Ana de Miguel

filósofa española

Ana de Miguel Álvarez, nada en Santander (Cantabria) o 26 de outubro de 1961, é unha filósofa e feminista española. Desde o ano 2005 é profesora Titular de Filosofía Moral e Política na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid. Na actualidade[cando?] dirixe o curso de Historia de Teoría Feminista do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid.[1]

Ana de Miguel
Nacemento26 de outubro de 1961
Lugar de nacementoSantander
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid e Universidade de Salamanca
Ocupaciónfilósofa
Na rede
Facebook: ana.demiguel.370 Dialnet: 186867 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filosofía na Universidade de Salamanca e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid.

En 1984 realizou a súa memoria de licenciatura sobre Marxismo y feminismo en Alexandra Kollontai.[2] A súa tese de doutoramento titúlase Elites y participación política en la obra de John Stuart Mill. Tamén realizou traballos de investigación sobre as relacións entre feminismo e marxismo, sobre Flora Tristán e sobre o feminista exipcio Quasim Amin.[3]

De 1993 a 2005 traballou como profesora titular de Socioloxía do Xénero na Universidade da Coruña.[4] No ano 2005 incorporouse á Universidade Rei Juan Carlos de Madrid como profesora titular de Filosofía Moral e Política.

Investigación feminista editar

Foi membro do Seminario Feminismo e Ilustración creado pola filósofa Celia Amorós impartido desde 1987 até 1994 na Universidade Complutense de Madrid. O Seminario transformouse no Proxecto de Investigación I+D Feminismo, Ilustración y Postmodernidad (1995-1999). Co traballo realizado nesta investigación sumado aos estudos realizados en torno ao curso Historia de la Teoría Feminista, iniciado en 1990/91 desde o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid e dirixido desde o ano 2005 por Ana de Miguel, publicáronse os tres volumes titulados Teoría Feminista. De la Ilustración a la globalización (Celia Amorós y Ana de Miguel (Eds), Minerva Edicións, Madrid, 2005).

En 2012 foi directora do mestrado Estudos Interdisciplinares de Xénero da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid (2012-2013).[5]

Unha das contribucións básicas do seu pensamento consiste na reconstrución dunha xenealoxía feminista.

Na actualidade traballa sobre o feminismo como movemento social e a súa construción de novos marcos teóricos de interpretación da realidade. A este respecto, distinguiu entre as políticas de redefinición da realidade e as políticas reivindicativas. As súas últimas publicacións céntranse na procura de claves para comprender como se reproduce a desigualdade sexual nas sociedades formalmente igualitarias, especialmente entre a mocidade, sobre o marco teórico da violencia de xénero[6] e sobre a prostitución como "escola de desigualdade humana".

Neoliberalismo sexual editar

Na súa obra Neoliberalismo sexual, De Miguel denuncia a ideoloxía neoliberal que ten como obxectivo converter a vida en mercadoría, mesmo aos seres humanos. Considera que a conversión dos corpos das mulleres en mercadoría é o medio máis eficaz para difundir e reforzar esta ideoloxía e que a industria do sexo está conectada con iso.[7]

En xaneiro de 2016 recibiu o Primeiro Premio ex aequo na modalidade de Artes e Humanidades do Consello Social á excelencia investigadora da Universidade Rei Juan Carlos.[8] En febreiro foi distinguida co premio Comadre de Oro que outorga anualmente a Tertulia Feminista Les Comadres.[9] En maio de 2016 o traballo foi recoñecido co Premio Ángeles Durán de Innovación Científica no Estudio de las Mujeres y del Género outorgado polo Instituto Universitario de Estudos da Muller da Universidade Autónoma de Madrid.[10]

 
Ana de Miguel recibe o Premio Ángeles Durán IUEM 2016 - Universidade Autónoma de Madrid

Premios editar

  • 2015 Primeiro Premio ex aequo na modalidade de Artes y Humanidades do Consejo Social a la excelencia investigadora da Universidade Rei Juan Carlos.
  • 2016 Comadre de Oro outorgado pola Tertulia Feminista Les Comadres.
  • 2016 Accésit ao XXIII Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos polo artigo 'La prostitución de mujeres, el harén democrático', publicado en El Huffington Post o 20 de xaneiro de 2015[11]
  • 2016 Premio Ángeles Durán de Innovación Científica en el Estudio de las Mujeres y del Género (7 edición). Instituto Universitario de Estudios de la Mujer. Universidade Autónoma de Madrid.
  • 2017 Categoría Nacional dos Premios Mujeres Progresistas, outorgado pola Federación de Mujeres Progresistas.[12]

