Abrir o menú principal

Museo de Belas Artes da Coruña

(Redirixido desde "Museo de Belas Artes")

O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade autonómica, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Museo de Belas Artes da Coruña
CORUÑA - MUSEO BELAS ARTES - 3 PISOS.jpg
Tres dos andares do museo.
Coordenadas43°22′19″N 8°24′00″O / 43.372, -8.400
PaísGalicia
CidadeA Coruña
DirectorÁngeles Penas Truque
Inauguración1995
Superficie+5.000 m2
Sitio WebMuseoBelasartesCoruna.Xunta.es

HistoriaEditar

O museo de Belas Artes da Coruña fundouse sen sede fixa en 1922.[1] Entre 1947 e 1995 a súa sede foi a Casa do Consulado,[2] cedida por iniciativa do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor[1]

O edificio actual, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto inaugurouse en 1995.[3]

DescriciónEditar

Presenta numerosas obras procedentes do Museo do Prado, pintura española e europea dos séculos XVI ao XX, e pintura galega do XIX e do XX. Expón tamén unha ampla colección de gravados de Goya e pezas de cerámica de Sargadelos.

Galería de imaxesEditar

Porta de acceso. 
Cabeza de ancián.
Jenaro Carrero
Filla do pintor bordando.
Jenaro Carrero. 
 
Espazo adicado á pintura dos séculos XVI e XVII.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 O MUSEO / HISTORIA
  2. Casa do Consulado
  3. "Museo de Bellas Artes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar