Wifi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
A wifi[1] é a tecnoloxía de conexión sen cabos entre dispositivos por medio de ondas de radio de baixa frecuencia,[2] en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.
Wifi | |
---|---|
Tipo | marca de certificación, estándar técnico e protocolo de comunicacións |
Data de fundación | 21 de setembro de 1997 |
Nomeado en referencia a | Sen fíos e fidelidade |
Organización relacionada | WLAN |
[ editar datos en Wikidata ] |
É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.[Cómpre referencia]
Uso moderno
editarNo uso moderno, wireless refírese a comunicación sen cabos ou fíos e usa principalmente frecuencia de radio e ondas infravermellas. Por exemplo, Internet sen fíos ou Wlan.
O funcionamento do wifi é simple. Para ter acceso á Internet a través dunha rede wifi (tamén coñecida como Wlan) débese estar no radio de acción dun punto de acceso (normalmente coñecido por hotspot) ou lugar público onde opere unha rede sen fíos e usar un dispositivo móbil, como un computador portátil, unha tableta PC ou un asistente persoal dixital con capacidades de comunicación Wireless.
Un Hotspot wifi créase para establecer un punto de acceso para unha conexión de Internet. O punto de acceso transmite un sinal sen fíos nunha pequena área – preto de 100 metros. Cando un aparello permite wifi , como un Pocket PC, e atopa un hotspot, este pode conectar na rede sen fíos. Moitos hotspots están localizados en lugares que son accesibles ao público, como aeroportos, cafés, hoteis e librarías. Moitas casas e oficinas tamén teñen redes wifi. Mentres que algúns hotspots son gratuítos, a maioría das redes públicas son soportadas por unha Internet Service Provider (ISPs), que cobra unha taxa aos usuarios pola conexión a Internet.
As altas-frecuencias de transmisión precisan xeralmente de aprobación dos gobernos. Con iso, medrou a industria comercial da radio e millares doutros tipos de radiodifusión. As ondas (frecuencias) de radio están sendo agora crecentemente usadas regularmente por usuarios de computador, coñecidas por streaming.
Algúns desenvolvedores de software e hardware están creando computadores menores que forman unha Internet sen fíos ad-hoc, con protocolos como wifi. A IEEE 802.11 estandarizou o uso wireless de conexións locais.
Os Routers optimizados para Internet sen fíos requiren o cálculo en tempo real da mellor dirección do tráfico das ondas.
Os fornos de microondas usan unha radiación electromagnética de frecuencia 2.45 GHz de alcance. Os teléfonos móbiles, Internet sen fíos, e outras ferramentas semellantes están a 2.4 GHz de alcance. Isto é porque a proximidade das ondas poden romper a comunicación sen fíos, ou wireless.
Riscos para a saúde
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
En 2007 o goberno alemán lanzou aos seus cidadáns unha advertencia[3] dos problemas de saúde que poderían vir asociados ao uso desta tecnoloxía, entre outras sen fíos. O ministro de medio ambiente dese país desaconsellaba o seu uso e suxería que os cidadáns usasen conexións cableadas convencionais no seu lugar.
Notas
editar- ↑ "wifi". TERGAL. Consultado o 12/12/2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wifi.
- ↑ Germany warns citizens to avoid using Wi-Fi (en inglés)