEditar

  1. Museo Soumaya (2015). Catálogo da exposición Calendarios Mexicanos. México.: Fundación Carlos Slim. p. 60. ISBN 978-607-7805-08-3. 
  2. 2,0 2,1 Palhares, Héctor (2008). "Aurora Gil (1919 - 2008). Una mujer que pintó calendarios" (pdf). Museo Soumaya, revista mensual (Cidade de México: Fundación Carlos Slim) 6 (10): 21–23. Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  3. Museo Soumaya (2001). Catálogo da exposición La Leyenda de los Cromos.El arte de los calendarios del siglo xx en Galas de México. México: Fundación Carlos Slim. p. 198. ISBN 968-7794-11-9. 
  4. "Cartel publicitario de Aurora Gil para a bebida "Jarritos"". Consultado o 20 de novembro de 2012.