Conversa Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Lista de asociacións posiblemente interesadas
editarAquí deixo unha lista de asociacións que poderían estar interesadas no evento e coas que habería que contactar para que coñezan que imos realizar esta actividade, pedirlles que participen nela e que lle dean difusión. O listado inicial está baseado no Rexistro de Asociacións da Xunta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 14:39 (UTC)
- Faltan por engadir algunhas asociacións que se atopan nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 10:27 (UTC)
- Xa están enviados os correos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 00:48 (UTC)
Nome | Contacto | Enviada comunicación | Funciona o enderezo? |
---|---|---|---|
ASOCIACIÓN DE MUJERES PROGRESISTAS DE ORENSE | Non atopado | ||
ASOCIACIÓN GALEGA DA MULLER CEO VIOLETA | Non atopado | ||
ASOCIACIÓN DE MULLERES INDEPENDENTES DE OURENSE | Non atopado | ||
ASOCIACIÓN DE MULLERES XITANAS CHAVORRI | Non atopado | ||
ASOCIACIÓN PRÓXIMA | Non atopado | ||
ASOCIACIÓN DE MULLERES MALTRATADAS ESPERANZA E FORTALEZA | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE OURENSE | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE RIBADAVIA | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE BEADE | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE CARBALLEDA DE AVIA | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE CENLLE | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE BOBORÁS | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DO CARBALLIÑO | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE O CRUCEIRO DE ABELENDA | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE PORQUEIRA | Non atopado | ||
ALARICANA DE MULLERES EN IGUALDADE | Non atopado | ||
MULLERES EN IGUALDADE DE SANTA RITA DE A ARNOIA | Non atopado | ||
SORORIEDADE | Non atopado | ||
MULLERES RIBEIRÁS | Non atopado | ||
Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica | Non atopado | ||
Asociación Pedagóxica Xornadas do Ensino | Non atopado | ||
Foro Feminista Falando Nós | forofeministafalandonos@gmail.com | si | |
Colectivo Feminista de Pontevedra | colectivofeministapontevedra@gmail.com | si | |
Asociación Ve-la luz | velaluz.galicia@gmail.com | si | |
Plataforma Feminista Galega | plataformafeministagalega@gmail.com | si | |
Unidade de muller e ciencia de Galicia | Contacto | si | |
Secretaría Xeral de Igualdade. Xunta. | igualdade@xunta.es | si | |
Revista galega de pensamento feminista Andaina | andaina@andainamulleres.org | si | |
COORDENADORA FEMINISTA DONICELA | Texto da cela | ||
COLECTIVO DE MULLERES ENSINANTES DO ROSA AO VIOLETA | Texto da cela | ||
ASOCIACIÓN DE MULLERES DORNA | asociaciondorna@hotmail.com | si | |
Feminario de Investigación | feminario@uvigo.es | si | |
MULLERES PROGRESISTAS DE VIGO | info@mulleresprogresistas.org | si | |
CÁTEDRA DE ESTUDOS FEMINISTAS DE VIGO | pmayobre@uvigo.es | si | |
ASOCIACIÓN DE PROMOCIÓN DA MULLER "LIBERANZA" | liberanza@yahoo.es | si | |
Muller traballadora-UGT Galicia | mujer@cec.ugt.org | si | |
Centro de documentación e recursos feministas de Vigo | centro.documentacion.feminista@vigo.org | si | |
Implicadas no desenvolvemento | info@implicadas.com | si | |
Rede Galega pola Igualdade | Contacto | si | |
Espazo Cultural Alternativo | Contacto | si | |
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza | Contacto | si | |
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia | stegmuller@stegsindicato.org | si | |
Secretaría das Mulleres da CIG | muller@galizacig.gal | si | |
Secretaría das Mulleres do SLG | prensa@sindicatolabrego.com | si | |
Secretaría da Muller da CNT | compostela@cntgaliza.org e allariz@cntgaliza.org | si | |
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza- Coordenadora Ourense | mmmourense@gmail.com | si | |
Asociación Nós Mesmas | nosmesmas@felgtb.org | si | |
Colexio Educadoras/es Sociais de Galicia | ceesg@ceesg.org | si | |
Asociación De Mulleres En Igualdade De Vigo | |||
Casa das Mulleres (Vigo) | casadasmulleres@vigo.org | si | |
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza | marchagaliza@feminismo.info | si | |
Concello de Coles | info@concellodecoles.com | si | |
Concello de Amoeiro | Contacto | si | |
Concello de Punxín | Non atopado | ||
Concello de Cenlle | Contacto | si | |
Concello de Toén | Contacto | si | |
Concello de Barbadás | concello@barbadas.es | si | |
Concello de San Cibrao das Viñas | info@sancibrao.es | si | |
Concello do Pereiro de Aguiar | info@concellopereiro.com | si | |
Concello de Allariz | concello@allariz.com | si | |
Concello do Carballiño | cim@carballino.gal | si | |
Concello de Verín | secretaria@verin.net | si | |
Concello do Barco de Valdeorras | Contacto | si | |
Concello de Barbadás | concello@barbadas.es | si | |
Concello de Xinzo de Limia | concello@xinzodelimia-ayto.com | si | |
Concello de Celanova | info@concellodecelanova.com | si | |
Concello de Ribadavia | concello@ribadavia.es | si | |
Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense | femuro.ourense@gmail.com | si | |
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega | xenero@consellodacultura.org | si | |
Directorio de mulleres expertas galegas | Contacto | si | |
Non me pises o freghao | nomepisesofreghao(at)gmail(pt)com | si | |
A Galleira. Asociación cultural | Contacto | si | |
Acción Universitaria | Contacto | si | |
Comisión galega para a folga feminista do 8 de marzo | movfeministacorunha@gmail.com | si | |
A memoria das mulleres (Pontevedra) | A memoria das mulleres | si | |
Contacto da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (dirección) | igualdade@uvigo.es | si | |
Asociación Enriqueta Otero | rúa Monte Faro 2, Lugo | ||
La molinera (Centro de Innovación Social Dixital) Ourense | Contacto | si | |
Asociación socio-pedagóxica galega | informacion@as-pg.com | si | |
Observatorio da Mariña pola igualdade | observatorioigualdade@gmail.com | si | |
Facultade de Ciencias da Educación | secexbo@uvigo.es e sdexbo@uvigo.es | si | |
Escola Superior de Enxeñaría Informática | sdeuig@uvigo.es | si | |
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo | Contacto | si | |
Facultade de Ciencias | fcou@uvigo.es e sdefco@uvigo.es | si | |
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo | secretario.eto@uvigo.es | si | |
Facultade de Dereito | sdefdo@uvigo.es | si | |
Facultade de Historia | defho@uvigo.es e sdefho@uvigo.es | si | |
EU de Enfermaría | secenfou@uvigo.es | si | |
Asemblea Galegas 8M | 8m2018gal@gmail.com | si | |
Periféricas Escuela de Feminismos Alternativos | hola@perifericas.es | si | |
Secretaría da Muller da CUT | cut.vigo@gmail.com | si | |
AS DA INDUSTRIA Asociación Sociocultural | info@asdaindustria.gal | si | |
Teenses pola igualdade (Pontevedra) | Contacto | si | |
SOGASEX, Sociedade Galega de Sexualidade | sogasex@gmail.com | si | |
Unión de muchachas. Activistas culturais | uniondemuchachas@gmail.com | si | |
Blog mulleres ourensás | mulleresourensas@gmail.com | si | |
Rede PLAMBE -Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia | bibliotecasescolares@edu.xunta.es/ | ||
Libraría de mulleres Lila de Lilith |
Borrador de carta ás asociacións
editarNota: Deberíase achegar o póster ó correo que se envíe, iso facilitará a difusión dos datos básicos do evento.
Bos días.
Poñémonos en contacto con vostedes para informarlles de que, co gallo do Día Internacional da Muller, e dentro dos actos de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia (a Wikipedia en galego, http://www.galipedia.gal), estamos a organizar o Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que terá lugar o vindeiro día 10 de marzo en Ourense.
A idea principal consiste en editar artigos na Galipedia relacionados con mulleres destacadas, xa sexa creando artigos novos ou mellorando os existentes. Para participar non fai falta ser un editor habitual, o evento comezará cun obradoiro de iniciación á edición de artigos para tódolos participantes. Poden consultar todos os detalles do evento en https://gl.wikipedia.org/wiki/WP:1WDIM e poden solicitar toda a información que precisen a ZZZZZZZ no enderezo electrónico XXXXX ou no teléfono YYYY. Os únicos requisitos previos para participar nesta actividade son ter unha conta de usuario e apuntarse nesa páxina.
Se estivesen interesadas en participar dalgún xeito, ben presencial ou ben na rede, rogariamos que se puxesen en contacto con nós a fin de optimizar a planificación e organización do evento. (Isto non me parece necesario, a organización faise na páxina web e na frase de arriba xa lle dicimos que para calquera dúbida teñen o noso enderezo de contacto.)
Queremos animalas a que participen con nós nesta actividade e tamén agradeceríamos que difundisen esta nova entre as súas asociadas, asociados e persoas que puidesen estar interesadas. Achegámoslle adxunto o cartel que fixemos coa información da xornada.
Esperando que a presente actividade resulte do seu interese, grazas pola súa atención e un saúdo,
XXX
- Concordo --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 18:21 (UTC)
Nova proposta de póster
editarFixen un novo póster engadíndolle unhas imaxes das biografías a facer, non sei cal vos parecerá mellor, vós decidides. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 01:37 (UTC)
Paréceme ben a reforma. Quizáis con máis transparencia das imaxes para que queden no fondo.Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2018 ás 07:43 (UTC)
- Buff!, a ver se son quen, porque terei que refacelo todo porque non controlo o gimp, nin o da transparencia, e quedou toda a imaxe na mesma capa e non podo seleccionar cada elemento de forma independente... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 08:37 (UTC)
- Páréceme mellor o segundo. Ainda que quede así, só con tres imaxes, non queda nada mal. O importante é o que se faga ese día e hai traballo dabondo!! --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 18:24 (UTC)
- Actualicei co lugar de celebración e outros detalles no póster da segunda versión, non fun capaz de aumentar a transparencia, vai ter que quedar así. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 02:02 (UTC)
Comunicación
editarEn https://codigocero.com/A-Biblioteca-de-Ourense-celebra-o-dia-10-un-Wikimaraton-para-encher-de-mulleres dise que "só hai referencias de 52 mulleres galegas na Galipedia, e delas só 5 son de Ourense". É iso certo? Lles (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:51 (UTC)
- Lles, non sei de onde quitaron esa información, na nota de prensa que se enviou ós medios de comunicación non hai nada sobre iso. Non é doado saber o número de artigos de biografías de galegas xa que non hai ningunha categoría que as inclúa. Hai moitas listas de biografías, como Álbum da JAE, Álbum de Mulleres, Álbum da Ciencia, nas que se listan mulleres galegas, pero hai moitas que están repetidas... Como nota, o Álbum de Mulleres ten 140 entradas, das que creo que faltan só unhas 30, co cal ese número non me parece moi exacto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 11:17 (UTC)
- Ah, e as que sexan de Ourense é aínda máis complicado de saber. Ah, creo que acabo de dar co conto, na páxina Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller temos unha lista de galegas de 53 entradas, pero esa non é unha lista "real", é simplemente unha lista para traballar neses contidos, é un erro da nova e deberíamos poñernos en contacto con eles para que a amañaran. Estevoaei, poderías encargarte ti disto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 11:26 (UTC)
- @Lles: @Elisardojm: no artigo de Código Cero pon 'a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, lembrou que "hoxe en día, só hai referencias de 52 mulleres galegas na Galipedia, e delas só 5 son de Ourense”'. Se a concelleira se expresou mal non é problema noso. O xornalismo non funciona en traballo wiki, coido que non é a nosa tarefa andar rompendo a cabeza á xente para que modifiquen unha afirmación dunha terceira persoa porque esta se expresou mal. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de marzo de 2018 ás 11:53 (UTC)
- @Estevoaei:, quen o dixera creo que non é importante, o importante é a realidade. Pode enviarse un correo á dirección de contacto do xornal explicando que esa información non é correcta, explicando o problema, e solicitando que o amañen. Obviamente non poden corrixir as palabras da concelleira porque foron así, pero, por exemplo, poden eliminar toda a frase para non dar información errónea da Galipedia. Poden amañalo de moitas maneiras, eles terán que decidir como queren ter o artigo, pero se ninguén lles avisa do problema, está claro que non van facer nada porque non se van a decatar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 12:05 (UTC)
- @Lles: @Elisardojm: no artigo de Código Cero pon 'a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, lembrou que "hoxe en día, só hai referencias de 52 mulleres galegas na Galipedia, e delas só 5 son de Ourense”'. Se a concelleira se expresou mal non é problema noso. O xornalismo non funciona en traballo wiki, coido que non é a nosa tarefa andar rompendo a cabeza á xente para que modifiquen unha afirmación dunha terceira persoa porque esta se expresou mal. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de marzo de 2018 ás 11:53 (UTC)
@Lles: @Elisardojm: @Estevoaei: No seu día categoricei centos de artigos de mulleres de Galicia. Esa categorización foi desbotada (véxase Conversa categoría:Mulleres de Galicia). Porén, agora é realmente doado saber cantas biografías de galegas temos, porque agora temos Wikidata.
