Paloma Acuña Fernández
arqueóloga galega
Paloma Acuña Fernández, nada en 1949 en Vigo, é unha arqueóloga galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | arqueóloga |
Traxectoria
editarDoutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1973. Desenvolveu traballos de investigación arqueolóxica. Foi directora do Museo Arqueolóxico de Valladolid e do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Desde 1983 foi directora dos Museos Estatais.