Conversa usuario:Estevoaei/2013

Último comentário: hai 10 anos de Elisardojm no tópico RE:Toolserver

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Re:Coordenadas

editar

Boas Estevo. Xa vin que no asistente para a creación de artigos aparecen as coordenadas. Non as estaba a poñer porque me ralentizaba a creación de artigos. Non é que quera batir ningún record, senón que debo ser dos poucos que aínda cren que se pode chegar aos 100.000 artigos en marzo. É por iso que ando a fume de carozo. As coordenadas tiña pensado poñelas con calma despois do aniversario, pero vouche facer caso e comezar a poñer as coordenadas. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de xaneiro de 2013 ás 00:06 (UTC)Responder

  • Secundo o escrito por Xosé Antonio, vou ver se me é sinxelo meter eses datos agora, segundo os vou creando. De todos os xeitos teño pensado pegarlle unha revisión xeral aos topónimos de lugares con vistas a unha posíbel categorización onomástica. Un saúdo --Servando2 (Dime) 3 de xaneiro de 2013 ás 00:21 (UTC)Responder

Camisetas

editar

Boas meu feliz ano e iso! :) Mira, que hai que ir pechando o do presuposto das conferencias, puxen o outro día uns comentarios sobre o tema das camisetas, habería que saber que tipo de imaxe imos poñer, se non queremos a que propuxen eu, a cantidade e o prezo de cada unha. Poderías revisar isto e dicirme algo na páxina do proxecto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2013 ás 13:44 (UTC)Responder

RE: Liceo

editar

Boas Estevoaei!! Pois estaría ben se tiveras algunha foto do Liceo que non estivera a contraluz, o certo é que non adoito ir coa cámara aos partidos e se tiro algunha é co mobil (agás na final da CERS). Se tes algunha que se vexa un pouco cerca sería perfecto, e se puideras ter algunha foto individual dos xogadores xa sería a repanocha (o único xogador que ten foto é Bargalló, e a que hai é coa camiseta da selección catalá) para poder engadir. Anda moi escaso de imaxes o hockey a patíns, é unha mágoa, cando as podas subir avísame e vemos o que facemos con elas. Unha aperta e moitas grazas!!! Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 10:21 (UTC)Responder

Petición

editar

Podes ver esta petición Conversa_modelo:Wikipedialinguas#Nova_actualizaci.C3.B3n? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de xaneiro de 2013 ás 10:32 (UTC)Responder

Fotos da AELG do M para adiante

editar

Vou ir facendo estes días. Grazas!!!

Ramiro Torres (conversa) 28 de xaneiro de 2013 ás 21:44 (UTC)Responder

Metidos o M e o N. Aparentemente sen problemas. Seguimos estes días!!!

Ramiro Torres (conversa) 29 de xaneiro de 2013 ás 20:54 (UTC)Responder

Souto

editar

Vaites!, pois eu busquei na referencia do DOG da Xunta no que se inclúe no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras e pon Rozabales, así andamos...:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2013 ás 12:07 (UTC)Responder

Deixei a páxina como Souto de Rozavales e a outra como redireción, xa que é a que ten o nome no Nomenclátor como me dixeches, e puxen tamén o nome de Rozabales cunha nota. Cando podas bótalle un ollo e mételle man ó que non che cadre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2013 ás 03:09 (UTC)Responder

Macbeth

editar

Boas Estevo!! Vin que creaches unha páxina de homónimos de Macbeth, entre as óperas que se citan está tamén a de Verdi, mais o título do artigo é Macbeth (ópera). Non o puxen eu porque está o marcador. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 13:28 (UTC)Responder

Boas! En parte tes razón, mesmo toda a razón. O feito de que o título sexa "Macbeth (ópera)" vén da tradución que fixen, sen embargo unha cousa si que é certa, de todas as óperas que levan o título de Macbeth, a de Verdi é de largo a máis importante. Se te fixas nas estatísticas de Operabase (aquí) podes ver que é a 24ª ópera máis representada do mundo (173 representacións entre 2005 e 2010), mentres que a de Bloch por exemplo tivo só dúas representacións, a de Shostakovich é en realidade Lady Macbeth de Mtsensk, das outras dúas non atopei referencias nos libros que manexo síntoo (polas datas de composición deduzo que moi representadas non serán, mais é unha opinión). Poderías mudar o título por Macbeth (Verdi) sen ningún problema, a min écheme igual un que outro, seguramente teñas ti máis razón. Por outra banda, se estas interesado no tema das óperas, nos próximos días espero poder rematar o artigo de Wozzeck, está a quedar bastante completo (de feito creo que o máis completo do tema), se lle queres votar un ollo por temas ortográficos e estéticos, avísoche cando remate (esta semana ou a próxima a máis tardar). Moitas grazas e unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 14:20 (UTC)Responder
Grazas pola corrección Estevo!! Ups!!! Agora entendes por qué che pedín o da revisión, non? jajaja. Moitas grazas por todo! Para calquera cousa que queras aquí ando (agora menos que antes, pero vou andando), e tentarei axudar no que poda (aínda me lembro do das imaxes do Liceo ;)). Unha aperta meu!! Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2013 ás 16:38 (UTC)Responder

RE:formato topónimos

editar

Boas, Estevoaei. No que me dixeches dos topónimos, movinos cara ese artigo en concreto en lugar de dixalos para unha páxina de homónimos, porque polo momento aínda non existen outras cidades con ese mesmo nome na Galipedia, ademais acabo de mirar na wikipedia inglesa e para Hialeah só aparece Hialeah, Florida, pero en Irvine si que existen varias cidades co mesmo nome, polo que cambiarei a redirección á páxina de homínimos. Saúdos. --JaviP96 11 de febreiro de 2013 ás 11:50 (UTC)Responder

Desambiguar V de Vendetta

editar

Son un pouco torpe, e xa fixen un desaguisado hai tempo noutra Wikipedia ao intentar desambiguar. Poderíasme facer esa desambiguación? Así que estea, póñome a crear contido para o cómic. --Rosamf (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 12:38 (UTC)Responder

Literatura galega medieval

editar

Non foi sen tempo, mais xa están pasados á Literatura galega medieval os artigos que lle corresponderían desde a de Literatura medieval.

Que criterio podemos usar para definir as Subcategorías?

Saúde e apertas!!!

Ramiro Torres (conversa) 12 de febreiro de 2013 ás 13:24 (UTC)Responder

RE: Global rollback

editar

Éche unha páxina pequerrecha. Non hei tardar demasiado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13 de febreiro de 2013 ás 12:56 (UTC)Responder

  Feito! Velaquí a tes: meta:Global rollback/gl. --Toliño Fala aquí comigo 13 de febreiro de 2013 ás 19:28 (UTC)Responder
Polo de agora, o sistema de categorías galegas en Meta está bastante verde. Eu deixaríao así, pero se ti queres podes comezar a desenvolvelo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13 de febreiro de 2013 ás 23:18 (UTC)Responder

Formato artigos

editar

No caso de artigos sobre países os que vin veñen todos primeiro historia e logo xeografía (Alemaña, Serbia, Finlandia, Suecia, Brasil...), igual deberíamos unificar ese criterio para países e cidades. A mín persoalmente dame igual a orde, o único e que o apartado de etimoloxía debería ir pegado ao de historia. En outras wikipedias a orde soe ser Etimoloxía, Historia, Xeografía, Política, Cultura (coas súas variacións de Economía, etc). Un saúdo e bo traballo! --Adorian (fálame) 13 de febreiro de 2013 ás 13:12 (UTC)Responder

Petición

editar

Oks, poreime a elo en breve, que agora, se non me falla a memoria, coido que non teño ningunha petición atrasada. O sábado pasareime, sabes a que hora é o concerto? E o día 9 agardo poder estar. Un saúdo! --Beninho (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 00:27 (UTC)Responder

A ver que pasa :)

editar

Será posible que non teñamos nengunha imaxe de Manuel Manquiña? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 11:39 (UTC)Responder

Xa temos foto, grazas a Praza Pública :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2013 ás 08:33 (UTC)Responder

titulo dos artigos

editar

Tomo nota do cambio de nome, pero non entendo a que te refires co do resumo da edición. saúdos! --Anton45 (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 21:52 (UTC)Responder

tomo nota tamén, e grazas! que a estas alturas xa debería saber estas cousas....

--Anton45 (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 22:00 (UTC)Responder

Vila de Cruces

editar

Ola Estevoaei, grazas por decatarte do erro. En canto ao da poboación e as coordenadas, tiña intención de facelo cando acabe de crear os artigo dos lugares que faltan, porque ademais diso tamén hai que completar cos cadros de datos e homónimos. Grazas polo consello e un saúdo cordial--Pontesiño (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 22:10 (UTC)Responder

Re:Imaxes Praza

editar

Podería ser, pero como nesa páxina non teñen os datos do autor nin da licenza entón non podemos aseguralo polo que eu o que fago nestes casos é ser conservador para non pillar os dedos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 23:15 (UTC)Responder

Froebel

editar

Ola, pois vai indo!! encantaríame quedar con vós para tomar algo, pero polas mañás estou na escola facendo as prácticas e non podo faltar. podería ser outro día?? se cadra o sábado, parécevos?? Un saúdo e grazas!--Chairego_apc (si) 27 de febreiro de 2013 ás 19:33 (UTC)Responder

Mapas

editar

Pois esa era a miña idea, e de feito agora andaba co concello de Bueu, pero entretíveme facendo o de Ons polo camiño. Cando remate de conquistar o Morrazo tirarei cara Pontevedra. Un saúdo! --Beninho (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 10:12 (UTC)Responder

Artigos de lugares

editar

Ola Estevoaei. Nestes días estiven elaborando os artigos de lugares dos concellos de Vila de Cruces e Lalín e agora ando a actualizar os datos de poboación de ambos concellos, pero acabo de darme conta de que moitos dos lugares dos artigos que creei non se atopan no Nomenclátor. Que fago entón? Grazas de antemán.--Pontesiño (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 11:15 (UTC)Responder

Ola Estevoaei. Si, era iso o que pretendía dicir, só que non o souben expresar. Grazas pola axuda e a próxima vez non me poñerei a crear artigos con tan pouco contido coma un tolo, porque desta vez creo que me pasei un pouco. O dito, grazas.--Pontesiño (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 20:27 (UTC)Responder

Flores de Galicia

editar

Boteille unha ollada ao que me comentas, e non sei se o saberei facer ben. Teño moitos problemas para entender como é debido como funciona o dos formatos dos artigos... Xa caro me custou aprender a poñer as referencias! Intentarei subir menos fotos, e que a información de cada foto sexa o máis completa posible. Tampouco quero dar traballo extra, que xa hai abondo ;) --Rosamf (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 17:10 (UTC)Responder

Maitê Proença

editar

Ola Estevoaei. Como supoño xa sabes o artigo Maitê Proença corresponde a un artigo de eliminación rápida, marqueino con {{Atención}} por se algún colaborador quixera acrecentalo. Mudar o marcador {{Atención}} polo marcador {{Personalidades en progreso}} é un procedemento irregular se non muda o status do artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2013 ás 08:59 (UTC)Responder

O marcador achegaba información abonda para saber cal é o problema do artigo. Usei o marcador seguindo os usos e costumes do wiki. Ademais o feito de usar ese marcador e non directamente {{lixo}} ofrece a posibilidade de que un administrador valore se procede a corrixilo ou ben a borralo. Mudar {{Atención}} por {{Personalidades en progreso}} transforma un artigo con problemas graves que deben corrixirse axiña noutro que permanece á espera de acrecentarse pero sen ningunha urxencia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2013 ás 09:20 (UTC)Responder
Ola Estevoaei. Grazas pola resposta. Quero aclarar que antes de poñer o marcador comprobei as condicións de creación do artigo e o IP. Por desgraza, os artigos curtos de máis chaman a outros e axiña o wiki aparece inzado de artigos dunha liña. De aí vén a miña preocupación. Deste intercambio de mensaxes deduzo que se poden facer artigos dunha liña sempre e cando teñan formato e se engada un marcador en progreso, que non é preciso identificar as entradas curtas de máis e que os usuarios son quen de discernir que marcador poñer agás no caso de escoller entre os que indican atención e en progreso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2013 ás 21:16 (UTC)Responder

Proposta

editar

Boas, fixen unha proposta urxente na taberna, se tes un momento bótalle un ollo a ver que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 09:48 (UTC)Responder

Fixen tamén unha especie de nota de prensa polos dez anos e os 100 M artigos, mételle man todo o que queras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 13:23 (UTC)Responder

Cinema

editar

Ok, paréceme boa idea. Intentarei ir quitando algún da lista. Coñezo o Liceo Mutante de oídas pero aínda non tiven ocasión de ir, semella interesante. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 17:41 (UTC)Responder

RE: USC

editar

Corrixín ás bravas o problema (que debe vir do código das táboas) co modelo {{clear}}. Sobre o tema das coordenadas, o modelo non o vexo difícil de facer, mais se unicamente vai servir para incluír a categoría non sei se a mellor solución é incluír directamente o artigo nesa categoría. --Toliño Fala aquí comigo 14 de marzo de 2013 ás 23:33 (UTC)Responder

RE: Árbore xenealóxica

editar

Vale, tomo nota para cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 21:47 (UTC)Responder

Máis ou menos está listo, Valentín García Bóveda non o puxen porque non sei quen é o pai e non me parecía moi ben poñer só a nai, pero se queres métoo nun momento, ou se me dis o nome do pai. A rama dos Álvarez non a metín porque non da a pantalla, habería que poñelos debaixo dos fillos de Alexandre Bóveda cando deberían estar ó mesmo nivel, e non me convence moito porque así a cousa creo que quedaría un pouco liada, pero se pensas que convén metelos avísame. Bótalle un ollo por se algunha raia está onde non é ou se algún nome non é correcto, modificalo agora é sinxelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 22:29 (UTC)Responder
Boeno, pois ó mellor o que cumpría era facer outra árbore para Darío Álvarez Blázquez, non? Boeno cando o revises xa me contarás. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 23:17 (UTC)Responder
Non teño problema, cando teña outro momento libre a ver se a podo facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 00:26 (UTC)Responder
Fixen uns cambios no modelo, agora, polo momento, poden poñerse as dúas formas, por se alguén trae un modelo da wiki en castelán e non quere modificar iso, tamén cambiei a axuda. Creo que funciona ben, cambiei tódalas árbores que había e vense ben :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 00:53 (UTC)Responder

RE:Portal:Historia

editar

Xa apuntei o da categoría no wikiproxecto historia e cando poida póñome con ela. Unha aperta. --JaviP96 18 de marzo de 2013 ás 14:16 (UTC)Responder

RE: Minúscula no título

editar

Temos o modelo {{Minúscula}} que fai o traballo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de marzo de 2013 ás 14:09 (UTC)Responder

Bran

editar

Ola! Grazas polas correccións, e iso que dubidei co das comas, pero pensei que se reservaba a lugar, parroquia, concello. O que si teño que revisar é o das ligazóns, especialmente ás diferentes linguas, que si mudou. Novamemte grazas, seguimos a traballar. Saúdos.Nachonion (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 17:39 (UTC)Responder

Re

editar

Grazas pola benvida. Un saúdo. Bernard (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 13:16 (UTC)Responder

RE: Foto

editar

Xa está, tela en Ficheiro:Praza Publica Laura Ponte 2013.jpg Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2013 ás 00:40 (UTC)Responder

Esquecín dicirche que tamén subín as outras dúas que estaban no artigo, ó mellor tamén poden poñerse noutros artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2013 ás 09:29 (UTC)Responder

Interwikis

editar

Ola, Estevo. Vin que meteras os interwikis de Francisco Neira. Eu non o fixera a mantenta, porque os metera en Wikidata. Pero creo que non sei moi ben como funciona iso, e en que medida nos afecta. Algunhas veces, como no artigo de Francisco, papa, nós non temos interwikis porque están metidos no Wikidata. Non hai texto no noso artigo. De feito, ninguén fixo aparentemente a edición en gl.wp, se miras o historial (ou pasóuseme a min). Pero aquí, por exemplo, cando fun para a cama non existía o interwiki, a pesar de introducir a información en Wikidata. Podes explicarme en dous chíos cómo funciona? --Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de marzo de 2013 ás 09:42 (UTC)Responder

Si, aparentemente funcionou, porque agora le os datos de Wikidata. Pero non sei se hai que facelo sempre así. Ou se esperando unhas horas funciona só. Nin idea. En principio agora poderiamos borrar o texto da páxina da gl.wp e seguirçia collendo os datos da xeral. --Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de marzo de 2013 ás 11:13 (UTC)Responder

RE: Imaxes de hóckey

editar

Boas Estevoaei!! Desculpa a tardanza, non estiven estes días na casa. Parabéns polas imaxes!! Polo que podo distinguir na imaxe, os xogadores do Liceo son (de esquerda a dereita): Jordi Bargalló, Josep Lamas, Matías Pascual, Pablo Añón (creo), Alberto Bodelón (estou seguro ao 99 %, se non me engano xoga no equipo B e algúns co Liceo), Aitor Prada (porteiro sen casco), Lucas Ordóñez, Eduard Lamas, Xavier Malián (porteiro con casco) e Toni Pérez. Polo que respecta aos xogadores do Barça non estou seguro de todos: Marc Torra, Marc Gual, Reinaldo García, Sergio Miras, Sergio Fernández, Pablo Álvarez, Sergi Panadero, Marc Julià (é do que menos seguro estou), Mia Ordeig e Aitor Egurrola. Aos que peor lles vexo as caras é aos do Barça pero estou bastante seguro de que son eses. Non sei cómo vai o tema da dropbox (xa me explicarás, non controlo moito de todas estas cousas), se tal mándame un mail con cómo teño que facer. Moitas grazas e un saúdo!!! Piquito (conversa) 1 de abril de 2013 ás 07:47 (UTC)Responder

Boas!! Xa te contestei, están chulas as fotos, penso que se poden aproveitar varias (algunha máis da que che digo no mail), xa me contarás. Apertas!!!! Piquito (conversa) 1 de abril de 2013 ás 14:49 (UTC)Responder

Boas de novo, verei o que podo atopar de Bodelón, é complicado porque en realidade é xogador do Liceo B e na páxina do club non hai referencias súas. O que si podo facer son as páxinas dos outros, de todos xeitos tentarei atopar algo de Bodelón e actualizarei o resto. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 10:28 (UTC)Responder

Pregunta Interwikis

editar

Ola, hai un ano comentáchesme da necesidade de ligar os novos artigos coa Interwiki, agora fixen dous e quería ligalos, entrei na explicación que hai das interwikis e non vexo como o facer.

Un é dunha escritora, Montserrat Roig, que xa ten artigos noutras linguas, entrei a engadir o galego na páxina en catalán, mais desconfío que non é o xeito.

A outra, Nancy Horan, só está en inglés.

Como hai tanto tempo que non me metía a editar nada na Wikipedia, quería que me botases un ollo no que fixen.

--Imolavirando (conversa) 1 de abril de 2013 ás 11:20 (UTC)Responder

San Domingos

editar

Pois non che sei, Estevo. O que hoxe temos son só as ruínas e no artigo fálase do convento como precedente, pero non se describe: non atopei aínda nada sobre o propio convento, e esa é unha das lagoas do artigo. Pero confío no teu bo criterio e seguramente teñas razón. Pensémolo durante uns días, que podemos aproveitar para conseguir máis información sobre o convento. Acabo de buscar en san Google "Convento de Santo Domingo" e tódalas páxinas que devolve falan das ruínas. Grazas pola túa opinión e considera que o artigo está dedicado a ti, promotor intelectual da criatura. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de abril de 2013 ás 12:14 (UTC)Responder

Vandalismo

editar

Cando revistas vandalismo creo que debes deixar unha mensaxe na conversa do vandalista, por dous motivos. O primeiro para que cese na súa actividade, e o segundo para bloquealo se insiste na súa actitude. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de abril de 2013 ás 08:35 (UTC)Responder

Si que me refería o artigo Lista de presidentes de México, pero aínda creo que habería poñer o aviso para poder bloquealos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de abril de 2013 ás 09:07 (UTC)Responder

Nomes das especies

editar

Ola Estevoaei, teño moito coidado neste asunto, por iso antes de mover os artigos prego que mo comuniques. Ambas as dúas especies non están recollidas no dicionario da Real Academia, polo que, á hora de dar título ao artigo só emprego o nome común cando aparece no dicionario da RAG, a entrada é abundante en dicionarios galegos ou son lóxicos ou moi estendidos. Ademais son especie con diversos nomes comúns sen que haxa un dominante, coido que deben volver ao nome científico. (Na miña opinión a parte de botánica vai tendo artigos de abondo que fan difícil o uso de nomes comúns, levan á confusión, etc. Xa teño dito que son da opinión de dar a entrada co nome científico e redirixir o común) . Con todo grazas pola túa aportación. Nachonion (conversa) 2 de abril de 2013 ás 14:45 (UTC)Responder

Erros

editar

Ola Esrevoaei. Por favor ten coidado nas túas edicións, porque nesta eliminaches o modelo {{outroshomónimos}}. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 18:05 (UTC)Responder

Crónica do encontro

editar

Boas, fixen unha pequena crónica do encontro de Santiago, se podes bótalle un ollo e engade o que falte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2013 ás 22:19 (UTC)Responder

Interwikis

editar

Malia que non haxa outra Wikipedia que teña o artigo, débese crear o elemento no Wikidata. Por exemplo, eu fíxeno co artigo (O triángulo inscrito na circunferencia -> Q10729109) que acabas de crear. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 8 de abril de 2013 ás 11:55 (UTC)Responder

Ponto Euxino

editar

Completamente de acordo, agora non podo pararme a facelo pero pronto caerá. Penso que habería que integrar isto no apartado etimoloxía e deixar Ponto Euxino como redirección. En canto teña un momento fareino. Un saúdo--Servando2 (Dime) 8 de abril de 2013 ás 21:23 (UTC)Responder

¡Administrador!

editar

Parabéns, Elisardo. Que as novas ferramentas che sexan pouco pesadas. Saúde no futuro. Pedro --Lameiro (conversa) 10 de abril de 2013 ás 23:09 (UTC)Responder

Re:rallys

editar

Hola Estevoaei! Gracias polo aviso. O caso é que non teño moi claro como se otorgan os puntos. Na web da fga non encontro nada. Sei que cada proba ten un coeficiente e en base a ese coeficiente danse os puntos, polo que cada proba puntua de maneira diferentes. Alegrome moito que vaiais o Rally de Noia e saques fotos!! eu espero ir e tamén sacar fotos. Saudos!! --Jorjum (conversa) 12 de abril de 2013 ás 11:28 (UTC)Responder

RE:eliminación de artigos

editar

Vaia, eu buscar busquei, pero debeu ser que busquei as páxinas que ligaban coa conversa.

Si, chegou a factura sen problema, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 09:55 (UTC)Responder

Petición3

editar

Podes ver esta petición e estoutra? Toliño xa mellorou a explicación de como fusionar. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 11:07 (UTC)Responder

Pero por que non os fusionas ti? :) --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 11:38 (UTC)Responder
Non entendo porque engadiches os marcadores de fusionar. Cando a fusión de contidos está feita, hai que poñer o mesmo, e sen os marcadores nas dúas páxinas, para que non dea problemas a fusión de historiais. Así que vounos eliminar. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 12:24 (UTC)Responder
Pero é que senón creo pode dar problemas ó fusionar os historiais, e por un par de horas, ou algunha máis, creo que non pasa nada. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 17:32 (UTC)Responder

Jenaro Villamil Castro

editar

Ola Estevo, vexo que engadiches aos artigos solicitados o de Jenaro Villamil Castro. Verás, creo que tal persoa non existiu pois as únicas mencións que aparecen sobre el son da propia Galipedia e en realidade son erros, pois confúndense e mestúranse os nomes de Jenaro Villamil Castro e José Villaamil Castro, que é a quen realmente se refiren. Procedín a corrixilo. Se ti tes algunha outra información... Saúdos. --Xas (conversa) 22 de abril de 2013 ás 15:30 (UTC)Responder

Proposta

editar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:07 (UTC)Responder

Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe

editar

Ola Estevoaei, que che parecería incluír a listaxe de marcadores de bandeira na páxina de recursos útiles? penso que é de utilidade, xa que cando eu utilizaba marcadores de bandeira nun artigo tiña que ir á categoría é buscalos, co problema da abreviatura utilizada, isto penso que facilita o proceso. Se tés tempo bótalle unha ollada, por se me confundín nalgunha cousa.
Saúdos. --JaviP96 26 de abril de 2013 ás 22:28 (UTC)Responder

Fotografía

editar

Boas Estevo. Acabo de bater cunha foto túa dun peto de ánimas que localizas en Carracedo, Caldas. Segundo os meus datos, o tal peto está en Briallos, Portas, e segundo Turgalicia, tamén. Curiosamente, no artigo sobre Carracedo -que se ilusrtra coa foto do peto) dicimos que é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Caldas de Reis (o cal é certo) pero a seguir engadimos que A parroquia, situada ao sur do concello, está atravesada pola N-550 (o da 550 é certo, pero para nada ó sur de Caldas). Isto último vou corrixilo agora mesmo pero o paso do peto de Caldas a Portas, na descrición da foto, prefiro confirmalo contigo e cunha próxima visita in situ (e aproveitando para tirar unha foto en Carracedo, e así non se nos queda sen imaxe). Xa falaremos. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2013 ás 20:51 (UTC)Responder

Protexer Roberto Vidal Bolaño

editar

Non sei se haberá que protexer o artigo de Roberto Vidal Bolaño, entre onte e hoxe xa se revertiron unha chea de vandalismos, e é unha mágoa que se estrague agora que estamos na semana das Letras, que opinas? --Paradanta (Cóntame) 14 de maio de 2013 ás 11:04 (UTC)Responder

Don Gaiferos

editar

Grazas, completaremos...--Angeldomcer (conversa) 17 de maio de 2013 ás 19:54 (UTC)Responder

RE: Homónimos

editar

Vale, tomo nota. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de maio de 2013 ás 12:02 (UTC)Responder

Re:Help request

editar

Ola Adrián.

Feito: Modelo:Árbore xenealóxica Álvarez - Bóveda:



Por limitacións técnicas do Modelo:Árbore xenealóxica, tiven que obviar a <18> Manuel Bóveda e <19> Ramona Valcárcel (pais de <15> Juan Bóveda Valcárcel). Penso que o resto está segundo mo especificaches. Bótalle un ollo. --. HombreDHojalata.conversa 21 de maio de 2013 ás 07:28 (UTC)Responder

My Generation

editar

  Feito! --Beninho (conversa) 21 de maio de 2013 ás 17:08 (UTC)Responder

RE: Recoñecemento orixe información

editar

Moitas grazas polo aviso. Coas présas nunca me lembro. Unha aperta! --Krisko (conversa) 24 de maio de 2013 ás 10:04 (UTC)Responder

RE:petición

editar

Claro, en canto teña un momento estarei encantado de facelo, aínda que tampouco me fiaría demasiado do artigo da wiki española, que fixo súa maior parte unha ip e que non ten referencias. Pero non te preocupes, seguro que me amaño. Saúdos! --JaviP96 25 de maio de 2013 ás 19:06 (UTC)Responder

Preguntas para ti

editar

Aquí: Conversa Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias. Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2013 ás 14:39 (UTC)Responder

RE: Petición técnica

editar

Veño pola petición técnica referente ao modelo {{Hab info}}. Facer o que pides de xeito automático non o vexo posible sen a necesidade dun parámetro adicional. É dicir, pódese modificar o modelo para usar as contraccións correctas sempre que se modifiquen todos os artigos nos que haxa que corrixir o problema.

Si, todo vai ben. No último mes estiven algo afastado da Galipedia, pero a partir de agora agardo dedicarlle máis tempo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 14:12 (UTC)Responder

RE: Petición técnica

editar

Veño pola petición técnica referente ao modelo {{Hab info}}. Facer o que pides de xeito automático non o vexo posible sen a adición dun parámetro adicional. É dicir, pódese modificar o modelo para usar as contraccións correctas sempre que se modifiquen todos os artigos nos que haxa que corrixir o problema.

Si, todo vai ben. No último mes estiven algo afastado da Galipedia, pero a partir de agora agardo dedicarlle máis tempo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 14:12 (UTC)Responder

Galeguizar Igrexa católica

editar

Boas Adrián, vin que puxeches o marcador de Galeguizar en Igrexa Católica Romana. Antes de engadir nada quería manifestarche as miñas dúbidas. É pertinente? É dicir, o artigo trata sobre dita Igrexa a nivel mundial, entendo que habería que crear un de Igrexa Católica en Galicia e que este si debería ser galego.

Porén, se pensas que debería o artigo reflectir algo sobre GZ, abondaría cunha sección "Distribución no mundo", cun subapartado de "Igrexa Católica en Galicia"?

Grazs! --Norrin_strange (Fala-me) 3 de xuño de 2013 ás 14:55 (UTC)Responder

RE:Oza-Cesuras

editar

Refíreste ás categorías de imaxes dentro da Galipedia ou en Commons? Fago o que me digas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 13:06 (UTC)Responder

Comezarei esta noitiña, pero pouco a pouco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 13:11 (UTC)Responder
Tamén podo facer o mapa de localización, se non está feito pola noite comezarei con iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 13:12 (UTC)Responder

Non sería mellor manter coma redireccións as parroquias co nome anterior (por exemplo, Cis, Oza dos Ríos) e non borralas? Aínda por moito tempo vai perdurar na memoria colectiva a antiga adscrición municipal e seguro que aínda se procurarán así na rede. Que opinas? Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 8 de xuño de 2013 ás 13:13 (UTC)Responder

Tiña intención de ir mudando os modelos de parroquias e lugares vellos polos novos, pero xurdiume unha dúbida. Supoño que os modelos vellos bórranse do artigo, non si?--Paradanta (Cóntame) 9 de xuño de 2013 ás 10:31 (UTC)Responder

Si, eu borrei os modelos de parroquias e lugares vellos polos novos porque agora que xa están os novos é información repetitiva, poden manterse para usar nos artigos dos concellos vellos de Oza dos Ríos e Cesuras.
Das imaxes non fixen moito, fixen o mapa e a galería do concello (fusión da dos vellos) e HombreDHojalata xa fixo a categoría do concello Oza-Cesuras, e puxo como subcategorías as dos concellos vellos. Non estou seguro de que haxa que mesturar todas as subcategorías que colgan desas ou deixalas por separado para usar nos artigos dos concellos vellos de Oza dos Ríos e Cesuras..., pero se hai que facelo faise, eh? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2013 ás 11:58 (UTC)Responder
Agora estiven pensando que o que se podería facer sería meter tódalas subcategorías de imaxes dos concellos de Oza e Cesuras en novas categorías para o concello de Oza-Cesuras, así dese xeito mantemos a estrutura actual de categorías nos concellos vellos, para que se sigan usando nos sitios nos que están e tamén como categorización válida, e enchemos a nova categoría do concello de Oza-Cesuras. Penso que esta é a mellor opción, ti que dis? Esta estrutura valería tamén para as categorias dos artigos deses concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2013 ás 15:34 (UTC)Responder
Boeno, polo momento vou facer a estrutura de categorías para Oza-Cesuras e meterlle as subcategorías dos dous concellos, logo, máis adiante se vemos que xa non fan falta as categorías de Oza e de Cesuras pois xa as quitaremos que iso non é tanto choio.
Eu tampouco me decatara do dos mapas de situación, diso tamén me podo encargar eu, ós poucos, e de paso había que quitar dos mapas a atribución de Alyssalover que non pode aparecer nas imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2013 ás 18:10 (UTC)Responder

Despois de desfacer un par de entortos xa están as categorías de imaxes de Oza-Cesuras, non borrei as de Oza nin as de Cesuras porque penso que poden manterse polo momento. Agora vou revisar como está a categoría de Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2013 ás 09:41 (UTC)Responder

Xa está o de Commons, xa fixera algo HombreDHojalata pero foi moito máis doado porque alí non se van duplicar as categorías, polo menos polo de agora.
Se ves para a semana estaría xenial, e se o precisas en casa teño un sofá-cama libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2013 ás 12:49 (UTC)Responder

Despois de centos de edicións a man e milleiros co bot, coido que o gordo xa está todo feito. O da orde alfabética dentro dos homónimos déixoo para outro momento ou outro usuario. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2013 ás 16:37 (UTC)Responder

Re:

editar

Boas, Estevoaei! aunque xa tiña en conta o mensaxe, moitas grazas polo tu aviso. Saúdos para vos.----X4v13r3 (fálame) 29 de xuño de 2013 ás 06:03 (UTC)Responder

jei, faré o retiro dos mensaxes.----X4v13r3 (fálame) 29 de xuño de 2013 ás 19:37 (UTC)Responder

Topónimos

editar

Non sabía que mudara a política sobre topónimos. Grazas pola información. Tamén deixei un comentario en Costa do Marfil ou de Marfil, pero niso non quero teimar, porque non estou seguro. E que caín por esas páxinas porque estou a ampliar a páxina da SIDA e neses países de África hai moita.--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2013 ás 18:29 (UTC)Responder

Os Ánxeles, California

editar

Ola Estevoaei, creo que habería que trasladar Os Ánxeles, California a Os Ánxeles, xa que é sen dúbida o topónimos máis utilizado, que che parece? --JaviP96 30 de xuño de 2013 ás 10:55 (UTC)Responder

Se se deixa a cidade estadounidense como Os Ánxeles, California, efectivamente habería que trasladar Os Ánxeles (homónimos) a Os Ánxeles. Porén paréceme mellor deixar nesa páxina a cidade americana, o que lle facilitaría á maioría dos lectores atopala. Se seguiramos un propósito didáctico teríamos que trasladar, por exemplo, Galicia e deixar nese título Galicia (homónimos), o mesmo con Nova York (homónimos)... Pero o mellor será como ti dis, abrir un debate e facer o que se decida. Saúdos! --JaviP96 30 de xuño de 2013 ás 21:46 (UTC)Responder

Árbore e cheminea

editar

Árbore amañada.

A cheminea non está preto, esta dentro do Cámping Playa América 42°8′16.6″N 8°48′32.2″O / 42.137944, -8.808944. Apunto o pedido. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2013 ás 20:43 (UTC)Responder

Fusión de barcos

editar

Paréceme ótimo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de xullo de 2013 ás 13:47 (UTC)Responder

Boas Estevoaei. Como di en Wikipedia:Elección_de_administradores hai que notificar a apertura dunha votación en Wikipedia:A Taberna (propostas). E como di aquí duran 15 días e non 30. A ver se nos lemos as normas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de xullo de 2013 ás 22:49 (UTC)Responder

Re:Álvarez Blázquez

editar

--. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2013 ás 20:24 (UTC)Responder

Título longo en cursiva

editar

Xa o amañei.

O modelo, de entrada, unicamente funciona con títulos de ata 50 caracteres. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2013 ás 19:15 (UTC)Responder

RE

editar

Boas Estevo! Farei os artigos que pediches. --Norrin_strange (Fala-me) 22 de xullo de 2013 ás 06:25 (UTC)Responder

Relingas

editar

Ola compañeiro. Moito te agradecín o que fixeches no asunto das mariolas. Agora me gustaría, se tes tempo e ganas, que lle botaras unha ollada aos pequenos artigos que acabo de editar Relinga (pesca) e Relinga (homónimos). Aquí o caso é diferente ao das mariolas, xa que se trata de dous conceptos similares e que, en todos os dicionarios (incluído o da RAG) veñen como acepcións do mesmo termo, así que considero que máis ben o que procedería sería ampliar o artigo Relinga, engadíndolle o significado que ten nas artes de pesca, e borrar tanto Relinga (homónimos) como Relinga (pesca). Se che parece ben, eu mesmo podería facer a fusión (e mais pedir o borrado). Un saúdo.--XoioÉche o que hai 28 de xullo de 2013 ás 18:30 (UTC)Responder

Moitas grazas polos arranxos (que pensaba facer eu, se che parecía ben a ti, que che pareceu). O artigo, aínda que pequeno (haberá que buscar máis informaciós), quedou moi chulo. Grazas.--XoioÉche o que hai 29 de xullo de 2013 ás 15:40 (UTC)Responder

Problemas cun pé de foto

editar

Boas Estevoaei!! Se tes un momentiño poderías mirar que pasa co pé da imaxe da caixa de información de Ludwig Schnorr von Carolsfeld? Non sei cómo amañalo para que o texto saia en letra pequena. Moitas grazas e unha aperta!! Piquito (conversa) 29 de xullo de 2013 ás 08:48 (UTC)Responder

Si, xa llas meto eu, ao meter a imaxe da tumba se me pasou e como vin que estabas operativo esperei a que o revisaras para non crear conflitos de edición. Moitísimas grazas!! Piquito (conversa) 29 de xullo de 2013 ás 09:03 (UTC)Responder

dragóns e mazmorras

editar

Boas: Serei respectuoso e aceptarei a mazmorra do procedemento. Grazas. --Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 08:25 (UTC)Responder

*Edinburgo *Grenlandia, *grenlandés *grenlandes *grenlandesa *grenlandeses *grenlandesas

editar

  Feito! --. HombreDHojalata.conversa 30 de xullo de 2013 ás 16:20 (UTC)Responder

Romance de don Gaiferos

editar

Boas: Como buscaba emocións fortes, engadín algo máis sobre a autoría do romance. Espero que ningún talibán emita unha fatua contra min. --Angeldomcer (conversa) 2 de agosto de 2013 ás 13:02 (UTC)Responder

teléfono vermello

editar

Boas: Sen problema ningún, tentarei facer o que poida. (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 10:23 (UTC)Responder

Ferreiriños

editar

Bueno. Xa está feito o que me dixeches. Engadín "outros homónimos" en tódalas páxinas e fixen algunhas correccións, inclusive na Lista de aves de Galicia. Quedoume sen facer as interwikis de Ferreiriño palustre e de Ferreiriño cristado porque o wikidata me di, por exemplo, que "O elemento Q8949998 xa utiliza a ligazón de sitio Ferreiriño cristado". Pero clicando nese ¿elemento? non chego a ningún sitio que me dea explicacións. Ti que controlas mellor esas cousas xa o verás. Saúdos e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de agosto de 2013 ás 23:20 (UTC)Responder

Grazas

editar

Moitas grazas por modificar o artigo do castelo do Carbedo. Agradeceríache tamén que me amañaras a foto do muíño de Ferramulín que pon 320px, pois non sei porque a veces ao subir as imaxes non se "poñen" ben na páxina. Outras veces aparecen ben. De que depende? eu poño só o nome do arquivo no lugar correspondente que aparece noutras páxinas editadas, hai que facerlle algunha modificación ás imaxes? Mirarei nos temas de axuda tamén. Estou empezando. Un saúdo!! --Desancristovo (conversa) 15 de agosto de 2013 ás 19:39 (UTC)Responder

Imaxes

editar

moitas grazas polos consellos e cambios. Saudos!! --Desancristovo (conversa) 16 de agosto de 2013 ás 07:16 (UTC)Responder

RE: Título de artigo

editar

Perfecto, xa o cambio eu. Penso que estaría ben que alguén que tivera coñecementos de éuscaro o revisara no futuro, eu fixen o que puiden cos tradutores, mais non é doado traducir artigos de eu.wikipedia, a verdade. Un saúdo!! Piquito (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 00:17 (UTC)Responder

Sobre as mensaxes... si, teño moitas... non sei cómo facer para arquivalas, a verdade, e por eso están ahí. Sei que é incómodo para os que me escribides, porque é incómodo mesmo para min. Apertas! Piquito (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 00:19 (UTC)Responder
Grazas, cando adecente un pouco o portal do ballet fedellarei un pouco no tema. Apertas!! Piquito (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 01:24 (UTC)Responder

RE: mail

editar

Boas, non me chegou nada. Escribiches ao que che dixera eu? O asociado á miña conta de usuario non o teño xa. Por certo, xa me lembro do arquivo de conversas, o farei, son un pouco vago para esas cousas pero o farei. Apertas!! Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 22:03 (UTC)Responder

Xa está, penso que esa conta é válida. Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 22:20 (UTC)Responder
Agora debería estar, esquecinme de gardar os cambios. Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 22:45 (UTC)Responder
Mandaches? Avisame para ver se funciona, por favor. Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 23:08 (UTC)Responder
Téntao agora. Piquito (conversa) 25 de agosto de 2013 ás 00:11 (UTC)Responder

Non sei por qué, pero non me autentifica o correo, seguín todos os pasos, o correo é válido (de feito chegáronme correos de MediaWiki), pero non o autentifica. Mándamo a iagocasper@hotmail.com e vía. Un saúdo! Piquito (conversa) 25 de agosto de 2013 ás 09:42 (UTC)Responder

Xa vin o teu mail. Grazas! Xa tes a resposta. Apertas!! Piquito (conversa) 25 de agosto de 2013 ás 19:00 (UTC)Responder

Boas outra vez Estevoaei! Vasme permitir que trate o tema do mail aquí, xa que considero non é nada confidencial e que o resto de usuarios non deban saber, ademais paréceme o xeito máis rápido de facelo. Como non recibín resposta do último correo que che mandel, vexo que o mes se acaba e non teño claro se vas presentar a miña candidatura, voume deixar de rodeos e argumentar a miña negativa á túa proposta para facerme administrador:

  1. Como xa che dixen no correo, os meus coñecementos técnicos son moi limitados. Considero que un administrador debe ter uns coñecementos maiores a fin de axudar ás/aos nov@s usuari@s en lugar de remitilos a outra persoa e "marear a perdiz".
  2. Aínda que o poda parecer coas miñas propostas de artigos de calidade (algunha de artigos propios), non quero ningún tipo de protagonismo nesta ou en ningunha wiki.
  3. Do mesmo xeito que te dixen no correo, non teño coñecemento de todas as políticas da wiki (e sinceiramente non teño ganas nin tempo de lelas) e mesmo non comparto algunhas (por exemplo a política de exotopónimos).
  4. Non quero ser xuiz e executor de nada. Explícome: non quero xulgar os comportamentos doutros usuarios para bloquealos nin xulgar un artigo por ser curto de máis ou non ser enciclopédico, xa que non me considero en posesión da verdade absoluta.
  5. Non creo que vaia facer uso algún dos "privilexios" de administrador. Ter os botóns por telos non me parece práctico.
  6. Non considero que poda aportar nada como administrador.
  7. Non quero máis traballo do que teño agora. Explícome: se me piden que faga algo como administrador o terei que facer, tendo que deixar o meu traballo para facer esas tarefas.
  8. Case non sei usar as miñas ferramentas de usuario, moito menos as de administrador.
  9. Non quero, ao pouco (ou moito) tempo pedir a miña propia revogación.

Pode que se me pase algunha cousa, mais creo que os argumentos son de peso. Penso que se queres facer unha proposta útil para administrador deberas consultarlle a Usuario:Vivaelcelta (se aínda non o é), xa que ten moitos máis coñecementos e pode axudar máis á xente, aínda que ás veces na miña opinión lle perda a boca (problema menor, xa que hai administradores co mesmo problema). Sinto se te parece algo brusco ou se pensabas que podía aportar cousas boas, mais xa che digo directamente que a Galipedia non se vai resentir por non terme de administrador, de todos xeitos tampouco creo que a votación saira favorable por mor de algún comportamento polémico pola miña parte. É un alago que pensaras en min e agradézoche a mostra de confianza. Non me sinto especialmente cómodo co proceder en asuntos nos que me estou a ver inmerso e non creo que a actitude que adopto sexa axeitada para ser administrador, e creo que esta incomodidade tampouco é bo para un administrador, polo que creo que o mellor é que siga a ser un simple editor. Espero que non te moleste que trate este tema aquí, considero que este tipo de cousas deberan ser públicas. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 12:23 (UTC)Responder

RE: Modelo:S-rel

editar

  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 28 de agosto de 2013 ás 20:13 (UTC)Responder

Traslado

editar

Podes trasladar Ulloa (homónimos) a Ulloa? Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 29 de agosto de 2013 ás 14:19 (UTC)Responder

Petición

editar

Boas Estevoaei! Abrín un fío de conversa na sección de propostas da Taberna, chámase "Peche de ano". Poderías pasarte a opinar sobre o tema? Cantas máis aportacións teñamos mellor. Unha aperta!! Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 22:10 (UTC)Responder

Mármore

editar

Boas rapás! :) Cando teñas un momento a ver se lle podes botar un ollo á conversa do artigo mármore. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2013 ás 07:55 (UTC)Responder

Ola Estevoaei, non atopo como eliminar as imaxes repetidas do arquivo que carguei:Pazo de Lusío Samos Galiza.JPG, pensei que era en reverter e copiuma outra vez. Poderíasme dicir cómo se fai, para eliminar e deixar só unha, por se me pasa outra vez. Un saúdo e moitas grazas.--Desancristovo (conversa) 6 de setembro de 2013 ás 17:40 (UTC)Responder

Referencias externas

editar

Unha dúbida, no artigo que puxen https://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Formigueiros, metinlle unha referencia externa, pero non sei se o fixen ben, porque igual fago publicidade desa páxina, e que mirei noutros castros e parece que poñen referencias, pero non sei que criterio, se segue, se teñen que ser referencias a páxinas de organismos oficiais, ou non ten por qué? Quería poñer esta dúbida na páxina de conversa do Castro de Formigueiros para non volver a molestarte, pero non sei se metía a pata, porque vexo que non se escriben as dúbidas nas páxinas de conversa dos artigos, ou pódese? Un saúdo de novo. --Desancristovo (conversa) 6 de setembro de 2013 ás 19:27 (UTC)Responder

Vuelta a España 2013

editar

Ola! Recibín o teu mensaxe e pois nada máis lelo púxenme mans á obra. Xa está feito: Vuelta a España 2013; bótalle unha ollada a ver se precisa de algo máis, se debo correxir algo e comproba a foto. Non é que sexa un experto na Galipedia e pois eu creo que si ten permisos para ser usada aquí pero por se acaso non vaia ser bótalle unha ollada á imaxe principal. Calquer cousa dime. Un saúdo!

Xuntanza

editar

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:50 (UTC)Responder

Boas, primeiro quero pedirche desculpas por non facer avanzar este tema debidamente pero lamentablemente estes dous últimos meses estiven ocupado con outras cousas. Quería volver a relanzar esta proposta e para iso pediríache que actualizaras as datas nas que estarías dispoñible no mes de novembro para facer o encontro. Tamén propuxen separar o encontro da presentación en Ourense polo que me gustaría que comentaras esa idea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 00:15 (UTC)Responder

Penacova

editar

Boas Adrián. Acabo de ver que moviches a páxina de "Penacova (homónimos)" a "Penacova", pero non teño claro moi cal é o criterio que hai que seguir cos nomes das páxinas de homónimos para topónimos. Nalgúns casos como A Veiga (homónimos), a páxina leva o apelido "(homónimos)" porque que hai un concello galego chamado A Veiga, non é? Nese caso, ó haber un concello portugués chamado Penacova, a páxina de homónimos non se debería chamar "Penacova (homónimos)"? Un saúdo. --Chairego_apc (si?) 13 de setembro de 2013 ás 14:39 (UTC)Responder

Ok. Entendo que os exemplos de Porto, Portugal e Zamora, España leven o "apelido" xa que tamén hai outras poboacións con categoría de concello que levan o mesmo nome, e polo tanto non debería dárselles máis importancia que o resto (ex: Porto, Zamora e Zamora, California). Porén, no caso de Penacova, ó haber só un concello con ese nome non habería este problema. Por outra banda, boteille unha ollada á páxina do concello de Penacova nas demais wikis, e ningunha emprega a forma "Penacova, Portugal". Non sei, igual estoulle a dar voltas de máis ó asunto. Supoño que o mellor é deixalo como está para non rachar co traballo feito nas páxinas de homónimos dos topónimos que non sexan concellos galegos. Un saúdo e grazas polas achegas. =) --Chairego_apc (si?) 13 de setembro de 2013 ás 17:05 (UTC)Responder

Veo

editar

Ola, vin que cambiaches Veo (homónimos) a Veo, mais coido que deberíamos deixar a entrada veo para o tecido, o que máis comunmente chamamos veo (aínda que non estea feito p artigo polo de agora). Saúdos.Nachonion (conversa) 13 de setembro de 2013 ás 19:03 (UTC)Responder

Imaxe

editar

A foto que colguei na páxina Convento de San Francisco de Tui, en detalles aparéceme que non ten copyright. Fun a propiedades e detalles e non me aparecía nada. —o anterior comentario sen asinar foi feito por TelmoPP (conversacontribucións) 17 de setembro de 2013 ás 12:36

Valeeee, teño que achegarme ata a igrexa e botarlle unha foto, porque teño gañas de que apareza, ahh e sinto o do desorde cronolóxico. --TelmoPP (conversa) 17 de setembro de 2013 ás 10:45 (UTC)Responder

RE:fusións

editar

Xa sei que era unha redirección e antes Aeroporto de Alvedro redirixía a Aeroporto da Coruña. E unha vez alguén trasladou manualmente o contido de Aeroporto de Alvedro a Aeroporto da Coruña, entón o que fixen foi recuperar o historial de Aeroporto de Alvedro para poñelo en Aeroporto da Coruña. Pero se hai que usar o nome Aeroporto da Coruña, úsase e listo. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de setembro de 2013 ás 01:04 (UTC)Responder

interwikis das categorías

editar

Boas! si, son consciente, pero gustame o traballo sistematizado e como xa faltaban na maior parte das categorias similares ás que estou creando pareceume máis operativo poñerlle a interwiki a todas seguidas unha vez remate ou me canse... :) Se ves que é mellor que llas vaia poñendo unha a unha tampouco hai problema. Unha aperta! --Anton45 (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 15:52 (UTC)Responder

Charla no CESGA

editar

Boas, para a semana imos ir Agremón e máis eu a Santiago a charlar sobre a Galipedia, se queres e tes tempo ó mellor poderíamos quedar despois para falar un pouco e tomar unhas cervexiñas :). Avisei tamén a Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2013 ás 22:34 (UTC)Responder

Traslado

editar

Podes trasladar Modelo:Morbihan a Modelo:Comunas de Morbihan? É que me trabuquei. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de outubro de 2013 ás 06:41 (UTC)Responder

Grazas. Podes trasladar Checa (homónimos) a Checa sen deixar redirección. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de outubro de 2013 ás 17:00 (UTC)Responder
Eu marquei para eliminar a redirección Modelo:Morbihan, e esta non ten páxinas que liguen con ela. Saúdos! Estou vendo que ó mirar as páxinas que ligan cara o modelo, aparecen. Pero en realidade non hai ningunha. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de outubro de 2013 ás 20:01 (UTC)Responder
O das ligazóns ó modelo Modelo:Morbihan é un erro, así que podes borralo.
E por favor, fai os seguintes traslados. Os dous últimos segundo o acordado en Wikipedia:A Taberna (propostas).
Santa Ana (homónimos) a Santa Ana, sen deixar redirección.
Chablis (homónimos) a Chablis, sen deixar redirección.
Mili (homónimos) a Mili, sen deixar redirección.
Jura (homónimos) a Jura, sen deixar redirección.
Os Ánxeles, California a Os Ánxeles.
Florencia, Italia a Florencia.

Cuestionario

editar

Boas, con moito gusto farei o cuestionario. Paréceme moi interesante o teu proxecto. Para calquera cousa xa sabes. Saúdos, --Breogan2008 (conversa) 6 de outubro de 2013 ás 13:08 (UTC)Responder

Ola Estevoaei, acabo de contestar o cuestionario e concordo con Breogan2008 en que é unha grande idea. Que teñas moita sorte con este traballo e se precisas algo máis, conta comigo. Un saúdo.--Pontesiño (conversa) 6 de outubro de 2013 ás 16:49 (UTC)Responder
Boas, xa fixen o cuestionario, e concordo cos dous compañeiros anteriores en que é unha magnífica idea, e agardo que che sirvan de moita axuda as respostas. Xa activei a opción do correo electrónico, que tiña desactivada, grazas!--FleaRHCP (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 13:38 (UTC)Responder

Boas Estevoaei! Non hai problema polo cuestionario, para cando o precisas? Unha aperta!! Piquito (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 10:22 (UTC)Responder

Xa completei o cuestionario, como non sabía se o precisabas pronto decidín facelo agora coa miña residencia e traballo actuais e non cos datos que espero que sexan en menos dun mes. Apertas! Piquito (conversa) 11 de outubro de 2013 ás 12:07 (UTC)Responder

Ópera na Coruña

editar

Xa están subidas as fotos dos ensaios de Tristán e Isolda, polo momento metinas na categoría de Palacio da Ópera. Que as desfrutes :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 01:55 (UTC)Responder

Traslado

editar

Boas Estevo. Podes trasladar Modelo:BHCb a Modelo:BIHb? Xa que este último é o código ISO. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de outubro de 2013 ás 22:31 (UTC)Responder

E agora Modelo:BOT a Modelo:BWA. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de outubro de 2013 ás 12:51 (UTC)Responder
E este tamén Modelo:CAMf a Modelo:CMRf. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de outubro de 2013 ás 13:41 (UTC)Responder

Re:Foxo de lobo en Covelo

editar

Graciñas, Estevoaei, incluirei a información en canto teña un tempiño. O das fotos éme máis complicado, a ver se nalgunha ponte festiva que veña. Saudiños! --Paradanta (Cóntame) 10 de outubro de 2013 ás 09:15 (UTC)Responder

Se queredes fotos de Covelo poñédevos en contacto con Davisuke ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 11:20 (UTC)Responder

Traslado

editar

Por favor, traslada Haití - Haïti a Haití. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de outubro de 2013 ás 22:02 (UTC)Responder

País Vasco

editar

Boas HombreDHojalata. Podes borrar País Vasco, para restaurar unha versión anterior ó 2007 e fusionar con Comunidade Autónoma Vasca. Xa que creo que trasladaron o contido manualmente de País Vasco a Comunidade Autónoma Vasca e despois acabaron borrando País Vasco. Despois o artigo debe quedar en País Vasco como referenciei no propio artigo, xa que é a forma que indica o DRAG. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de outubro de 2013 ás 13:12 (UTC)Responder

  Feito! por HombreDHojalata. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de outubro de 2013 ás 19:15 (UTC)Responder

Fusionar

editar

Por favor, fusiona Presidente do Senegal con Lista de presidentes do Senegal, quedando este último. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de outubro de 2013 ás 13:51 (UTC)Responder

Podes contestarme? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 29 de outubro de 2013 ás 04:55 (UTC)Responder
Grazas. Creo que está feita a fusión. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 29 de outubro de 2013 ás 10:33 (UTC)Responder

Fotos Paradanta

editar

Ola! Disculpe que lle tarde tanto en contestar a mensaxe. Non lle contestara cando o lera porque xa ía ir nun día de esos, e fun pero cando cheguei a Covelo e vin o GPS era moito máis lonxe do que pensaba e non tiña pensado tardar tanto e tiven que volverme para casa (xa que ía en bicicleta). A ver se agora deixa de chover e teño algo de tempo xa que ando moi liado cos estudos e voulle facer unhas fotos. Disculpe de novo a tardanza e pois espero ter as fotos o antes posible. Un cordial saúdo. --Davisuke (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 21:13 (UTC)Responder

Data de nacemento

editar

  Feito! Corrixido. Moitas grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de outubro de 2013 ás 08:43 (UTC)Responder

Cuestionario

editar

Boas tardes, acabo de ver o cuestionario que me enviaches e xa o completei. Sintoo se está fora de prazo, pero levo un tempo sen poder conectarme e non o vira antes. Sorte co traballo. --AMPERIO (conversa) 3 de novembro de 2013 ás 15:33 (UTC)Responder

Xa o completei. Sinto non té-lo feito antes mas xa non uso a Wikipedia en galego. --Chabi1 (conversa) 4 de novembro de 2013 ás 12:58 (UTC)Responder
Súmome aos comentarios anteriores. Penso seguir editando na Wikipedia en galego moitos anos, pero esta tempada estou completamente inactivo; hai moito que non me conectaba e non vin a túa mensaxe até agora mesmo. Non sei se había un prazo, pero eu enchín o formulario igualmente e espero que che sirva de algo. Saúdos. --vilachan (conversa) 22 de novembro de 2013 ás 07:11 (UTC)Responder

Máis xuntanza

editar

Mira unha cousiña, coas datas que puxeron todos na taberna parece que o día que estarían todos libres sería o 30 de novembro, sábado. A ti viríache ben esa data? Se che vale, ou se ten que ser outra, pono na taberna e miramos se imos organizando a cousa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2013 ás 23:51 (UTC)Responder

Re:recoñecemento

editar

Sintoo, non me decatara de que non o puxera neses artigos. Normalmente si que o poño. --AMPERIO (conversa) 19 de novembro de 2013 ás 21:56 (UTC)Responder

Anexos

editar

Boas Estevoaei, sabes se temos na Galipedia algún tipo de páxina similar aos Anexos da wikipedia en castelán? E que gustaríame crear este artigo es:Anexo:Reinas y emperatrices de Francia para a Galipedia. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 22 de novembro de 2013 ás 16:01 (UTC)Responder

Xuntanza o sábado día 30

editar

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:11 (UTC)Responder

Parece que ó final imos quedar en Pontevedra, vai pola taberna para decidir a hora e o sitio! Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2013 ás 09:23 (UTC)Responder
Entón a que hora quedamos? Quedamos pola mañá e logo pola tarde imos ó Culturgal? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 09:07 (UTC)Responder
Ti apúntaste a ir de tapas? Servando xa se apuntou, se non podes vir..., danos unha recomendación dalgún sitio que non quede moi lonxe do concello...:) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 16:16 (UTC)Responder
Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:37 (UTC)Responder

Re: Cuestionario onomástica

editar

Ola!

Pois a verdade é que si, teño isto da edición na Galipedia un pouco esquecido... Como ves, aínda vexo agora a túa mensaxe, espero estar aínda a tempo de responder o cuestionario.

Moito ánimo coa investigación e grazas por contar comigo!


Un saúdo. --Lara (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 22:53 (UTC)Responder

Isabel / Sabela

editar

E logo? Segundo WP:CDN a edición do usuario anónimo parecía correcta. Non o é?! . HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2013 ás 10:23 (UTC)Responder

Bloqueo de IP

editar

Boas Estevoaei! Hai unha IP que non para de vandalizar no artigo Día Nacional de Galiza, pódela bloquear? Xa lle deixei unha mensaxe indicando que vai ser bloqueada. Un saúdo!! Piquito (conversa) 4 de decembro de 2013 ás 12:13 (UTC)Responder

Traslado

editar

Por favor traslada Varsovia - Warszawa a Varsovia, xa que a segunda redirecciona á primeira. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de decembro de 2013 ás 15:47 (UTC)Responder

Proposta nova

editar

Boas Estevo! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:50 (UTC)Responder

Interwikis

editar

Ola, estaba pendente de facer a ligazón, aínda que ningunha categoría correspondía a contos de Nadal. no portugués, hai unha chamada: Livros de Nadal, mais non fun quen de facer a ligazón.Nachonion (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:22 (UTC)Responder

RE: Modelo:homónimos

editar

Grazas polo aviso. Parece que a palabra máxica __HOMÓNIMOS__ non funciona en galego. Así revertín a miña edición. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de decembro de 2013 ás 13:55 (UTC)Responder

Novo traslado

editar

Por favor, traslada sen deixar redirección Elo (homónimos) a Elo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de decembro de 2013 ás 23:50 (UTC)Responder

HotCat

editar

Creo que xa funciona, se segues tendo problemas avisa na taberna para seguir mirándoo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 01:45 (UTC)Responder

Artigos da IP

editar

Moitas grazas polas modificacións dos artigos sobre diferentes ámbitos dos municipios de Carballo e Coristanco e queríamos comunicarche que somos varios alumnos do IES Isidro Parga Pondal quenes estamos a crear estos artigos e non unha única persoa mais estamos actuando dende unha mesma IP --McCartneyLP (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 12:19 (UTC)McCartneyLP--McCartneyLP (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 12:19 (UTC)Responder

Petición de foto

editar

Boas Estevoaei! Poderías algún día que pases por cerca, tirarlle unha foto ao Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga" para ilustrar o artigo do conservatorio e a galería de Manuel Quiroga? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 27 de decembro de 2013 ás 19:33 (UTC)Responder

Re: bots

editar

Certamente todo o tema do bot configureino nun ordenador vello e se me preguntas agora como podo recuperar o uso do bot instalando python e todo iso pois non sabería como facelo. Coido que se podería revogar o status do meu bot e se no futuro véxoo de novo claro fago un novo. Un saúdo e grazas por lembráreste das miñas edicións. Agardo colaborar máis en pouco tempo. --Alberte Si, dígame? 28 de decembro de 2013 ás 02:22 (UTC)Responder

Escavación en Curro

editar

Boas, Estevo. Reconsiders a categorización da fotografía sobre as escavacións (Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg) para recuperar os restos dos fusilados na Guerra Civil, dentro das "Imaxes de escavacións arqueolóxicas en Galicia". Creo que non procede se temos en conta que a arqueoloxía sería a "Ciencia que estuda as civilizacións antigas e a súa cultura" (DRAG). A memoria histórica non pretendía estudar "civilizacións antigas", aínda que teña que recurrir a escavacións. Xa me contarás que opinas. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 21:25 (UTC)Responder

RE:Toolserver

editar

As ferramentas que atopei foron o contador de artigos, o contador de edicións. Vin que hai máis ferramentas aquí pero xa non buceei máis, ó mellor noutro momento libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2013 ás 01:42 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Estevoaei/2013".