O Zhenotdel[1] (Женотдел), a sección feminina do Secretariado do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), foi a área do partido centrada nas cuestións relativas ás mulleres na década de 1920. Deulles ás mulleres novas oportunidades para o progreso na Revolución Rusa até que foi disolto en 1930.

Ignati Nivinski - "Mulleres, formade cooperativas" (1918)

Historia editar

O Zhenotdel foi fundado en 1919 por dúas revolucionarias feministas, Alexandra Kollontai e Inessa Armand. O seu obxectivo era mellorar as condicións de vida das mulleres na Unión Soviética. Centrouse en combater o analfabetismo, educar as mulleres sobre o novo modelo de matrimonio, o ensino e as leis sobre o traballo aprobadas polo Partido Comunista da Unión Soviética. Na Asia Central soviética, o Zhenotdel tamén traballou para mellorar a vida das mulleres musulmás mediante a alfabetización e a educación en xeral, así como a través de campañas para fomentar o abandono do veo.[2]

O Zhenotdel meteu presión para legalizar o aborto en Rusia, co que se converteu no primeiro país no mundo en facelo, en novembro de 1920. Foi a primeira vez na historia mundial en que as mulleres conseguiran o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública.[3]

As dirixentes do Zhenotdel, comunistas convencidas, formaban parte do aparato estatal soviético. Segundo a historiadora Elizabeth Wood, a organización interesouse de maneira moi activa nos problemas das mulleres, e dende o inicio actuou como unha canle entre o pobo e o estado.[4]

O Zhenotdel foi disolto en 1930, seguindo a teoría (entón maioritaria no seu seo) de que as cuestións das mulleres na URSS xa foran "solucionadas" mediante a abolición da propiedade privada e a nacionalización dos medios de produción.[5]

Dirixentes editar

O Zhenotdel tivo cinco dirixentes durante os seus 11 anos de existencia:[6]

Notas editar

  1. Unha abreviatura silábica para "departamento de mulleres" (Женский отдел).
  2. Massell, Gregory J. (2015). The Surrogate Proletariat: Moslem Women and Revolutionary Strategies in Soviet Central Asia, 1919-1929. Princeton: Princeton University Press. 
  3. Porter, Cathy (1987). Women in Revolutionary Russia. Cambridge: Cambridge University Press. p. 43. ISBN 0-521-31969-2. 
  4. Wood, Elizabeth (1997). The Baba and the Comrade: Gender and Politics in Revolutionary Russia. Indiana University Press. ISBN 978-0-253-11658-1. 
  5. Goldman, Wendy Z. (1993). Women, the State and Revolution: Soviet Family Policy and Social Life, 1917-1936. Cambridge: Cambridge University Press. 
  6. Scheide, Carmen (2002). Kinder, Küche, Kommunismus [Children, Kitchen, Communism] (en alemán). Pano Verlag. p. 13. ISBN 3-907576-26-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Clement, B. E. (1992). The Utopianism of the Zhenotdel. Slavic Review, 51(3), pp. 485-496. doi:10.2307/2500056.
  • Cox, J. (2019). The Women's Revolution: Russia 1905–1917. Chicago, IL: Haymarket Books.
  • Hayden, C. (1976). The Zhenotdel and the Bolshevik Party. Russian History, 3(2), pp.150-173.
  • Massell, G. J. (1974). The Surrogate Proletariat: Moslem Women and Revolutionary Strategies in Soviet Central Asia, 1919-1929. Princeton, NJ: Princeton University Press.
  • Ruthchild, R. G. (2010). Equality and Revolution: Women's Rights in the Russian Empire, 1905-1917. Pittsburgh, PA: University of Pittsburgh Press.
  • ———. (2010) Women's Suffrage and Revolution in the Russian Empire, 1905-1917. En Offen, K. (Ed.). Globalizing Feminisms, 1789-1945. Nova York, NY: Routledge. pp. 257-274.
  • Stites, R. (1976). Zhenotdel: Bolshevism and Russian Women, 1917-1930. Russian History, 3(2), pp. 174-193.
  • Stites, R. (1978). The Women's Liberation Movement in Russia: Feminism, Nihilism, and Bolshevism, 1860-1930. Princeton, NJ: Princeton University Press.
  • Wood, E. (1997). The Baba and the Comrade Gender and Politics in Revolutionary Russia. Bloomington, IN: Indiana University Press.

Ligazóns externas editar