Expo '98 , oficialmente, Exposição Internacional de Lisboa de 1998,[1] foi a exposición especializada celebrada en Lisboa do 22 de maio ao 30 de setembro de 1998, cuxo tema foi "Os oceanos: um património para o futuro".[2]

EXPO 98
Tipoexposición universal
Campo de traballoartes escénicas
Data de fundación1998
EnDistrito de Lisboa
PaísPortugal
38°46′04″N 9°05′45″O / 38.767703, -9.095821
editar datos en Wikidata ]

A zona escollida para acoller a exposición foi a parte oriental da cidade próxima ao río Texo.

Construíronse varios pavillóns que ficaron ao servizo dos habitantes e turistas no que hoxe se chama Parque das Nações, onde se atopa o Oceanario, formado por 5 ambientes mariños diferentes e poboado por numerosas especies de peixes e mamíferos mariños) e un complexo de redes de transporte como estacións de metro e ferrocarril.

A Expo '98 tivo preto de 11 millóns de visitantes. O seu éxito débese tamén ás numerosas actividades culturais, por exemplo, os seus preto de 5.000 eventos musicais convertérono no festival de música máis grande da historia da humanidade. A exposición revolucionou esta parte da cidade dende o punto de vista arquitectónico, cambiando tamén os hábitos dos portugueses.

Tema editar

O tema da Exposición Internacional de Lisboa do 98 foi "Os oceanos: um património para o futuro". Esta elección fíxose co fin de poder debater sobre o papel que teñen os océanos no mundo actual e como os recursos do mar poden contribuír mellor ao desenvolvemento sostible do planeta, para reflexionar sobre a destrución de hábitats oceánicos ricos en vida e recursos e razoar sobre a importancia do mar no equilibrio da Natureza.

Escolleuse o termo herdanza para expresar un dobre concepto. Por unha banda a relativa ás riquezas físicas e culturais do mar, por outra a necesidade da conservación do medio oceánico. Este último aspecto tivo como obxectivo o nacemento do sentido da responsabilidade no visitante, que puidese reflexionar sobre como poder deixar intacto un ben tan importante ás xeracións futuras.

Dentro do tema principal foi posible, polo tanto, identificar algúns subtemas, como:

  • O coñecemento dos mares, dos recursos dos océanos
  • Os océanos e o equilibrio do planeta
  • Os océanos e o lecer
  • Os océanos como fonte de inspiración artística

Sitio editar

A zona elixida para acoller a Expo '98 foi ao leste da cidade, á beira do río Texo, e despois pasou a chamarse Parque das Nações (Parque das Nacións). A zona acolleu todos os pavillóns dos países expositores, os temáticos, un acuario, un pavillón multifuncional (Pavilhão Atlântico), o pavillón portugués, a Torre Vasco de Gama e a Estação do Oriente proxectada polo arquitecto Santiago Calatrava.

Participantes editar

Un total de 146 países e Estados-nación, numerosas asociacións internacionais como a Liga Árabe, Unión Europea, Cruz Vermella Internacional, Nacións Unidas…), algunhas organizacións portuguesas e unha serie de empresas (entre elas Sony, Swatch, TAP Portugal etc.).

Estados/países participantes
Asia
  Arabia Saudita   Armenia   Palestina   Bangladesh
  China   Corea do Sur   Emiratos Árabes Unidos   Filipinas
  Xapón   Xordania   India   Irán
  Israel   Casaquistán   Kirguizistán   Kuwait
  Líbano   Mongolia   Nepal   Paquistán
  Sri Lanka   Turquía   Vietnam   Iemen
  Macau, con pavillón de seu
África
  Alxeria   Angola   Benín   Botswana
  Cabo Verde   Comores   República do Congo República Democrática do Congo
  Costa do Marfil   Exipto   Eritrea   Djibuti
  Guinea-Bissau   Kenya   Lesoto   Madagascar
  Malaui   Malí   Marrocos   Mauritania
  Mozambique   Namibia   Nixeria   San Tomé e Príncipe
  Senegal   Seychelles   Suráfrica   Sudán
  Eswatini   Tanzania   Uganda   Zambia
  Cimbabue
Europa
  Albania   Andorra   Austria   Bélxica
  Belarús   Bosnia e Hercegovina   Bulgaria   Chipre
  Cidade do Vaticano   Croacia   Dinamarca   Estonia
  Finlandia   Francia   Alemaña   Grecia
  Islandia   Italia   R. Federal de Iugoslavia   Letonia
  Lituania   Luxemburgo Orde de Malta   Malta
  Mónaco   Noruega   Países Baixos   Polonia
  Portugal   Reino Unido   Romanía   Rusia
  San Marino   Eslovaquia   Eslovenia   España
  Suecia   Suíza   Ucraína   Hungría
América
  Antiga e Barbuda   Arxentina   Bahamas   Barbados
  Belize   Bolivia   Brasil   Canadá
  Chile   Colombia   Cuba   Dominica
  República Dominicana   O Salvador   Ecuador   Xamaica
  Granada   Guatemala   Güiana   Honduras
  México   Nicaragua   Panamá   Paraguai
  Perú   Santa Lucía   Saint Kitts e Nevis   San Vicente e as Granadinas
  Suriname   Trinidad e Tobago   Estados Unidos   Uruguai
  Venezuela
Oceanía
  Illas Cook   Illas Salomón   Kiribati   Micronesia
  Papúa Nova Guinea   Samoa   Tonga   Tuvalu

Imaxe da Expo editar

 
Logo da Expo98 nunha tapa de sumidoiro

Logotipo editar

O logotipo da Expo '98 simboliza o mar e o sol. Foi deseñado por Augusto Tavares Dias que gañou un concurso no que participaron 1288 propostas.

Mascota editar

A mascota da Expo de Lisboa chamábase Gil e foi deseñada polo pintor António Modesto e o escultor Artur Moreira. O seu personaxe, cuxo nome provén do navegante portugués Gil Eanes, pasou a selección entre 309 propostas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar