Forti
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Nome completo | Forti Corse |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Alessandria, Italia |
Tempadas en activo | 2 1995-1996 |
Número de pilotos | Luca Badoer Pedro Diniz Andrea Montermini Roberto Moreno |
Debut | Gran Premio do Brasil de 1995 |
Carreiras | 27 (44 saídas de 54 participacións) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 (Mellor posición: 7º, Gran Premio de australia de 1995) |
Pole positions | 0 (Mellor posición: 19º, Gran Premio do Brasil de 1996) |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1996 |
Forti Corse, comunmente coñecido como Forti, foi un equipo Italiano de automobilismo coñecido principalmente pola súa breve, e pouco exitosa participación na Fórmula Un a mediados da década de 1990. Fundouse a finais de 1970 e competiu nas fórmulas inferiores durante dúas décadas. Os éxitos do equipo durante este período incluíron catro campionatos de pilotos na Fórmula 3 italiana durante a década de 1980, e vitorias nas carreira do campionato de Fórmula 3000 Internacional, na que competiu de 1987 de 1994. A partir de 1992, o cofundador Guido Forti desenvolveu unha relación co multimillonario brasileiro Abílio dos Santos Diniz que deu ao fillo de Diniz, Pedro piloto de carreiras, un asento permanente no equipo e un orzamento suficientemente alto como para considerar entrar na Fórmula Un.
Forti presentouse na Fórmula Un como un construtor e participante en 1995, pero o seu primeiro coche o Forti FG01 demostrouse pouco competitivo, e o equipo non puido anotar ningún punto. Malia este contratempo, Forti estaba comprometido cun contrato de tres anos con Diniz, que rompeuse cando Pedro trasladouse ao equipo Ligier antes da tempada de Fórmula Un de 1996, levando a maioría de diñeiro dos patrocinadores do equipo con el. Con todo, Forti continuou competindo no deporte, e produciu o moi mellorado chasis FG03, antes de sucumbir aos problemas financeiros de metade de tempada logo dun infrutuoso acordo de última instancia cunha misteriosa entidade coñecida como Shannon Racing. O equipo competiu nun total de 27 grandes premios, sen lograr anotar ningún punto, e é recoñecido como un dos últimos equipos en verdade privados en competir nunha época en que moitas dos grandes fabricantes de automóbiles foron aumentando a súa participación no deporte.
Fundación e primeiros anos
editarForti fundouse polos empresarios Italianos Guido Forti, un expiloto, e Paolo Guerci, un enxeñeiro, a finais de 1970 e baseouse en Alessandria no norte de Italia.[1][2] foi rexistrado como unha Società a Responsabilità Limitata, ou sociedade de responsabilidade limitada[2] Nun principio participou nas categorías menores do automobilismo como a Fórmula Ford e Fórmula 3, tanto a nivel europeo como a nivel italiano. O equipo estaba ben equipado e pronto converteuse nun gañador habitualr. Os pilotos de Forti Franco Forini, Enrico Bertaggia, Emanuele Naspetti e Gianni Morbidelli (todos pilotarian na Fórmula Un) gañaron o título de Fórmula 3 italiana en 1985, 1987, 1988 e 1989, respectivamente. Ademais, Bertaggia gañou o prestixioso Gran Premio de Macau de F3 e a carreira de apoio do Gran Premio de Mónaco F3 en 1988,[2] e Morbidelli gañou o Campionato da FIA de Fórmula Tres europea en 1989..[3] Teo Fabi e Oscar Larrauri tamén correron para o equipo nos seus primeiros anos, o ex gañador do campionato FFord 2000 italiana en 1977, e as últimas carreiras en lugares tan afastados como América do Sur, no Campionato arxentino de Fórmula 3. Forti continuou competindo na Fórmula Tres ata finais de 1992, cando renunciou á fórmula co fin de concentrarse unicamente na fórmula 3000 Internacional.
Fórmula 3000
editarNo ano 1987, Forti fíxose sitio na Fórmula 3000 tendo menos éxito inmediato do que conseguiron coa F3.[2] A principal razón desta falta de éxitos foi a dúbida de que chasis debería usar o equipo para competir. No canto de usar os chasis de Lola, March ou Ralt, todos eles producidos por compañías estables que levaban moitos anos no mundo do motor e que tiñan grande experiencia no deseño e construción de devanditos coches, Forti decidiuse polo fornecedor de chasis italiano Dallara, que recentemente deseñara o seu primeiro coche para a Fórmula 3000. Forti foi o primeiro equipo en utilizar este coche, que se denominou Dallara 3087 (un chasis que posteriormente faría unha única aparición na Fórmula 1 para a escudería BMS Scuderia Italia, xa que este coche non estaba listo para a primeira carreira da Tempada 1988 de Fórmula 1). Esta combinación dun equipo inexperto e un coche sen probar fixo que non se chegase a conseguir ningún punto no seu primeiro ano na F3000. Ademais o equipo non asistíu todas as carreiras do calendario.[2] Forti utilizou o ano 1988 para gañar unha considerable experiencia na F3000, e isto axudou ao equipo a render de mellor xeito nas seguintes tempadas, así como un cambio aos chasis máis competitivos de Lola e despois a Reynard.
Logo dunha tempada completa no ano 1988, e a obtención dos seus primeiros puntos na tempada de 1989 a cargo de Claudio Langes, aparentemente Forti melloraba como equipo realmente competitivo. Na tempada de 1990 de Fórmula 3000, Gianni Morbidelli conseguiu para o equipo Forti a primeira vitoria nunha carreira de Fórmula 3000, e aínda que ningún piloto de Forti gañou títulos do campionato nesta categoría, o equipo estableceuse como un dos frecuentes favoritos. Desde a tempada de 1993 en diante, Forti concentrouse en exclusiva na Fórmula 3000 e correu con pilotos como Emanuele Naspetti, Fabrizio Giovanardi, Andrea Montermini (que despois competiu para o equipo na Fórmula 1) e Hideki Noda[2] (que foi substituído por Montermini para o asento de Fórmula 1). Esta foi a tempada máis exitosa de Forti na F3000, con Naspetti terminando terceiro no mundial de pilotos, só 10 puntos por detrás do campión Christian Fittipaldi. Aínda que o nivel de forma do equipo reduciuse nos anos seguintes, para a tempada 1994, o equipo era o máis experimientado no campionato, utilizando a Noda e a Pedro Diniz como pilotos. Forti conseguiu 9 puntos e cinco pole position como equipo de Fórmula 3000.
Fórmula 1
editarPreparación
editarConforme o equipo empezou a ter máis éxito, Guido Forti empezou a pensar en dar o seguinte paso lóxico no ascenso do equipo, a Fórmula 1. Con todo había varios exemplos de equipos que ascenderan da Fórmula 3000 á Fórmula 1 e que fallaran en pouco tempo debido ao seu pobre nivel financeiro. Nos anos precedentes, existiran exemplos de escudarías con pouco éxito como Coloni ou o equipo Onyx. Pero por outra banda, Eddie Jordan demostrara ascender de categoría podía traer tamén o éxito, cun gran resultado na tempada 1991 de Fórmula 1, a súa tempada de debut, na cal acabou quinto no mundial de construtores cun total de sete carreiras terminadas dentro dos puntos. Forti consideraba que unha base financeira sólida era o factor máis importante do éxito. En consecuencia, no ano 1991 empezou a traballar no seu proxecto de Fórmula 1. Ao final da tempada 1992, asinou un contrato co multimillonario brasileiro Pedro Diniz, cuxa fortuna persoal e os seus contactos con patrocinadores ían facer que o orzamento do equipo incrementásese notablemente. O pai de Diniz, Abílio dos Santos, era o propietario dunha gran cadea de distribución, a Companhia Brasileira de Distribuiçao e da cadea de supermercados Pan de Azucre. Mediante o ofrecimento a compañías para que puidesen establecer os seus produtos en boa posición no Brasil, a familia de Diniz conseguiu establecer contactos persoal con patrocinadores de grandes marcas como Parmalat, Kaiser, Arisco e Marlboro para financiar a traxectoria profesional de Pedro.[4][5] Para a tempada 1993 de Fórmula 1, a través de Diniz, Forti coñeceu a Carlo Gancia, un home de negocios italo-brasileiro. Gancia converteuse en copropietario do equipo comprando as accións de Guerci e empezou a traballar no proxecto de Fórmula 1. Finalmente dedicouse a asegurar un orzamento respectable para a Fórmula 1 ao final da tempada 1994 de Fórmula 1, que era "efectivamente financiado pola familia de Diniz". Tamén contratou ao representante do equipo Cesar Fiorio. Guerci permaneceu con Forti como un dos seus enxeñeiros de pista.[6]
Cun staff que tiña, entre outros, a Cesare Fiorio (director-deportivo), Sergio Rinland (ex-proxectista de Williams, Brabham, RAM, Dallara e Fondmetal), Paolo Guerci (un dos fundadores e responsable da parte de enxeñaría) e o expiloto René Arnoux, que exercía a función de conselleiro de Pedro Paulo Diniz. Contratouse a outro brasileiro, Roberto Pupo Moreno, para pilotar o segundo coche do equipo, Christian Fittipaldi e Maurício Gugelmin chegaron a ser considerados.
O primeiro coche de Forti, o FG01, era considerado unha "bomba": posuía liñas aerodinámicas obsoletas, o seu peso era maior que o peso mínimo regulamentario, e o sistema de cambio xa estaba superada polas normas da Fórmula 1 na época. Por causa disto, Moreno e Diniz clasificaban o coche nas últimas filas, non superando o 20º lugar nas grellas. A mellor cualificación de chegada foi no GP da Australia, cun 7º lugar de Pedro Paulo Diniz (na época, só 6 pilotos puntuaban), e chegou a ser 8º no Brasil, grazas á descualificación de Michael Schumacher e David Coulthard por problemas no combustible nos seus coches, mais o castigo foi revogado e o brasileiro volvería a ficar 10º.
Problemas financeiros e peche das actividades
editarFrustrado co rendemento do Forti, Abilio Diniz decidiu anular os dous anos restantes do contrato e, en consecuencia levou ao seu fillo Pedro Paulo do equipo, colocándoo en Ligier en 1996. Moreno sería despedido a finais de 1995 volvendo á CART no ano seguinte. Esta situación fixo a Forti entrar nunha situación financeira complicada. Nas primeiras carreiras da tempada utilizaron o FG01B (unha actualización do coche de 1995) pilotado polos italianos Andrea Montermini e Luca Badoer.
A partir da carreira de Mónaco, Guido Forti, procurando resolver os seus problemas financeiros, vendeu o seu equipo a Shannon Racing, que adquiriu o 51% da Scuderia, que abandonou as cores amarelo e azul para adoptar o verde, branco e vermello como as súas novas cores. Máis a venda non resolveu a situación de Forti, que cada vez atopábase máis endebedado, mentres que enfrontábase nunha batalla xudicial para recuperar a posesión dos dereitos de Shannon, que non inxectaran os fondos necesarios para pagar as débedas do persoal.
O golpe final contra Forti deuse no GP do reino Unido, cando por falta de pago cortouse o fornecemento dos motores Ford. Montermini e Badoer foron obrigados a correr cos propulsores utilizados na cualificación, para evitar ser multados por ausentarse da carreira. En Alemaña, non participaron na cualificación e, en consecuencia, Guido Forti anunciou o peche do seu equipo logo de 27 carreiras (23 saídas) e ningún punto gañado.
Rexistro de carreiras
editarChampionatos e vitorias destacadas
editarAno | Campionato/Carreira | Chasis | Motor | Piloto | Referencia(s) |
---|---|---|---|---|---|
1977 | Italian Formula Ford 2000 Drivers' Championship | ? | Ford | Teo Fabi | [2] |
1979 | Argentine Formula Three Drivers' Championship | Martini | Toyota | Oscar Larrauri | [2][7] |
1985 | Italian Formula Three Drivers' Championship | Dallara | Alfa Romeo | Franco Forini | [8] |
1987 | Italian Formula Three Drivers' Championship | Dallara | Alfa Romeo | Enrico Bertaggia | [8] |
1988 | Italian Formula Three Drivers' Championship | Dallara | Alfa Romeo | Emanuele Naspetti | [8] |
Macau Grand Prix | Dallara | Alfa Romeo | Enrico Bertaggia | [9] | |
Grand Prix de Monaco F3 | Dallara | Alfa Romeo | Enrico Bertaggia | [10] | |
1989 | Italian Formula Three Drivers' Championship | Dallara | Alfa Romeo | Gianni Morbidelli | [8] |
European Formula Three Cup | Dallara | Alfa Romeo | Gianni Morbidelli | [3] |
Resultados completos na International Formula 3000
editar(chave) (resulados en letra grosa indican pole position; resultados en cursiva indican volta rápida)
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1995 | FG01 | Ford EDD 3.0 V8 | G | BRA | ARX | SMR | ESP | MON | CAN | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | EUR | PAC | XPN | AUS | 0 | NC | |
Pedro Diniz | 10 | NC | NC | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | 9 | 16 | 13 | 17 | Ret | 7 | ||||||
Roberto Moreno | Ret | NC | NC | Ret | Ret | Ret | 16 | Ret | Ret | Ret | 14 | Ret | 17 | Ret | 16 | Ret | Ret | ||||||
1996 | FG01B FG03 |
Ford ECA Zetec-R 3.0 V8 | G | AUS | BRA | ARX | EUR | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | XPN | 0 | NC | ||
Luca Badoer | NSC | 11 | Ret | NSC | 10 | Ret | NSC | Ret | Ret | NSC | NPP | ||||||||||||
Andrea Montermini | NSC | Ret | 10 | NSC | NSC | NTS | NSC | Ret | Ret | NSC | NPP |
Notas
editar- Todos os resultados de F1 están sacados de formula1.com.
- ↑ Constanduros, Bob (1995). "Formula 1 Review: Forti". En Henry, Alan. AUTOCOURSE 1995-96. Hazleton Publishing Ltd. p. 71. ISBN 1-874557-36-5.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Constructors: Forti Corse S.R.L.". grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2008-03-14.
- ↑ 3,0 3,1 Higham, p. 248.
- ↑ "The Diniz Family buys into Prost". grandprix.com. Inside F1. 2000-11-30. Consultado o 2008-07-26.
- ↑ "La familia de Diniz compra Prost (en ingles)". grandprix.com. 30 de novembre de 2000. Consultado o 26 de xulio de 2008.
- ↑ Saward, Joe (1 de febrero de 1996). "Previo de la temporada 1996 (en ingles)". grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2008. Consultado o 3 de xulio de 2008.
- ↑ "Formula 3 1979: Championship Tables". formula2.net. F2 Register. Consultado o 2009-05-04.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Higham, p. 407.
- ↑ Higham, p. 422.
- ↑ Higham, p. 426.
- ↑ Hamilton (ed.), pp. 263-264.
- ↑ Henry (ed.) (1988), pp. 264-265.
- ↑ Henry (ed.) (1989), pp. 280-281.
- ↑ Henry (ed.) (1990), pp. 280-281.
- ↑ Henry (ed.) (1991), pp. 280-281.
- ↑ Henry (ed.) (1992), pp. 280-281.
- ↑ Henry (ed.) (1993), pp. 280-281.
- ↑ Henry (ed.) (1994), p. 280.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forti |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Domenjoz, Luc (ed.) (1995). Formula 1 Yearbook 1995. Silbermann, Eric (translator). Chronosports Editeur. ISBN 2-940125-06-6.
- Hamilton, Maurice (ed.) (1987). AUTOCOURSE 1987-88. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-47-3.
- Henry, Alan (ed.) (1988). AUTOCOURSE 1988-89. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-57-0.
- Henry, Alan (ed.) (1989). AUTOCOURSE 1989-90. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-62-7.
- Henry, Alan (ed.) (1990). AUTOCOURSE 1990-91. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-74-0.
- Henry, Alan (ed.) (1991). AUTOCOURSE 1991-92. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-87-2.
- Henry, Alan (ed.) (1992). AUTOCOURSE 1992-93. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-96-1.
- Henry, Alan (ed.) (1993). AUTOCOURSE 1993-94. Hazleton Publishing. ISBN 1-874557-15-2.
- Henry, Alan (ed.) (1994). AUTOCOURSE 1994-95. Hazleton Publishing. ISBN 1-874557-95-0.
- Henry, Alan (ed.) (1995). AUTOCOURSE 1995-96. Hazleton Publishing. ISBN 1-874557-36-5.
- Henry, Alan (ed.) (1996). AUTOCOURSE 1996-97. Hazleton Publishing. ISBN 1-874557-91-8.
- Higham, Peter (1995). The Guinness Guide to International Motor Racing. Guinness Publishing Ltd. ISBN 0-85112-642-1.
- Jones, Bruce (1997). The Official ITV Formula One 1997 Grand Prix Guide. Carlton Books Limited. ISBN 1-85868-319-X.
- Ménard, Pierre (2006). The Great Encyclopedia of Formula 1 (3rd Edition). Chronosports S.A. ISBN 2-84707-123-7.
- Tremayne, David (1996). Formula One - a Complete Race by Race Guide. Parragon. ISBN 0-7525-1762-7.