Publicacións editar

 
Amelia Valcárcel e Ana de Miguel na presentación do libro Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección. Madrid 24 de novembro de 2015

Libros editar

  • (2017): Nuño Gómez, Laura e De Miguel Álvarez, Ana (dirs.), Fernández Montes, Lidia (coord.), Elementos para una teoría crítica del sistema prostitucional, Granada, Editorial Comares.
  • (2015): Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección, Madrid, Cátedra.
  • (2005): Celia Amorós e Ana de Miguel (eds.), Teoría feminista. De la Ilustración a la globalización (3 vols.), Madrid, Minerva.
  • (2002): O feminismo ontem e hoje, Lisboa, Ela por Ela.
  • (2001): Alejandra Kollontai, Madrid, Ediciones del Orto.
  • (1994): Cómo leer a John Stuart Mill, Madrid, Júcar.
  • (1993): Marxismo y feminismo en Alejandra Kollontai, Madrid, Universidade Complutense de Madrid-Comunidade Autónoma Madrid.

Edicións, prólogos e traducións editar

  • (2015) Edición da obra de Alejandra Kolontai Autobiografía de una mujer sexualmente emancipada y otros textos sobre el amor, en horas y Horas, Madrid.
  • (2013) Prólogo á obra de E. Bosch, V. Ferrer et al El amor como coartada, Barcelona Anthropos.
  • (2012) Prólogo á obra de Gladys Rocío Ariza Sosa De inapelable a intolerable: violencia contra las mujeres en sus relaciones de pareja en Medellín, Universidade Nacional de Colombia, Bogotá.
  • (2011) Introdución á obra John Stuart Mill, El voto y la prostitución, Castilla La Mancha, ed. Almud
  • (2010) Prólogo á obra El mito del varón sustentador, de Laura Nuño, Barcelona, Icaria.
  • (2006) Coordinación e Introdución do monográfico Perspectivas feministas en la España del siglo XXI
  • (2006) Labrys nº 10. Dossier España Études féministes/estudos feministas, Universidade de Brasilia
  • (2005): Prólogo á obra El sometimiento de las mujeres, de John Stuart Mill. Madrid, Edaf.
  • (2003): Coautora: Introdución e selección de textos da obra Flora Tristán, Feminismo y socialismo. Antoloxía, Madrid, Los Libros de la Catarata.
  • (2000): Edición crítica, introdución e cotraducción da obra de William Thompson e Anna Wheleer La demanda de la mitad de la raza humana, las mujeres (1825), editada en (2000) Granada, Editorial Comares.