En Wikipedia:Lista de galegas segundo Wikidata hai 658 entradas (tanto en azul como en vermello).
En Wikipedia:Wikiproxecto galegas#Galegas con ficha en Wikidata e sen artigo na Wikipedia en galego hai 68 (en vermello).
658-68=590. Temos, por tanto cincocentas noventa biografías de galegas (en azul) na Wikipedia en galego.
A información, que apareceu en varios medios, é completamente errónea. --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2018 ás 12:18 (UTC)
- Grazas, HdH. Mail enviado a Código Cero. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de marzo de 2018 ás 12:23 (UTC)
- Moitas grazas pola información HombreDHojalata, agora con eses números vese claramente que o que se intuía como información errónea éo completamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 12:24 (UTC)
- Ah, e moitas grazas Estevoaei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 12:36 (UTC)
- As palabras da concellala foron certamente desafortunadas, xa que o dato é erróneo. Eu tampouco vou entrar na cabeciña de ninguén, pero creo que é absolutamente necesario prover dos datos correctos á fonte de difusión. O que fagan ou non despois xa entrara na súa forma de traballar e ética profesional. Por certo, eu vin o vídeo da rolda de prensa, do que gostei bastante e (supoño que estaba editado) non escoitei esas declaracións (non estaba ela?).Aparecían varios nomes de ourensás meramente como exemplo. Un saúdoMaria zaos (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 15:00 (UTC)
- Ah, e moitas grazas Estevoaei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 12:36 (UTC)
- Moitas grazas pola información HombreDHojalata, agora con eses números vese claramente que o que se intuía como información errónea éo completamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 12:24 (UTC)
Esquecín comentar que, en realidade, temos máis. Temos 590 como mínimo.
Como sabedes, hai moitas persoas con artigo de seu que aínda non teñen reflectido en Wikidata o lugar de nacemento, co que os filtros que fixen nas páxinas que citei (p. ex. [1]) inda non as poden detectar como galegas. --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2018 ás 15:06 (UTC)
- Tes razón HombreDHojalata, por iso eu penso que, as categorías de mulleres son necesarias, Wikidata da moita información pero non toda. Pero este é outro tema.
- Maria zaos, eu só mirara o vídeo a correr, agora vin o de TeleMiño e tes razón que non sae, o que si vin é que ela estaba na presentación. Supoño que cortaron por onde lles pareceu. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 16:35 (UTC)
- Xa temos unha nova listaxe: Wikipedia:Lista de galegas con artigo na Wikipedia en galego (para que non haxa que andar facendo a resta que expresei antes).
- Nela aparecen agora: 595 entradas. --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2018 ás 19:27 (UTC)
- Nestoutra lista aparecen as mulleres ourensás, con artigo ou sen el na Galipedia: Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia de Ourense segundo Wikidata.
- Agora mesmo constan nela 63 ourensás en Wikidata, menos 6 que están en vermello, dá que hai 57 mulleres ourensás con artigo de seu na Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2018 ás 19:45 (UTC)
- Lles, HombreDHojalata e Estevoaei, se non me equivoco, o artigo de Código Cero xa está amañado. Grazas a todos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 23:24 (UTC)
- Bo traballo, @Elisardojm:, mágoa que a nova aínda teña unha ligazón que segue a recoller as fatídicas afirmacións. En fin, que saibades que hai un blog da concelleria de igualdade, que a parte de ter problemas cos certificados, ou non se actualiza regularmente ou opción doble: ou non se leva ou se leva demasiado ben coa autora das declaracións, porque aí quedou. Non o digo por facer nada, só para que o saibades @Lles: @Elisardojm: @Estevoaei:@HombreDHojalata:—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversa • contribucións) 9 de marzo de 2018 ás 01:30
- Grazas Maria zaos pero disto ocupouse Estevoaei :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 01:57 (UTC)
- Bo traballo, @Elisardojm:, mágoa que a nova aínda teña unha ligazón que segue a recoller as fatídicas afirmacións. En fin, que saibades que hai un blog da concelleria de igualdade, que a parte de ter problemas cos certificados, ou non se actualiza regularmente ou opción doble: ou non se leva ou se leva demasiado ben coa autora das declaracións, porque aí quedou. Non o digo por facer nada, só para que o saibades @Lles: @Elisardojm: @Estevoaei:@HombreDHojalata:—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversa • contribucións) 9 de marzo de 2018 ás 01:30
Para o próximo
editarEu proporía votar cales son as 100 galegas (ou as 50) que nos interesaría prioritariamente ter un artigo de calidade e pólas como obxectivo. Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 10:20 (UTC)
- Concordo Pero igual como obxectivo xeral, como nas listas de wikiproxecto mulleres.--Maria zaos (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 21:41 (UTC)
- Eu antes de poñer obxectivos de 100 artigos de calidade probaría a facer un. --. HombreDHojalata.conversa 11 de marzo de 2018 ás 22:29 (UTC)
- Lles e Maria zaos, HombreDHojalata ten razón, crear un artigo de calidade leva moito traballo de procura de información, achega de referencias e revisión das mesmas, é unha tarefa que non se pode realizar no tempo que temos normalmente nun wikimaratón, xa que leva varios días ou semanas... Ese obxectivo sería máis viable nun wikiproxecto, o de mulleres ou o de Galegas. Pode crearse esa lista no proxecto e poñer como obxectivo a medio prazo conseguir eses 100 artigos de calidade. Podedes ver como se fixo no Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 11:32 (UTC)
- Maria zaos, HombreDHojalata, Elisardojm, non me expliquei ben. Non pensaba en pór como meta conseguir 100 artigos de calidade nun Wikimaratón, xa sei que conseguir un artigo de calidade é un esforzo ímprobo, sería un absurdo. A miña idea era mostrar o que temos e traballar no Wikimaratón en mellorar as 10-20 ou x biografías de galegas que máis nos interesase mellorar e mostrar. Foi produto de ver a visibilidade nos medios que acadou o Wikimaratón e ver que na páxina á que apuntaban non estaban nin o artigo de Rosalía de Castro, que é de calidade, nin o de Emilia Pardo Bazán, que aínda que non ten a calidade precisa si está máis traballado que algúns dos que figuraban na lista de traballo do Wikimaratón. Lles (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 13:52 (UTC)
- Pois non sei se che entendo Lles... Queres dicir poñer na páxina do wikimaratón unha lista de artigos de mulleres que xa sexan de calidade, a modo de exemplo do que se pode chegar a facer e tamén de cara a dalos a coñecer á xente a través dos medios? Por exemplo, poñer nesa lista os artigos que temos en Wikipedia:Wikiproxecto_mulleres#Artigos de calidade e bos (e outros que se vaian facendo no futuro, claro)? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 13:58 (UTC)
- Elisardojm, non era a miña proposta, mais está ben. A miña proposta era traballar na mellora (non en procurar a excelencia porque non é posíbel nese tempo) de x galegas das que pensásemos que sería prioritario ter un artigo de calidade para así poñer en valor o traballo da Galipedia. A dificultade que ten é que os Wikimaratóns sempre poñen o "feito" e sería só valorábel que si se traballou na mellora de x artigos. Lles (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 14:43 (UTC)
- Ah, xa te entendo, pero é complicado amosar ese tipo de avance.... Nos wikimaratóns non é obrigatorio indicar o "feito", ese só é un sistema, pode indicarse o avance como se queira. Podería facerse, por exemplo, indicando o incremento de tamaño do artigo e o número de referencias achegadas... A páxina que fixemos para este evento non é fixa, cada evento pode deseñarse como se queira... Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 22:21 (UTC)
Lles, Elisardojm, Xa que falades de cómo valorar a actividade, na que fixemos en Ponfe montáronse unhas táboas indicando o progreso dos artigos. Aquí tedes a ligazón, a modo de exemplo: [2]. Esquecéuseme comentalo antes. Cos resultados desde maratón luciría moito máis. --Viascos (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 22:48 (UTC)
- Xa Viascos, xa coñezo esas estatísticas pero son unhas táboas que monta Jem, un usuario de es.wiki, co seu bot que el sabe como fai, pero a min xa se me escapa. De tódolos xeitos, nin as estatísticas nin as táboas son o problema real dos wikimaratóns, teño que ampliar o resumo do evento, non sei se poñer algo alí ou noutro sitio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 23:51 (UTC)