Rosalind Franklin

bióloga inglesa

Rosalind Franklin, nada en Londres o 25 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 16 de abril de 1958, foi unha bióloga inglesa.

Rosalind Franklin
Nome completoRosalind Elsie Franklin
Nacemento25 de xullo de 1920
Lugar de nacementoNotting Hill
Falecemento16 de abril de 1958
Lugar de falecementoChelsea e Royal Marsden Hospital
Causacancro de ovario
SoterradaCemitério judaico de Willesden
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
EtniaPobo xudeu
Alma máterUniversidade de Cambridge, St Paul's Girls' School, Newnham College e Norland Place School
Ocupaciónquímica, bióloga molecular, física, bioquímica, biofísica, cristalógrafo, profesora universitaria, xenetista e bióloga
PaiEllis Arthur Franklin
PremiosPrêmio Louisa Gross Horwitz
Na rede
WikiTree: Franklin-2495 Find a Grave: 5858699 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Dedicouse á bioloxía molecular e colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física na Universidade de Cambridge no 1945. Aprendeu técnicas de difracción de raios X durante unha estadía de tres anos en París, no Laboratorio Central dos Servizos Químicos do Estado, tras o que se converteu en investigadora asociada no King's College de Londres. Sen o seu coñecemento,[1] outro investigador asociado do centro, M. Wilkins, amosou a James D. Watson algunha fotografía de difracción de raios X de ADN (ver foto 51) tomada polo equipo de Rosalind, quen, en contacto con Francis Crick, logrou determinar posteriormente a estrutura da molécula. No mesmo número de Nature no que se publicou o artigo crucial de Watson e Crick publicouse tamén outro de Wilkins e Franklin sobre o soporte de datos da difracción de raios X. Os tres primeiros foron galardoados co Premio Nobel de Medicina en 1962, pero daquela Rosalind Franklin xa estaba morta.

Notas editar

  1. Aleixandre, Marilar. "As mulleres no cuarto das vasoiras". Nós Diario. Consultado o 2021-04-12. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88–91. ISBN 978-84-9043-882-4. 

Outros artigos editar