Artigos de revistas e capítulos de libros editar

 
Ana de Miguel, Marian López Fdez Cao e Celia Amorós Mesa redonda 20 Aniversario do Curso de Historia Feminista. Xuño de 2011
  • (2016) (Coautora Laura Garcia-Favaro) “¿Pornografía feminista, pornografía antirracista y pornografía antiglobalización? Para una crítica del proceso de pornificación cultural”, Labrys, études féministes/ estudos feministas , nº 29, xuño-decembro de 2016. ISSN 1676-1951
  • (2014) “La dialéctica de la teoría feminista: lo que nos une, lo que nos separa, lo que nos ha hecho avanzar”, Daimon, Revista Internacional de Filosofía, 2014.
  • (2014) “La teoría crítica feminista como marco de visibilidad de los derechos de las mujeres” en Frónesis. Revista de Filosofía Jurídica, social y política, vol. 21, nº 1, 2014.
  • (2013) “Mitos legitimadores de la violencia patriarcal” en Ángela Figeruelo et al (dirs.) Violencia de género e igualdad, Granada, Comares,
  • (2012) “La prostitución de mujeres, una escuela de desigualdad humana”, en Revista Europea de Derechos Fundamentales, nº 19, primeiro semestre (Reeditado en Dilemata, Revista Internacional de Éticas Aplicadas).
  • (2011) “Participación, deliberación y excelencia. En torno a la filosofía política de John Stuart Mill, en Isegoría. Revista de Filosofía moral y Política, nº 44, p. 73-88
  • (2011) (coautora Eva Palomo) “Los inicios de la lucha feminista contra la prostitución: políticas de redefinición y políticas activistas en el sufragismo inglés”, Revista Brocar, nº 35 (Universidade de la Rioja).
  • (2010): “Simone de Beauvoir en la genealogía feminista. La fuerza de los proyectos frente a `la fuerza de las cosas´´”, en Investigaciones Feministas (UCM), vol. 0, p. 121-136.
  • (2008): Feminismo y juventud en las sociedades formalmente igualitarias”, en Revista de Estudios de Juventud, nº 83, decembro 2008.
  • (2008): "Movimientos sociales: dimensiones filosófico-políticas" en Fernando Quesada (ed.) Ciudad y ciudadanía. Senderos contemporáneos de filosofía política, Madrid, Editorial Trotta.
  • (2008): "La violencia contra las mujeres. Tres momentos en la construcción del marco feminista de interpretación", en Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, Instituto de Filosofía-CSIC, nº 38.
  • (2008): "Movimientos sociales y polémicas feministas en el siglo XIX: fundamentos ideológicos y materiales" en Alicia Puleo (ed.) El reto de la igualdad de género. Nuevas perspectivas en Ética y Filosofía Política, Madrid, Biblioteca Nueva.
  • (2007): "El proceso de redefinición de la violencia contra las mujeres: de drama personal a problema político" en Daimon. Revista de Filosofía, nº 42, 71-82.
  • (2007): "Hacia una sociedad paritaria", Ángela Sierra e Mª del Pino de la Nuez (eds.), Democracia paritaria, Barcelona, Laertes.
  • (2007): "El feminismo de Quasim Amin: entre los derechos humanos y el progreso social" en Celia Amorós e Luisa Posada Kubissa (eds.) Feminismo y Multiculturalismo, Madrid, Instituto de la Mujer.
  • (2007): "El movimiento feminista y la construcción de marcos de interpretación: praxis cognitiva y redes de acción colectiva", en V. Ferrer e E. Bosch (eds.) Los feminismos como herramientas de cambio social, Universitat de les Illes Balears, Palma de Mallorca.
  • (2005): "La construcción de un marco feminista de interpretación: la violencia de género", Cuadernos de Trabajo Social, vol. 18, 2005.
  • (2005): "The Feminist Movement and Redefinition of Reality", en Elizabeth de Sotelo (ed.) New Women of Spain, Lit Verlag/ Münster e Nueva Jersey
  • (2005): "Los feminismos en la historia: el restablecimiento de la genealogía", Isabel de Torres, Miradas desde la perspectiva de género, Madrid, Narcea.
  • (2004): "Nuevos conflictos sociales, nuevas identidades sociales. La lucha por el reconocimiento", Revista Tabanque, nº 18, p. 11-30.
  • (2004): "El sistema patriarcal y la revolución feminista", en J.J. Tamayo (ed.), El Cristianismo ante los grandes desafíos de nuestro tiempo, Valladolid, Universidade de Valladolid.
  • (2004): "La situación de las mujeres en el espacio público", en Género y ciudadanía: un debate, ed. Adela García, Barcelona, Icaria.
  • (2003): "El movimiento feminista y la construcción de marcos de interpretación: el caso de la violencia contra las mujeres", Revista Internacional de Sociología RIS, nº 35, maio-agosto de 2003, p. 7-30.
  • (2003): (coautora): "Dimensión simbólica y cultural de los Movimientos Sociales", en Mª J. Funes e R. Adell (eds.), Madrid, Movimientos Sociales, cambio social y participación, Madrid, UNED, p. 133-162.
  • (2003): "O conflito Classe-Sexo-Gênero na Tradicao Socialista", en Fragmentos de Cultura, Brasil, Instituto de Filosofía y Teología de Goiás, vol. 13, nº 3.
  • (2002): "Hacia un nuevo Contrato Social: políticas de redefinición y políticas reivindicativas en la lucha feminista", en J.M Robles Morales (ed.): El reto de la participación, Madrid, Antonio Machado eds.
  • (2001): "Aportaciones a una reconstrucción de la tradición utilitarista en el tema de la igualdad sexual", Telos, Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas, vol. X, nº 2.
  • (1999): "La sociología olvidada", en Política y Sociedad, nº 32.
  • (1998): "La redefinición de lo público y lo privado", en Actas del V Congreso Estatal de Intervención Social, Madrid, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
  • (1998): (coautora): "Diversidad cultural y multiculturalismo", prólogo a La mutilación genital femenina y los derechos humanos, Madrid, Ed. Amnistía Internacional.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar