Gran Premio de Mónaco de 1995
O Gran Premio de Mónaco de 1995 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 28 de maio de 1995 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1995, disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Benetton logo de saír desde a segunda posición na pole. Damon Hill terminou en segundo lugar con Williams logo de comezar na pole position e liderar as primeiras 23 voltas da carreira, por diante de Gerhard Berger con Ferrari. O resto de posicións nos puntos foron ocupados por Johnny Herbert no segundo Benetton, Mark Blundell (McLaren) e Heinz-Harald Frentzen (Sauber). A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada, tamén foi a primeira vitoria de Renault no Gran Premio de Mónaco, como provedor de motores de Benetton. Schumacher gañou a carreira con comodidade, con máis de 30 segundos por diante de Hill. En total, dezaseis dos 26 participantes non puideron terminar, incluíndo os dous pilotos do equipo Simtek, que posteriormente quedou sen diñeiro e retirouse do campionato antes do Gran Premio do Canadá. A carreira estivo marcada por un accidente na primeira curva da primeira volta que involucrou a Coulthard, Alesi e Berger, o que provocou o bloqueo da pista e como resultado a carreira tivo que reiniciarse.
Nome oficial | LIII Grand Prix de Monaco |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 28 de maio de 1995 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Damon Hill |
Volta máis rápida | Jean Alesi |
Carreira
editarNa mañá do domingo, antes da carreira celebrouse unha sesión de arrequecemento as 9:30 hora local, e durou 30 minutos. Como era tradicional en Mónaco, a carreira comezou relativamente tarde, as 15:30, o que permitia ao Príncipe Rainiero e a súa familia xantar antes de ver a carreira desde o palco real no inicio recta de meta.[1] A carreira levouse a cabo en condicións cálidas e asolladas, cunha temperatura ambiente de 23 °C, e foi vista por un total de aproximadamente 48.000 espectadores.[2]
Cando a luz verde marcou o inicio da carreira, Hill e Schumacher, lideraban ao chegar a Santa Devota, pero detrás deles unha colisión múltiple entre Coulthard e os dous Ferrari provocou que se sacase a bandeira vermella e a carreira fose detida. Coulthard foi lixeiramente máis lento na liña de saída e foi adiantado polo exterior na primeira curva por Berger, e polo interior por Alesi. A medida que a pista estreitabase á entrada de Santa Devota, non había espazo suficiente para que os tres coches pasaran en paralelo, e Alesi contactou co lado traseiro dereito do coche de Coulthard, que á súa vez tocou a Berger. O Williams saíu polo aire e virou 180 graos antes de estrelarse de novo e quedando no vértice da curva coa suspensión rota, mentres que os dous danados Ferrari tamén chocaron entre si antes de acabar no mesmo punto.[1][3] A maioría dos pilotos perseguidores, liderados por Brundle, abríronse paso a través dos vehículos danados, pero Irvine golpeou o seu alerón dianteiro, Boullion rompeu un difusor, e Katayama, Salo, Morbidelli, Inoue e Schiattarella víronse obrigados a parar, xa que non podían pasar.[3][4] Coa pista completamente bloqueada, a carreira detívose e fixéronse os preparativos de inmediato para unha nova saída.
Os coches de Coulthard, Berger e Alesi resultaron danados sen posibilidade de reparación inmediata, os tres veronse obrigados a competir cos coches de reposto, reivindicando a práctica habitual de Ferrari en Mónaco de ter un vehículo adicional para cada piloto. O coche de reposto de Berger, fora equipado cun motor que non tiña tanta potencia como o seu coche de carreiras ou o coche de reposto Alesi, mentres que o acelerador do coche de Coulthard non quedou totalmente calibrado, no afán de preparalo para o reinicio da carreira. O Jordan de Irvine e o Sauber de Boullion foron reparados, e os demais pilotos atascados na primeira curva foron capaces de reiniciar a carreira cos seus coches, agás Salo e Schiattarella: Salo co seu motor Yamaha recalentado no atasco, tivo que saír na continuación desde a rúa de boxes no Tyrrell de reposto e o Simtek de Schiattarella foi danado polos comisarios ao intentar movelo da escena do accidente. O equipo carecía dun coche de reserva, polo que Schiattarella non puido tomar parte na carreira, e a participación de Simtek na carreira terminou, sen que ningún dos coches de carreiras completara unha volta, xa que o coche de Verstappen, sufriu de novo un problema co cambio e foi empuxado ao pit-lane, cando o resto estaban a facer a segunda volta de formación.
Na continuación, Hill e Schumacher mantiveron as súas posicións, mentres que Coulthard adiantaba aos Ferraris en Santa Devota, con Alesi diante de Berger.[3] A medida que os pilotos completaron a primeira volta, Hill adiantaba por 0´5 segundos a Schumacher, que era seguido á súa vez por Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Häkkinen, Irvine, Brundle, Barrichello, Blundell, Panis, Frentzen, Badoer, Morbidelli, Katayama, Martini, Boullion, Gachot, Moreno, Montermini, Salo, Diniz e Inoue. Nas primeiras voltas, Hill logrou aos poucos unha vantaxe de case dous segundos de vantaxe sobre Schumacher na volta 10, cos dous afastandose a par de Coulthard, que nese momento marchaba oito segundos por detrás do Benetton[5] Nesta etapa xa se produciran dous abandonos: o motor Mercedes de Hakkinen fallou debido a un problema coa bomba de combustible na novena volta da carreira, e Moreno, trompeou en Santa Devota, cando unha fuga de líquido de freos fíxolle perder o control do seu Forti unha volta máis tarde. Morbidelli tivo que facer unha parada non programada para reparar unha grave vibración do pneumático causada por unha sección de corda de amarre dunha manta de arrequecemento das lamias que se atascou nunha das súas rodas traseiras, quedando relegado á última posición.
Esta foi a terceira carreira en que se usaron sensores electrónicos para o seguimento de que ningún coche anticiparase na saída, e nesta carreira, seis pilotos (Barrichello, Brundle, Montermini, Frentzen, Morbidelli e Panis), foron penalizados cun Stop and go de dez segundos, por esta falta.[3][6][7][8][9][10][11] Todos, agás Montermini entraron con prontitude para cumprir a penalización, algúns ata formaron unha cola na zona de penaización, pero o piloto de Pacífic non puido entrar dentro do prazo estipulado de tres voltas desde o aviso, polo que foi descualificado da carreira, logo de subir ao 17º lugar antes de cumprir a súa pena de forma tardía.[5][12] Os pilotos sancionados caeron na clasificación como resultado do tempo perdido, polo que logo de 16 voltas completadas, a orde de carreira era: Hill, Schumacher, Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Irvine, Blundell, Badoer, Katayama, Brundle, Martini, Barrichello, Panis, Frentzen, Boullion, Salo, Montermini (aínda, sen cumprir a súa pena), Gachot, Inoue, Diniz e Morbidelli.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo Q1 | Tempo Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:24.659 | 1:21.952 | |
2 | 1 | Michael Schumacher | Benetton-Renault | 1:24.146 | 1:22.742 | +0.790 |
3 | 6 | David Coulthard | Williams-Renault | 1:26.556 | 1:23.109 | +1.157 |
4 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:24.509 | 1:23.220 | +1.268 |
5 | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 1:23.754 | 1:24.023 | +1.802 |
6 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:24.831 | 1:23.857 | +1.905 |
7 | 2 | Johnny Herbert | Benetton-Renault | 1:25.623 | 1:23.885 | +1.933 |
8 | 25 | Martin Brundle | Ligier-Mugen-Honda | 1:26.457 | 1:24.447 | +2.495 |
9 | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Peugeot | 1:26.447 | 1:24.857 | +2.905 |
10 | 7 | Mark Blundell | McLaren-Mercedes | 1:26.017 | 1:24.933 | +2.981 |
11 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 1:26.787 | 1:25.081 | +3.129 |
12 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 1:26.579 | 1:25.125 | +3.173 |
13 | 9 | Gianni Morbidelli | Footwork-Hart | 1:26.828 | 1:25.447 | +3.495 |
14 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 1:25.661 | sen tempo | +3.709 |
15 | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:28.439 | 1:25.808 | +3.856 |
16 | 24 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 1:27.615 | 1:25.969 | +4.017 |
17 | 4 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 1:28.123 | 1:26.473 | +4.521 |
18 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:27.714 | 1:26.913 | +4.961 |
19 | 29 | Jean-Christophe Boullion | Sauber-Ford | 1:30.014 | 1:27.145 | +5.193 |
20 | 11 | Domenico Schiattarella | Simtek-Ford | 1:29.439 | 1:28.337 | +6.385 |
21 | 16 | Bertrand Gachot | Pacific-Ford | 13:33.570 | 1:29.039 | +7.087 |
22 | 21 | Pedro Diniz | Forti-Ford | 1:34.963 | 1:29.244 | +7.292 |
23 | 12 | Jos Verstappen | Simtek-Ford | 1:29.391 | 1:30.015 | +7.439 |
24 | 22 | Roberto Moreno | Forti-Ford | 1:30.461 | 1:29.608 | +7.656 |
25 | 17 | Andrea Montermini | Pacific-Ford | 1:30.149 | sen tempo | +8.197 |
26 | 10 | Taki Inoue | Footwork-Hart | 1:31.542 | sen tempo | +9.590 |
Fonte:[13] O tempo en negra indica o máis rápido dos dous que determinaron a orde da grella. |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Michael Schumacher | Benetton-Renault | 78 | 1:53:11.258 | 2 | 10 |
2 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 78 | +34.817 | 1 | 6 |
3 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 78 | +1:11.447 | 4 | 4 |
4 | 2 | Johnny Herbert | Benetton-Renault | 77 | +1 volta | 7 | 3 |
5 | 7 | Mark Blundell | McLaren-Mercedes | 77 | +1 volta | 10 | 2 |
6 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 76 | +2 voltas | 14 | 1 |
7 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 76 | +2 voltas | 18 | |
8 | 29 | Jean-Christophe Boullion | Sauber-Ford | 74 | Trompo | 19 | |
9 | 9 | Gianni Morbidelli | Footwork-Hart | 74 | +4 voltas | 13 | |
10 | 21 | Pedro Diniz | Forti-Ford | 72 | +6 voltas | 22 | |
Ret | 24 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 68 | Suspensión | 16 | |
Ret | 26 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 65 | Trompo | 12 | |
Ret | 4 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 63 | Caixa de cambios | 17 | |
Ret | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 60 | Acelerador | 11 | |
Ret | 16 | Bertrand Gachot | Pacific-Ford | 42 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 41 | Trompo | 5 | |
Ret | 25 | Martin Brundle | Ligier-Mugen-Honda | 40 | Trompo | 8 | |
Ret | 10 | Taki Inoue | Footwork-Hart | 27 | Caixa de cambios | 26 | |
Ret | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 26 | Trompo | 15 | |
DSC | 17 | Andrea Montermini | Pacific-Ford | 23 | Descualificado | 25 | |
Ret | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Peugeot | 22 | Trompo | 9 | |
Ret | 6 | David Coulthard | Williams-Renault | 16 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 22 | Roberto Moreno | Forti-Ford | 9 | Freos | 24 | |
Ret | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 8 | Motor | 6 | |
NTS[14] | 12 | Jos Verstappen | Simtek-Ford | 0 | Caixa dee cambios | 23 | |
NTS | 11 | Domenico Schiattarella | Simtek-Ford | 0 | Danos | 20 | |
Fonte:[15] |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1995 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1995 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1995 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1994 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1996 |
{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Roebuck, Nigel (1995-06-01). "Monaco GP: Schumacher streets ahead". Autosport 139 (9): 26.
- ↑ Domenjoz, Luc (1995). "The 17 Grand Prix - Grand Prix de Monaco". Formula 1 Yearbook 1995. Chronosports Editeur. p. 117. ISBN 2-940125-06-6.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Henry, Alan (1995). "1995 Grands Prix: Spanish Grand Prix". Autocourse 1995-96. Hazleton Publishing. p. 127. ISBN 1-874557-36-5.
- ↑ FIA Formula 1 World Championship – 1995 Season Review (VHS). Duke Video. 1995-12-11. EAN-13 5 017559 034955. Consultado o 2012-05-29.
- ↑ 5,0 5,1 Roebuck, Nigel (1995-06-01). "Monaco GP: Schumacher streets ahead". Autosport 139 (9): 28.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 4". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 5". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 6". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 7". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 8". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 9". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 10". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Henry, Alan (1995). "1995 Grands Prix: Monaco Grand Prix". Autocourse 1995-96. Hazleton Publishing. pp. 128–129. ISBN 1-874557-36-5.
- ↑ Ou resultado de Jos Verstappen dáse a miúdo como unha retirada en lugar dun fallo no inicio, a pesar de que non tomou a segunda saída.
- ↑ "1995 Monaco Grand Prix". formula1.com. Formula One Administration. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 2010-08-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1995 |