Fátima Rodríguez

escritora e tradutora galega

Fátima Rodríguez López, nada en Pontedeume o 15 de maio de 1961[1], é unha escritora galega, e tradutora en galego e español, e profesora na Universidade da Bretaña Occidental en Brest.

Fátima Rodríguez
Nacemento15 de maio de 1961
Lugar de nacementoPontedeume
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónescritora, tradutora e profesora
Linguagalega, castelá, francesa
Xénerospoesía
EstudosLinguas románicas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fátima Rodríguez estudou linguas románicas na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o seu doutoramento en literatura comparada en Francia e, a continuación, viviu e traballou en Tolosa entre 1983 e 2008. En 1990 leu a súa tese, dirixida por Milagros Ezquerro, na Universidade de Tolosa II.[2] Entre 1991 e 1993, continuou os seus estudos cun mestrado en tradutoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona. Viaxou por Romanía e Italia, para completa-los seus estudos en linguas románicas e afondou o seu coñecemento na literatura contemporánea deses países.

Mentres viviu en Tolosa, colaborou coa Casa de Galicia na rexión para impulsar a difusión da cultura galega. Como investigadora, traballou sobre escritoras do Caribe. Publicou regularmente artigos sobre as linguas e culturas en contacto recíproco dentro da área castelanfalante. Desde 2008 vive en Brest e ensina na Universidade do Oeste da Bretaña.

No seu traballo académico adoita empregar o francés, español e galego. Pertence á Rede Francesa de Estudos Galegos e á Asociación Caribeña de Estudos do Caribe.

Temática literaria editar

A orixe da escritora, a cultura galega e a lingua constitúen o tema central da poesía de Fátima Rodríguez. Ás veces, amosa un aspecto político como, por exemplo, no poema "Nos outros" publicado no libro EXIL - témoignages sur la Guerre d'Espagne, les champs et la résistance au franquisme.-[3] Igualmente, esa temática expresou unha dor que segundo a ensaísta cubana Minerva Salado, transfórmase en beleza[4] e que esa transformación non é doada especialmente cando "a beleza xorde da dor como un factor de identidade dun pobo".[4]

Na súa obra aparecen temas recorrentes como a viaxe e a emigración ("A viaxeira non ha parar nunca"; referindo a emigración da muller galega).[4] Tamén o corpo e a lingua, pois segundo María Rosa Lojo "un corpo feminino busca o cordón roto co corpo nai" que é "a lingua/terra".[5]

Obra poética editar

Notas editar

  1. "FátimaRODRIGUEZ [Curriculum Vitae]" (PDF). Sitio web da Universidade de Brest (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2019. 
  2. "page de Fatima RODRIGUEZ". UTM - Institut de Recherche et d'Études Culturelles (en francés). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  3. Marín (2005), p.5
  4. 4,0 4,1 4,2 Salado (2007), p.33
  5. Lojo (2010), p.5: «(...) corps de femme recherche le cordon détaché du corps (la langue-terre) mère.»

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Araguas, Vicente (2010): "Non pechar os ollos ao evidente", artigo en Diario de Ferrol, 13 de xuño de 2010, p. 30.
  • Dobarro, X. M. (2010): "Profesora e poeta", artigo en Diario de Ferrol, 23 de maio de 2010, p. 20.
  • Lojo, M. R. (2010): "Musique dans le vide". Limiar de Oblivionalia. Brest. (en francés)
  • Marin, Progreso (2005). EXIL - témoignages sur la Guerre d'Espagne, les camps et la résistance au franquisme. Portet-sur-Garonne: Éditions Loubatières. ISBN 978-2-86266-623-5. 
  • Salado, M. (2007). "La lengua migrante de Fátima Rodríguez", en Archipiélago. Revista cultural de nuestra América, n° 56, Cidade de México, pp. 33-35.

Ligazóns externas editar