Spirit
Spirit 210C
Nome completo Spirit Racing
Bandeira
Baseada en Reino Unido
Tempadas en activo 3 (1983-1985)
Número de pilotos Stefan Johansson
ItaliaMauro Baldi
Países BaixosHuub Rothengatter
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1983
Carreiras 25 (23 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de San Marino de 1985

Spirit Racing foi un equipo de Fórmula 1 do Reino Unido. Disputou 23 Grandes Premios entre 1983 e 1985. No seu primeiro ano na categoría, o seu fornecedor de motores foi Honda, que volvía á Fórmula 1 despois de 15 anos ausente.

Historia editar

 
Thierry Boutsen F2 Spirit 201

Fundada en 1981 por Gordon Coppuck e John Wickham,[1] Spirit tivo unha estreita relación con Honda. Malia ser relativamente novos nas carreiras de fórmula, seleccionaron a Spirit para usar o motor serie RA V6 de 2 litros de Honda no Campionato Europeo de Fórmula Dúas en 1982, correndo con Thierry Boutsen (que gañou tres roldas da serie) e Stefan Johansson.

Honda estaba disposta a pasar a Fórmula Un e Spirit modificou as especificacións do chasis do 201 F2 para á F1 e comezou un programa de probas en novembro de 1982 en Silverstone, planeando entrar no Campionato do Mundo de 1983 a metade de tempada. En Honda estaban ansiosos por manter un perfil baixo para o programa (como o fixeran anteriormente en 1964 co seu equipo de Gran Premio); así deixaron marchar a Boutsen (visto como unha estrela en ascenso) en favor da Johansson (visto como un talento en caída logo dun debut decepcionante con Shadow en 1980). A instancias de Honda o equipo evitou os ensaios, ao mesmo tempo que outros equipos de Fórmula Un, principalmente en Willow Springs, pero tamén en Jacarepaguá en 1983.

Posteriormente, o equipo fixo o seu debut na Carreira de Campións de 1983 en Brands Hatch non valida para o campionato. Malia o quilometraxe feito nas probas polo equipo (e o establecemento do segundo mellor tempo nos adestramentos libres) Johansson non puido lograr un tempo na clasificación logo de problemas co motor e comezou desde o fondo da grella, retirouse cedo logo de perforar o radiador nunha colisión con Roberto Guerreiro. O equipo regresou ás probas, facendo máis de 15.000 quilómetros en sesións en Silverstone, Brands Hatch e Donington antes de participar no Gran Premio de Gran Bretaña. Johansson 14º cualificado logo de continuos problemas técnicos loitou brevemente co Lotus de Nigel Mansell antes de retirarse coa bomba de combustible rota. Posteriormente, o equipo continuou a tempada, pero os problemas mecánicos seguiron minando o coche malia mostrar unha velocidade digna; o seu mellor resultado foi sétimo en Zandvoort.

 
Primeiro chasis de Fórmula Un dun Spirit, o 201C

Honda preocupabase pola falta de progreso e estaba sendo cortexada por Williams, que necesita un motor turbo e tiña un piloto estrela en forma Keke Rosberg. A compañía xaponesa optou por apoiar a Williams para 1984 e logo dun fin de semana de pesadelo no Gran Premio de Italia (onde presentouse o primeiro coche de F1 deseñado por Spirit, o 101, pero non puido correr logo dun montón de problemas técnicos) decidiron que non eran capaces de proporcionar motores para dous equipos e deixaron o equipo de Wickham.

Spirit decidiu continuar en 1984 con motores Hart turbo. Inicialmente o dúas veces campión do mundo Emerson Fittipaldi e o millonario italiano Fulvio Ballabio, eran os pilotos previstos polo equipo. Pero Fittipaldi abandonou, logo de atopar o coche pouco competitivo e atopar un posto na IndyCars e a Ballabio foille negada a Súper Licenza. En cambio Mauro Baldi atopou fondos e foi nomeado como único piloto do equipo, Johansson liberado, non puido atopar o financiamento necesario para continuar. O 101 era un bo coche, pero con pouca potencia e Baldi loitou para afastarse da parte traseira da grella. Jean-Louis Schlesser planeara substituílo na terceira carreira antes da ameaza dun litixio con RAM (o francés aínda debíalles cartos) polo que Baldi quedou ata que Huub Rothengatter achegou máis. Cando o holandés quedou sen diñeiro, Baldi atopou fondos suficientes para completar a tempada. O mellor resultado do equipo foi o oitavo lugar, anotado por Baldi en tres ocasións e por Rothengatter unha vez.

O chasis 101 (mellorado progresivamente durante 1984) actualizouse de novo para 1985 e Baldi continuou pilotando. Allen Berg concertara un acordo para tomar o asento máis adiante na tempada, pero o diñeiro cada vez era máis escaso, e logo de tres roldas Wickham decidiu aceptar unha oferta de Toleman para comprar o contrato de pneumáticos do equipo e pechou o equipo de F1. Wickham inicialmente prometeu estar de volta cun coche novo en 1986, pero nunca sucedeu. Spirit rexurdiu brevemente na Fórmula 3000 en 1988, correndo con Bertrand Gachot con certo éxito, pero Wickham deixou o equipo a metade da tempada e o equipo pechou ao final do ano.

Resultados na Fórmula 2 editar

(Chave) (resultados en negra indican pole position)

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto(s) 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13
1982 Spirit 201 Honda V6 B SIL HOC THR NUR MUG VAL PAU SPA HOC DON MAN PER MIS
  Thierry Boutsen 12 2 3 1 4 6 2 1 Ret 9 4 1 6
  Stefan Johansson Ret Ret 14 6 3 4 7 Ret 4 11 Ret 11 7

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1983 Spirit 201
Spirit 201C
Honda RA163E
V6 (t/c)
G BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA 0 NC
  Stefan Johansson Ret Ret 12 7 Ret 14
1984 Spirit 101
Spirit 101B
Hart 415T
S4 (t/c)
P BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL GBR ALE AUT NED ITA EUR POR 0 NC
  Mauro Baldi Ret 8 Ret 8 Ret NSC 8 15
  Huub Rothengatter Ret Ret Ret 9 Ret Ret 8
Spirit 101C Ford Cosworth DFV
V8
NSC
1985 Spirit 101D Hart 415T
S4 (t/c)
P BRA POR SMR MON CAN DET FRA GBR ALE AUT NED ITA BEL EUR RSA AUS 0 NC
  Mauro Baldi Ret Ret Ret

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar