Paz Parada Pumar
María Paz Parada Pumar, nada en Canedo (Ourense) o 23 de febreiro de 1905 e finada en Ourense o 17 de xullo de 2005[1], foi unha médica galega, especialista en análise clínica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1905 Canedo, España |
Morte | 17 de xullo de 2005 (100 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médica |
Familia | |
Cónxuxe | Julio Freijanes Malingre |
Fillos | 8 |
Traxectoria
editarEra filla dun veterinario e sobriña do pintor Ramón Parada Justel. Fixo o bacharelato no Instituto provincial de Ourense. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, alí fixo os dous primeiros anos da carreira sacando matrícula de honra co anatomista Alejandro Rodríguez Cadarso. Na carreira era a única muller entre sesenta estudantes. Rematou a carreira en Madrid. Foi vivir a Ourense, sendo a primeira muller inscrita do Colexio Provincial de Médicos. Dirixiu un laboratorio privado de Análises Clínicas ata a súa xubilación. Foi nai de oito fillos.[2]
A Consellaría de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Prata ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2000.[3][4] Morreu en Ourense o 17 de xullo de 2005, xa centenaria.
Notas
editar- ↑ La Región, 18 de xullo de 2005.
- ↑ Gurriarán. "Paz Parada Pumar. Unha carreira na medicina paralela a un apaixonante percurso vital". Álbum da JAE. CCG.
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 420-421. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 322. ISBN 978-84-8341-146-9.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cid Galante, R. M.ª (2003). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930) (I)". Minius (UVigo) (XI): 139–155. ISSN 1131-5989.
- ————————— (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II)". Minius (UVigo) (XII): 73–102. ISSN 1131-5989.
- Fernández-Xesta, E. (2007). "La medalla al mérito sanitario de Galicia: historia de una fallida distinción". Anales (en castelán) (RAMHG) (X): 112. ISSN 1133-1240. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 09 de marzo de 2019.
- Gurriarán, R. (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). USC. ISBN 978-84-9750-644-1.
- Pintos Barral, Xoana. (2016). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. [Tese de doutoramento]
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros., Galaxia, Vigo.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cid Galante, Rosa María (2/3/2009). "Paz Parada Pumar". Historia das nosas mulleres ourensás.