María Victoria Díaz Riva

mestra e inspectora de educación galega

María Victoria Díaz Riva, nada en Lugo en 1904 e finada en Málaga en 1972,[1] foi unha das primeiras inspectoras de ensino primario de España.

Infotaula de personaMaría Victoria Díaz Riva
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1972 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , inspectora de educación Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsElisa Díaz Riva Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi filla de Nicolás Díaz López, profesor de Latín e director do Instituto de Santiago (nado en maio de 1871 en Lugo[2]), e de Sabina Riva Moscoso (nada en 1880 en Ferrol[3]). Tivo tres irmáns que estudaron na universidade compostelá: Manuel e Nicolás Antonio, que fixeron Medicina, e Elisa, que estudou Química.

María Victoria rematou os estudos de Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Posteriormente, iniciou estudos universitarios de Filosofía e Letras[4] na Universidade Central de Madrid graduándose en 1929.[1]

Aprobou a oposición de mestra en 1925 e en 1929 ingresou no corpo de Inspectores de educación primaria, sendo mestra e inspectora de Primeira ensinanza en Oviedo. Dende 1931 foi tamén profesora vinculada ao Instituto-Escuela de Madrid. Ademais, sería unha das pensionistas da JAE, o que lle permitiu ampliar estudos en Bordeos, París e Xenebra. Finalizada a Guerra civil foi depurada e separada do servizo de maxisterio e de inspección en 1940 durante un período de dous anos. En 1942 puido reintegrarse á Inspección educativa e foi destinada á provincia de Málaga, onde permaneceu ata a fin da súa carreira profesiona.[5] [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Persona - Díaz Riva, María Victoria (1904-1992)". PARES. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 2021-03-04. 
  2. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Lugo. Año de 1904" (Arquivo Municipal de Lugo, cartapacio 115, fol. 5v).
  3. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Ferrol para el año de 1882" (Arquivo Histórico Municipal de Ferrol, "Barrio 2º, Calle de San Carlos").
  4. "Sección oficial. 16 junio.- R.O. número 837.- Reclamaciones a la lista única de opositoras". El Magisterio Español (en castelán) (Madrid). 2-7-1927. p. 24. 
  5. Cazorla-Granados, Francisco José (2003). "La pervivencia de La Escuela Nueva en la escuela franquista. La inspectora-jefe María Victoria Díaz Riva (1904-1992)" (en castelán). Universidad de Málaga. 
  6. Cazorla-Granados, Francisco José; Baena, Rosa María García (2019). "María Victoria Díaz Riva, una pionera entre hombres. La inspectora-jefe de Educación de Málaga y Melilla". Educa Nova: colección de artículos técnicos de educación (9): 121–136. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar