Cristina García López

xornalista galega

Cristina García López, nada en Ourense en 1977, é unha xornalista galega da CRTVG.[1][2]

Infotaula de personaCristina García López
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Coñecido porGalicia por Diante (Radio Galega)
Actividade
Ocupaciónxornalista radiofónica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRadio Galega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar na TVG no ano 2000, no programa de Ana Kiro. No ano 2004 a Asociación de Xornalistas AGARA outorgoulle o Premio Radiofónico polo Mellor Traballo Emitido. Presentou o espazo A tarde na Radio Galega durante oito tempadas. Actualmente é coordinadora de diferentes espazos da Radio Galega e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do Galicia por Diante.

É creadora do podcast "Superando a ficción" coa que foi galardoada co II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no Tratamento e Comunicación da Violencia de Xénero, que concede o Concello de Redondela e Joshua Alonso Mateo.

Notas editar