Abrir o menú principal

Montserrat Boix

xornalista catalá

Montserrat Boix Piqué, nada en Polinyà o 26 de xaneiro de 1960, é unha xornalista catalá coñecida por desenvolver conceptos como o ciberfeminismo social [1] ou o hacktivismo feminista.[2] As súas áreas de traballo habituais son a violencia de xénero[3] e os dereitos de comunicación e cidadanía para as mulleres.[4][5]

Montserrat Boix
Montserrat Boix - A Favor 2009.jpg
Nacemento26 de xaneiro de 1960
 Polinyà
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónxornalista e wikimedista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carreira profesionalEditar

Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. A comezos dos anos 80 comezou a súa carreira profesional en Radio Miramar en Barcelona.[6] Máis tarde ingresou no programa Encarna de noche dirixido por Encarna Sánchez, na COPE Madrid. En 1984 asumiu a prefectura da Unión Federal de Consumidores de España.[7]

Desde 1986 é xornalista dos Servizos Informativos da Televisión Española na sección Internacional, [8]onde se especializou en asuntos exteriores e no mundo árabe: o Magreb, o Sahel, os movementos islámicos e o terrorismo xihadista. Foi enviada especial a principios dos anos 90 en Alxeria, cubrindo a información sobre os asasinatos do Grupo Islámico Armado e a súa guerra civil , nos campos de refuxiados saharauis, en Marrocos, Exipto , Afganistán, Guatemala e Bangladesh.[9]

Tamén traballou como profesora en diferentes mestrados universitarios en igualdade, tecnoloxías, comunicación e desenvolvemento con perspectiva de xénero, entre outros na Universidade Internacional de Andalucía[10] e na Universidade do País Vasco.[11] É secretaria de Igualdade e Dereitos Civís da UGT RTVE[12] e membro do Observatorio da Igualdade de RTVE.[13][14]

Ciberfeminismo socialEditar

En 1996 creou Mujeres en Red,[15] xornal dixital feminista.[16] Xunto a Ana de Miguel, publicou o capítulo "Los géneros de la red: los ciberfeminismos" no libro: The role of humanity in the information age. A Latin Perspective (2002)[1] editado pola Universidade de Chile, onde se fala por primeira vez do concepto de ciberfeminismo social[17] que fai referencia a organizacións, redes e movementos sociais que incorporaron as TIC como canles de comunicación cunha tradición de pensamento e acción antes da aparición de redes en Internet, onde os grupos tradicionalmente marxinados exixiron novos espazos políticos.[2]

En 2006, no número 10 da publicación Labrys, formulou o concepto de "hacktivismo feminista " no texto Hackeando el patriarcado: La lucha contra la violencia hacia las mujeres como nexo. Filosofía y práctica de Mujeres en Red desde el ciberfeminismo social.[18]

Premios e recoñecementosEditar

Boix recibiu varios premios polo seu traballo a favor dun xornalismo máis igualitario, entre outros: o premio ao recoñecemento no traballo xornalístico máis destacado na erradicación da violencia de xénero concedido polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (2005);[19][20] Premio Nicolás Salmerón dos Dereitos Humanos polo esforzo e a perseveranza facendo que " Mujeres en Red" sexa un dos medios de referencia na defensa dos dereitos das mulleres,[21] e o Premio Comunicació No Sexista da Asociació de Dones Periodistes de Catalunya (2015).[22][23]

2016 foi seleccionada entre as 100 mulleres máis influentes de España,[24] e o xornal El Mundo incluíuna na lista de 500 mulleres máis influentes de España. [25]

Publicacións (selección)Editar

Ademais do traballo xa mencionado, cabe destacar:

  • "Manual sobre el uso del ordenador y la Internet. Historia sobre las redes internacionales de mujeres en la Internet" a "El viaje de las internautas. ""Una perspectiva de género en las nuevas tecnologías". Editado por AMECO (Asociación Española de Mujeres Comunicadoras).(2001) [26]
  • "Cuando la violencia doméstica cruza el umbral del espacio público", a "Violencia y Género Tomo II. M. Teresa López Beltrán, M. José Jiménez Tomé, Eva M. Gil Benitez (Ed). Asociación de Estudios Históricos sobre la Mujer. Centro de ediciones de la diputación de Málaga. ISBN 9788477855293. (2003)
  • Las TIC, un nuevo espacio de intervención en la defensa de los derechos sociales. Las mujeres okupan la red en el libro “Género, sexo, medios de comunicación. Realidades, estrategias, utopías” coordinado por Natividad Abril. Universidad del País Vasco. ISBN 8487595952.[27]
  • Comparecencia en el Senado en la Ponencia sobre la erradicación de la violencia doméstica, 2 abril de 2001. Comisión Mixta de los Derechos de la Mujer. Conclusiones de la Ponencia,[28]
  • "Nuevas tecnologías de la información y la comunicación: creando puentes entre las mujeres", a Nosotras en el país de las comunicaciones. Silvia Chocarro (coord.). Editorial Icaària. (2007)[29]
  • "Comunicación: todavía una asignatura pendiente para el feminismo", a Los feminismos como herramientas de cambio social (II) :De la violencia contra las mujeres a la construcción del pensamiento feminista.” Compiladores Victoria A. Ferrer Pérez i Esperanza Bosch Fiol. Treballs Feministas núm. 6. Universitat de les Illes Balears. ISBN 8476329598.[30]
  • "Comunicación y educación para la ciudadanía". Revista Andalucía Educativa núm. 62. (Agosto 2007)
  • "Mujeres en Red, la información es poder", a Dones contra l’Estat. Juncal Caballero i Sonia Reverter ed. ISBN 978-84-608-0808-4 Seminari d’Investigació Feminista. UJC. (2008)
  • Una docena de argumentos para animarte a hacer un blog. (2012)[31]
  • "Prácticas e imágenes deformadas en el discurso mediático" a Informar con perspectiva de género en Medios de Comunicación e Igualdad una alianza necesaria Consejo Audiovisual de Andalucía.(2014)[32]
  • "Seguridad versus privacidad, derecho a la resistencia", a Hacia una internet ciudadana. América Latina en Movimiento. ALAI.(2015)[33]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Los géneros de la red: los ciberfeminismos" (en castelán). 2002. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 (Coord.), Cecilia Castaño Collado (1 de xullo de 2012). TELOS 92: Género y uso de las TIC. Fundación Telefónica. 
  3. Núñez, Sonia; Fernández Romero, Diana; Rubira García, Rainer (1 de xuño de 2014). "Usos políticos y activismo feminista de las páginas web sobre violencias contra las mujeres en España: una visión a partir de las potenciales usuarias". Fonseca, Journal of Communication (en castelán) 8 (8): 70–85. ISSN 2172-9077. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  4. Diximedia. "Ramón Lobo y Montserrat Boix animan a las ONGD a adaptarse a las redes sociales". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  5. ""No se puede superar la crisis a costa de la igualdad"". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  6. "Radio Miramarː 8.00 a 10.00: LA CANCIÓN DE LA CALLE.". El periódico (en castelán). 16 de novembro de 1982. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  7. El País, Ediciones El (1 de de decembro 1984). "22 asociaciones crean la unión Federal de Consumidores". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  8. "Montserrat Boix, periodista de TVE y feminista: “El reto es dejar de pensar desde los márgenes, queremos una alternativa global de cambio”". Revista Pueblos. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  9. TVE (16 de agosto 2014). "Bangladesh, sobrevivir a la catástrofe". Informe Semanal. 
  10. "Comienza la 2ª edición del máster en Género en la Sede Antonio Machado de la UNIA". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  11. "Profesorado - logo - UPV/EHU". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  12. "Piden sanciones para los medios al presentar el Observatorio de Igualdad de RTVE". Cuartopoder (en castelán). 2018-02-14. 
  13. "Primera reunión del Observatorio de Igualdad de la Corporación RTVE - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 2018-03-22. 
  14. "II Jornadas de Comunicación" (en castelán). Consultado o 2018-10-31. 
  15. "Montserrat Boix será ponente en la mesa Mujeres liderando proyectos en red". Dones en Xarxa. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  16. "@montserratboix: “Hay que impulsar la presencia de las mujeres en la Red más allá del 8 de marzo”". 16 de abril de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  17. "El ciberfeminismo social, un caso genuino de desarrollo en la red". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  18. "Hackeando el patriarcado: La lucha contra la violencia hacia las mujeres como nexo. Filosofía y práctica de Mujeres en Red desde el ciberfeminismo social.". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  19. Consejo Audiovisual de Andalucía (2014). "Prácticas e imágenes deformadas en el discurso mediático.Informar con perspectiva de genero" (PDF). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  20. Consejo general del poder judicial (2005). "Memoria observatoria contra la violencia doméstica y de género" (PDF). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  21. Agencia EFE, ed. (9 de decembro de 2009). "Zapatero obtiene el Premio Salmerón de Derechos Humanos". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  22. SeMMexico, Servicio especial de la mujer, de latinoamérica y el caribe, ed. (19 de novembro de 2015). "Premios de Comunicación no sexista 2015". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  23. "La crítica de televisió de l'ARA Mònica Planas, premi de comunicació no sexista per les seves columnes". Ara.cat (en catalán). 
  24. "Y las 100 mujeres más influyentes de España son...". 23 de setembro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  25. Diari El Mundo, ed. (19/11/2016). "Yo Dona presenta la lista de las 500 españolas más influyentes" (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2016. 
  26. Montserrat Boix, Victoria Sendón, Cristina P. Fraga (2001). "El viaje de las internautas" (PDF) (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  27. Natividad Abril (maio de 2004). "Género, sexo, medios de comunicación. Realidades y utopías" (PDF). Emakunde (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  28. Boletín Oficial de las Cortes Generales, ed. (4 de decembro de 2002). "Informe de la Ponencia sobre la erradicación de la violencia doméstica constituida en el seno de la Comisión Mixta de los Derechos de la Mujer." (PDF). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  29. Marcesse, Silvia Chocarro; Moreno, Rosa María Alfaro (2007). Nosotras en el país de las comunicaciones: miradas de mujeres (en castelán). Icaria Editorial. ISBN 9788474267365. 
  30. Fiol, Esperanza Bosch; Pérez, Victoria Aurora Ferrer; Guzmán, Capilla Navarro (1 de xaneiro de 2006). Los feminismos como herramientas de cambio social. Universitat de les Illes Balears. ISBN 8476329598. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  31. "Una docena de argumentos para animarte a hacer un blog,". unadocenade.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  32. Consejo Audiovisual de Andalucía (2014). "Medios de comunicación e igualdad, una alianza necesaria" (PDF) (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  33. "Hacia una Internet ciudadana". Consultado o 31 de outubro de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar