Alexandra Kollontai

Alexandra Mihailovna Kollontai (en ruso Александра Михайловна Коллонтай), nada en San Petersburgo o 31 de marzo de 1872 e finada en Moscova o 9 de marzo de 1952, foi unha socialista e revolucionaria rusa.

Alexandra Kollontai
Aleksandra Kollontai.jpg
Nome completoАлекса́ндра Миха́йловна Домонто́вич
Nome de nacementoAlexandra Mihailovna Kollontai
Nacemento31 de marzo de 1872
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento9 de marzo de 1952
Lugar de falecementoMoscova
Causadoenza
Soterradacemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
Alma máterUniversidade de Zúric
Ocupaciónrevolucionario, diplomática, activista polos dereitos das mulleres, escritora, political theorist e People's Commissar
PaiMikhail Domontovich
CónxuxeVladimir Ludvigovich Kollontai
Pavel Dybenko
FillosMikhail Alekseevich
Domontovich
PremiosOrde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Ordem de Santo Olavo e Ordem da Águia Asteca
Na rede
Bitraga: 3221 Discogs: 2729919 Find a Grave: 21424 Editar o valor em Wikidata
Aleksandra Kollontai signature.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia de boa posición social e foi educada por un instrutor particular. Interesada desde moi nova polo marxismo, estudou Historia do traballo en Zúric, Suíza. Afiliouse ó Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso en 1899.

Participou nos acontecementos revolucionarios de 1905, tras presenciar a matanza de obreiros fronte ó Palacio de Inverno, escribiu artigos e organizou as traballadoras rusas. Tivo que exiliarse a raíz da publicación dun artigo titulado Finlandia e o socialismo, en que animaba o pobo finlandés a sublevarse contra a ocupación rusa. Isto deulle a oportunidade de viaxar por toda Europa. Así, entrou en contacto con diversos partidos socialistas en Alemaña, Gran Bretaña ou Francia.

Opúxose activamente á primeira guerra mundial, polas súas motivacións imperialistas ó servizo da clase dominante. Neste sentido, participou na Conferencia de Zimmerwald en 1915. Nesta época tamén se uniu ós bolxeviques e viaxou por diversos países facendo campaña contra a guerra.

Poucos meses antes de outubro de 1917 foi elixida membro do Comité Central do Partido. Votou a favor da insurrección e da toma do Pazo de Inverno para construír así un Estado obreiro. Ó desatárense os sucesos que desembocaron na Revolución de Outubro, Alexandra Kollontai regresou a Rusia, onde foi elixida membro do Comité Executivo do Soviet de Petrogrado. Apoiou a Lenin na súa visión dos soviets como organismos para o exercicio do poder e a necesidade de superar a revolución burguesa coa revolución proletaria.

Trala toma do poder, Alexandra Kollontai foi elixida Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública. Foi unha das que máis traballou a prol dos dereitos e liberdades das mulleres, e modificou aspectos das leis que subordinaban a muller ó home. Á muller rusa negábaselle o dereito ó voto e gañaba salarios menores traballando en peores condicións que os homes. A Revolución conseguiu asentar as bases para a igualdade real entre homes e mulleres coa liberalización das relacións familiares e sexuais. Aprobouse o divorcio e o dereito ó aborto, e outorgáronselles ás mulleres beneficios sociais en forma de salarios de maternidade, garderías e fogares para as crianzas. Así mesmo, desenvolvéronse campañas de información para darlles a coñecer ás mulleres os seus novos dereitos.

En 1918 Kollontai foi unha das organizadoras do Primeiro Congreso de Mulleres Traballadoras de toda Rusia. Deste congreso naceu o Zhenotdel, un organismo dedicado a promover a participación feminina na vida pública e en proxectos sociais, e de xeito moi especial, a loita contra o analfabetismo. O Zhenotdel tiña a súa propia revista, Kommunistka (Muller Comunista) e Kollontai era parte do seu Consello editorial.

En 1921 Kollontai foi cofundadora da Oposición Obreira, que encabezou co dirixente dos traballadores metalúrxicos Alexander Shliápnikov. Formularon as consignas de entregar a dirección da economía a un Congreso de produtores, establecer a dirección das empresas e fábricas polos sindicatos e elixir os principais administradores polos traballadores. O Congreso do partido ordenou disolver este grupo, decisión que foi apelada sen éxito ante a Internacional Comunista.

Alexandra Kollontai quedou marxinada e perdeu a influencia política. En 1923 pasou ó servizo diplomático. Foi nomeada embaixadora da Unión Soviética en Noruega, co que se converteu na primeira muller da historia en ostentar este título. Posteriormente tamén o exerceu en Suecia e México. Tamén formou parte da delegación soviética na Liga das Nacións. Este exilio dourado salvouna primeiro das deportacións acontecidas a partir de 1927, que afectaron, entre outros, ós seus compañeiros da Oposición Obreira e á Oposición de Esquerda. Na década seguinte puido salvarse da execución, a diferenza dos antigos dirixentes bolxeviques.

Entre tanto, Stalin, aínda que apreciaba o papel das mulleres, revogou parte das medidas que lles garantían a plena igualdade e a súa emancipación completa. Foron penalizados novamente a homosexualidade (1934) e o aborto (1936), reactivouse a propaganda a favor da familia e reintroduciuse a educación segregada por sexos. Por outro lado, o divorcio non se prohibiu, mais si se complicou a súa execución, ó cobrarse polos trámites. Ademais, a moral tradicional volveuse impor nas relacións familiares e persoais. Foi só a masiva participación das mulleres soviéticas na guerra contra o nazismo o que lles devolveu os dereitos conculcados.

Obra traducida ao galegoEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar