Conversa usuario:Estevoaei/2017

Último comentário: hai 6 anos de Agremon no tópico Burócrata

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

RE:referencias

editar

Especial:Contribucións/91.117.220.25: Das 5 primeiras edicións, catro son no artigo Xosé Ramón Pena. As seguintes consistiron en incluír unha entrada a libros deste autor en diversos artigos, sen engadir información adicional e mellorar os propios artigos. Engadir un libro sen máis na bibliografía dun artigo que xa está baseado noutras referencias non axuda a nada. Adicarse a engadir un libro dun autor do que a propia IP editou indica un posible conflito de intereses, sexa ou non a IP dito autor realmente, e non deixa de ser unha promoción de dito autor. Isto en si mesmo pode non ser vandalismo inicialmente, pero a reiteración neste comportamento tras varios avisos si o é. Banjo tell me 6 de xaneiro de 2017 ás 11:24 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo

editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)Responder

Crear etiquetas en Commons

editar

Saúde Usuario:Estevoaei. Estiven subindo imaxes de gaitas a Commons e, no momento de etiquetalas, atopeime co problema de que faltan moitas etiquetas que precisaba. Algunhas serían: Gaitas de Galicia, Música tradicional galega (de Galicia), Instrumentos musicais, Instrumentos de percusión, etc. Non sei si ti controlas desto, pero seguro que me podes aconsellar ou indicarme quén me pode axudar no tema de Commons. Tamén me gustaría saber se hai outros proxectos nos que pudera ser interesante volcar esta información: wikidada?. Podes ver o artigo no que traballo aqui: Pablo Carpintero Arias. Grazas. --Viascos (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 23:27 (UTC)Responder

Grazas por explicarme o das xerarquías coas etiquetas, non tiña idea e simplifica moito as cousas. O caso é que agora non son quen de modificar os arquivos en Commons. Xa o mirarei. Xa lle votei una ollada ao artigo da gaita, pero tereino que revisar mais a fondo, podería engadirse algunha das fotos que subín, penso que a réplica da gaita do século XIII ben o merece. Por certo, as categorías de Commons sempre son en ingles?? --Viascos (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 01:07 (UTC)Responder

Re: Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

editar

Boas. Non entendín o alerta, pois, ao traducir, uso a ferramenta específica. Un saúdo. 😃 Judcosta (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 14:41 (UTC)Responder

Sí, tes razón. E estou á par diso, pero o caso do artigo Anxo da morte non é tradución. Por iso, cando fago unha tradución, uso a ferramenta para xa indicar que se trata dunha, a pesar de que tal xeito máis atrapalla. Há braços. Judcosta (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 16:06 (UTC)Responder

Imaxe

editar

Boas Estevoaei! Poderías subir Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg a commons? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 17:59 (UTC)Responder

Estupendo, moitas grazas! Quería consultarte antes de subila eu para que o souberas. Por certo, empregueina no artigo fosa común para ilustralo. Apertas! --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 18:25 (UTC)Responder
Subida queda. Deixei o mesmo nome. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 18:37 (UTC)Responder

Cepa

editar

Engadín na páxina as definicións máis habituais de cepa en microbioloxía e bioloxía. Espero que fose de axuda. Ás veces hai certa confusión entre cepa, variedade, cultivar etc. O seu uso máis habitual é para referirse a microorganismos propagados clonalmente.--Miguelferig (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 10:32 (UTC)Responder

Wikimaratón urxente maña

editar

Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)Responder

Xornadas/mostras do teatro en Vigo

editar

Boas, somos tres estudantes de filoloxía da UDC. Como ben sabes, cada ano realizamos un traballo de investigación e creamos un artigo na Galipedia. Tocounos "Mostras do Teatro en Vigo" e non atopamos nada nin na Wikipedia, nin Galipedia nin na portuguesa. Realmente non hai nada ou sabes dalgunha páxina que conteña algo de información? Grazas pola tua atención. --Penaropop (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 22:13 (UTC)Responder

Revisión

editar

Boas Estevoaei, cando teñas un momento poderías botarlle unha ollada ao artigo Nadezhda Krupskaia a ver se se me colou algún erro na ortografía? Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 18:59 (UTC)Responder

[1]

editar

Xa nin me lembro de responder Sobreira escolleu este nome polo seu interese na botánica e como homenaxe a Xoán Sobreira Salgado (o padre Sobreira). Aínda diría algo máis a estas alturas. ※ Sobreira ►〓 parlez 17 de febreiro de 2017 ás 14:08 (UTC)Responder

Re-Fenosa

editar

Boas Estevo, relacionado con Fenosa coido que o único que teño é un feixe de fotografías de transformadores. Se valen búscoas e súboas. Unha aperta! --Beninho (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 12:17 (UTC)Responder

Foto "herdada" en Commons

editar

Boas, a foto en cuestión é esta, superou unha votación de borrado, podes acceder á votación aquí, e agora está dentro doutra aquí. Non sei se desta se salvará, pero unha posible solución sería mandar unha autorización a OTRS. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2017 ás 10:08 (UTC)Responder

Ó final a foto "herdada" volveu salvarse en Commons :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 22:31 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)Responder

Re: Alejo G.M.

editar

Dios, que lapsus. Menos mal que hai alguén esperto. Reviso de contado. Grazas.--maghoi (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 19:15 (UTC)Responder

Está corrixido. Eliminei a data de falecemento porque a fonte semella errónea. Tamén modifiquei a categoría. Grazas de novo.--maghoi (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 19:48 (UTC)Responder

O Irixo

editar

Ola Estevoaei. Estou clasificando imaxes de concellos, parroquias, lugares,... e no Irixo atopei esta categoría Categoría:Imaxes do Irixo, O Irixo. Paréceme que corresponde a Categoría:Imaxes de Campo, O Irixo. Como ti estiveches alí sabes mellor ca min se hai que reclasificalas ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de febreiro de 2017 ás 17:21 (UTC)Responder

Grazas por corrixir a clasificación e por engadir a imaxe no lugar. A medida que reviso atopo imaxes sen usar, algunhas serven para artigos sen imaxes e outras, polo menos, para que aparezan nas galerías. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de febreiro de 2017 ás 19:48 (UTC)Responder

RE: contar con

editar

Moitas grazas pola aclaración, vaia despiste!!!!! Unha aperta. Krisko (conversa) 1 de marzo de 2017 ás 12:38 (UTC)Responder

RE: Cabalo/egua

editar
Ti e-lo carallo, ho. E eu un sexador de bestas. A min paréceme egua, e nova. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 21:26 (UTC)Responder

Re: miliarios

editar

Ola Estevoaei. De acordo. Hoxe non porque estou con outras cousas pero esta semana creo a galería. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 17:11 (UTC) Desculpa, interpretei mal a mensaxe. Era sobre a categoría non sobre a galería. Xa o fago agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 17:19 (UTC)Responder

Feito. Un par de imaxes son réplicas, tiven dúbidas sobre clasificalas aí ou non. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 17:47 (UTC)Responder

Opinión

editar

Ola Estevoaei! Veño de facer unha proposta na taberna. Gustaríame coñecer a túa opinión, xa que es un usuario con experiencia na Galipedia. Mil grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 21:29 (UTC)Responder

Conta coas coordenadas

editar

¡¡¡Señor, si, Señor!!! Pedro --Lameiro (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 14:47 (UTC)Responder

Falando de Coordenadas

editar

Falando de coordenadas de lugares, bota un vistazo ó artigo O Carril, que si ten coordenadas. E agora busca esas coordenadas no Google Earth. Estás nun parque, xa á saída do Carril ¿Que criterio seguimos para escoller un punto determinado como coordenadas dun lugar? Se eu tivese que escoller un punto, neste caso, iría á porta da igrexa de Santiago do Carril (42 36 54,02 8 46 27,99). Pero tamén é certo que noutros casos, especialmente se falamos de lugares, non hai un punto característico que mereza ser escollido como coordenadas do lugar.

Outro exemplo. Vaite agora a O Grove. As coordenadas que damos lévante á metade do pobo, pero ¿por que ese punto e non calquera outro do pobo? Se eu tivese que escoller un punto representativo do Grove sería o que aquí chmamamos O Cruce (42 29 37,05 8 51 55,34), ou sendo máis formal, á porta do concello (42 29 47,29 8 51 54,86). Bueno, xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 21:46 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)Responder

contar con

editar

Grazas polo aviso. Tereino en conta de aquí en diante. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2017 ás 12:20 (UTC)Responder

Recuperar Irene del Valle de la Sen

editar

Boas tardes, poderías recuperarme o texto do artigo que eliminaches a Santamarcanda para traducilo correctamente. Por certo, partindo de que descoñezo o número de faltas de ortografía, non era posible optar pola correción?. Grazas e saúdos --Harpagornis (Talk) 26 de marzo de 2017 ás 17:05 (UTC)Responder

Carteis

editar

Ola Estevoaei. Esquecín en que categoría se clasifican as imaxes de carteis como este Ficheiro:Cartel BTT Riós, Ourense.JPG, vexo que hai algúns en Categoría:Imaxes de letreiros de Galicia pero teño a impresión, non sei se errónea, de que había outra categoría que non atopo. Sabes ti? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de marzo de 2017 ás 19:02 (UTC)Responder

Ola, Prevert! Penso que a categoría que mencionaches é acaída. Quizais HombreDHojalata saiba se hai algunha outra apropiada; creo lembrar que estivera fotografando algún panel destes, non? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de marzo de 2017 ás 21:44 (UTC)Responder

Justo Pico de Coaña

editar

Listo, ainda que se meteu polo medio Xas e alongou un pouco o tempo...--Agremon(contacto) 2 de abril de 2017 ás 19:40 (UTC)Responder

Sinopse de Contos da miña terra

editar

Ola Adrián.

A ti que se che dan ben, apetéceche facerlle a sinopse de Contos da miña terra?

Sen compromiso. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2017 ás 09:14 (UTC)Responder


Estimado Estevo

editar

As entradas que subín á Galipedia sen identificar a autoría non están copiadas nin traducidas de ningún sitio e a o mesmo tempo de todos. Son datos que son coñecidos (Ganadores de carreiras, etc...) ou que vou consultando en diferentes páxinas, pero insisto non se trata nin de traduccións nin de corta/pega de outros sitios. Precisamente por iso fago o esforzo de citar, para que a xente poida comprobar que non se trata de "invencións". Se ainda así consideras que tes que eliminar un ou varios artigos, adiante, pero persoalmente entendo que o único que estou facendo é sumar mais coñecemento e que non estou vulnerando norma algunha.

Entendo e admiro a vosa labor coidando a Galipedia, pero este tipo de cousas o único que fan en desanimar a seguir adicándolle tempo ó tema.

Un saudo. (GZKZ)

Estevo

editar

Moi ben, pero iso como se fai, porque non sei. Ademais, iso leva moito tempo e eu non o teño. Non borres as cousas que fago porque levan moito traballiño e non penso volver crealas de novo, así que ten coidado co que borras. Totalmente dacordo co exposto por GZKZ por que eu tamén é o que pretendo facer. Forçaque queres agora...

María Mariño

editar

Ola Adrian.

Podes volver a comprobar Agrafoxo 2007?

María Mariño foi a segunda filla ou a cuarta? [2]

E o fillo naceulle (e morreulle) en 1946 o 1945? [3]

En calquera caso haberá que poñerlle as referencias en notas ao pé.

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de abril de 2017 ás 09:55 (UTC)Responder

Outra dúbida: ¿Agrafoxo pon que viviu en Durango?! Segundo Esperanza Mariño 2007, p. 18, foi en Berango, na casa de Concha, a irmá máis vella, que casara co mariñeiro vasco Juan Barrenechea Villabeitia. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2017 ás 21:18 (UTC)Responder

Formato

editar

Hai algún traballo feito de comparativa coas diferenzas de formato entre as distintas Wikipedias? Unhanova (conversa) 25 de maio de 2017 ás 18:33 (UTC)Responder

Re: comentarios sobre fontes de referencia

editar

Grazas, Estevo(aei), polo teu comentario e polos teus ánimos. Como xa lle contestei a Vilarchan, concordo máis co teu punto de vista que co del, aínda que ten toda a razón en que cómpre engadir máis citas e referencias. Xa sabes que son unha recén chegada á Wikipedia e que o ignoro case todo. Agardo mellorar co tempo. E non dubides en darme un toque ou corrixirme todo o que consideres necesario. Un saúdo --Vitoriaogando (conversa) 25 de maio de 2017 ás 19:08 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)Responder

Foto de instituto de Pontevedra

editar

Ola Estevo.

Se che cadrase, viríanos de perlas unha fotiño do Instituto Torrente Ballester de Pontevedra, para o artigo María Victoria Moreno.

Graciñas de todas todas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xuño de 2017 ás 17:49 (UTC)Responder

Foto

editar

Ola Estevoaei, pois ultimamente ando moi liado e non creo que poida. Máis adiante en xullo ou agosto terei máis tempo e tirarei fotos pola comarca adiante. Grazas e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 18:41 (UTC)Responder

Vale máis tarde ca nunca

editar

Boas Estevo, como che vai? É só para que saibas que subín dúas imaxes do fito das Neves que me pediras hai máis dun ano. Fixen tamén do sinal de ferro da Redonda en Mugardos que subirei estes días. Saúdos e perdoa pola tardanza, --Xosé Antonio (fálame sempre) 15 de xuño de 2017 ás 21:34 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder

Paciencia

editar

Ola, Estevo. Entre que vou vello e lento e que internet en zona de costa atrasada vai como os coscos, cando vexas que estou a editar algo, 'conta ata 10' antes de poñerte ti co tema. Evitarás(me) conflitos de edición :-) Saúdos e grazas por completar [mesmo cos conflitos!]--Agremon(contacto) 11 de xullo de 2017 ás 21:44 (UTC)Responder

Tes razón co de 'en uso', Estevo. Saúdos!--Agremon(contacto) 11 de xullo de 2017 ás 22:04 (UTC)Responder

Ichavo

editar

Boas. Perdoa pola tardanza. A única pega para a entrada ichavo é que non está recollida no VOLGa. Polo demais, está ben construída. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 11 de xullo de 2017 ás 22:06 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo

editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)Responder

Obrigado! Gracias!

editar

https://gl.wikipedia.org/wiki/Padre_Paulo_Ricardo

Gustavo.bng (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 17:30 (UTC)Responder

Fitos

editar

Aquí tes uns fitos máis: commons:file:Mojón N120 km 618.jpg, commons:file:Mojón N120 km 618 general.jpg, commons:file:Mojón N120 km 611.jpg e Commons:file:Mojón N120 km 611 general.jpg. Só están na categoría de Ponteareas, non sei se hai que metelos nalgunha máis específica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 07:43 (UTC)Responder

Commons:Category:Milestones in Galicia (Spain) ? --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2017 ás 09:54 (UTC)Responder
E tan poucas hai?? Pensaba que xa había algunhas máis en Commons... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 20:53 (UTC)Responder
Aquí tes o quilómetro 3 da N-550: File:Fito quilómetro 3, N-550, A Coruña 1.jpg, File:Fito quilómetro 3, N-550, A Coruña 2.jpg, File:Fito quilómetro 3, N-550, A Coruña 3.jpg e File:Fito quilómetro 3, N-550, A Coruña 4.jpg, colle as que máis che gusten :) Outro día a ver se fago a do km 4. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 20:01 (UTC)Responder

E este, file:Fito quilométrico N-634 na A-8.jpg, é o fito da N-634 que está no medio da A8. A mágoa é que non teño as coordenadas e onte buscando no google maps non o din atopado, tomarei nota a próxima vez que pase por alí. Creo que está entre Mondoñedo e Lourenzá. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 09:50 (UTC)Responder

Aquí está o fito do km 2 da N-550, hai máis fotos del na categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 00:37 (UTC)Responder

Filme

editar

Si claro, perde conta. Intentarei facelo en canto poida. Apertas.--Breogan2008 (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 21:23 (UTC)Responder

categorización

editar

Boas Estevoaei. Moitas grazas polo aviso, non o coñecía. Heino probar, a ver se non rompo nada. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 21:43 (UTC)Responder

Ponte da Ramallosa

editar

Boas Estevo, o artigo Ponte da Ramallosa, que fixeches ti, ten o marcador de investigación orixinal, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 07:52 (UTC)   Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2017 ás 22:09 (UTC)Responder

Igual que o de Ponte de San Xurxo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 07:54 (UTC)   Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2017 ás 22:45 (UTC)Responder

Asociación Pola Defensa da Ría

editar

Boas Estevo, o artigo Asociación Pola Defensa da Ría, que fixeches ti, ten o marcador de non neutral, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 08:15 (UTC)Responder

A Cervela

editar

Aí andamos, graciñas e saúdosOgalego.gal (conversa) 8 de agosto de 2017 ás 21:50 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017

editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)Responder

Sinal da Redonda

editar

Boas, acabo de subir as imaxes do sinal da Redonda que me pediches o ano pasado. Ao reler a mensaxe lembreime que me falaras dunha placa en homenaxe a Andrés do Barro na estación de Pontedeume. Eu non sei nada do asunto pero mirarei a ver se alguén sabe dela. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 15 de agosto de 2017 ás 09:54 (UTC)Responder

Historia do Temple

editar

Movida á información. Si que é máis lóxico no lugar, non na parroquia.--Jglamela (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 18:15 (UTC)Responder

Gerardo Campos

editar

Aí o tes ;-) --. HombreDHojalata.conversa 23 de agosto de 2017 ás 21:43 (UTC)Responder

Re:Foto

editar

Ola, Estevo! Alégrame moito saudarte despois de tanto tempo! Por suposto, farei esa foto e subireina, a ver se me lembro de como se facía para subir unha foto á Galipedia, que hai xa anos que non o fago. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 24 de agosto de 2017 ás 17:06 (UTC)Responder

Pregunta

editar

Ola, vin que arranxaches Alas de papel. Quería preguntar polos tempos verbais. Non sei se esa revista segue a publicarse, mais non o creo, porque o exemplar que atopei é de 1995 e non atopei nada dela en Internet. Cambio o tempo a "foi"? Unhanova (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 13:35 (UTC) A revista non pon nada de que teña copyright, mais será mellor borrar a imaxe, ti sabes borrala? Unhanova (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 13:46 (UTC) Grazas!. O que non sei é se tería que borrar todo, xa que a única fonte que teño é a revista que teño na miña casa e supoño que tampouco a vou poder subir a Galifontes e na Enciclopedia Galega Universal non aparece. Estaba para o reciclado cando pensei en facerlle unha entrada na Galipedia, mais non sei se vai ser posíbel. Unhanova (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 14:00 (UTC) De acordo, gárdoa. Unhanova (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 14:14 (UTC)Responder

Perdón que me meta @Unhanova:. Inda que en moitos artigos non o estamos a facer así, cando falamos de revistas, libros, xornais... inda que cesaran a súa publicación, deberiamos referirnos a elas en tempo presente. --. HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2017 ás 10:22 (UTC)Responder
Grazas Estevoaei pola axuda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 16:21 (UTC)Responder

Ligazóns

editar

Ola, entrei na túa páxina por ver de onde eras e lina toda e, ao ver as ligazóns que tes, pensei que podía ser que non soubeses destas que, para min, son dúas marabillas: http://sli.uvigo.gal/RILG/, https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm Unhanova (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 14:53 (UTC)Responder

Abrente

editar

Na Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso aparece un Abrente subtitulado Boletín de la Anunciada que se publicou entre 1930 e 1941 [Boletín editado por la Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga de Santiago]. Pero non creo que te referises a iste... Vou seguir investigando... --Xas (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 08:17 (UTC)Responder

Hai tamén unha obra de Victoriano Taibo: Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago). --Xas (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 08:29 (UTC)Responder

Nina Epton

editar

Traducín do inglés. Bótalle unha ollada. Agora, ademais de comprobar que a tradución di o que pon no orixinal, habería que adaptala a Nina Epton en Galicia. Unhanova (conversa) 1 de setembro de 2017 ás 08:46 (UTC) Engadinlle Traducido ao galego como Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia). Non fun quen de avisar que era un engadido, que non formaba parte da tradución. Unhanova (conversa) 1 de setembro de 2017 ás 09:06 (UTC)Responder

Ligueina coa páxina inglesa. Logo entrei na páxina inglesa e non estaba ligada coa galega. Non se unen automaticamente? Unhanova (conversa) 1 de setembro de 2017 ás 09:07 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)Responder

XMAB en Coruxo

editar

Pois non sei exactamente onde, pero din que era unha casa de pescadores no areal mesmo da praia da Calzoa, no barrio da Carrasqueira, que dende 1948 alugou durante o verán e que, máis tarde, pasaría a ser da súa propiedade. Iso está ao carón da desembocadura do Lagares. Nesa zona fixeron chalés. É probable que a casa xa non exista. --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2017 ás 21:14 (UTC)Responder

Baloncesto

editar

Boas! En canto teña tempo póñome. Un saúdo! Adorian (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 09:16 (UTC)Responder

Estatutos

editar

Lendo os estatutos vinlle algunha corrección que habería que facerlle como "facer servir" a "utilizar". Póñoas na páxina de conversa?, fágoas directamente? Unhanova (conversa) 5 de setembro de 2017 ás 09:54 (UTC)Responder

Acción Integralista Brasileira

editar

Boas, vin que lle puxeches ti a marca de ortografía. Eu estiven revisándolle a ortografía/gramática e vexo que tamén o estivo facendo Usuario:HacheDous=0. O que non fixen foi traducirlle as citas porque aínda non sei como é a forma correcta de manter tamén o orixinal. Aviso por se lle queres botarlle un ollo e logo quitarlle a marca. Unhanova (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 10:24 (UTC)Responder

Bautismo anticipado

editar

Boas Estevo,estiben a enterarme do que me preguntas e podo decirche que hai dúas pontes una a entrada de Corme Porto que salva un rego que desemboca na praia do Osmo e outros en Corme Aldea e polo que me dixeron hai outro en Guxin aínda que ese non sabía o que mo dixo se estaba en pé. Tamén hai unha ponte aínda que esta foi formada de forma natural polo mar e que pola xente de aquí e coñecida como Paso malo, tratase dun paso que pasa por encima do mar e esta entre as praias da Hermida e a do Osmo. Espero que che sirva de algo. Un saudo.--Alfonso mande 7 de setembro de 2017 ás 00:10 (UTC)Responder

Borrado de páxinas

editar

Saúde Adrián. Poderías borrar a páxina Campeones del Abierto de Estados Unidos (individual masculino), esquecínme de traducir o título e non sei cómo borrarla, nin se podo facelo. Tentarei arranxar os problemas da traducción instantánea pola miña conta. Tamén penso que debe aparecer como anexo da páxina do Aberto de Estados Unidos, e tampouco manexo o tema. Grazas anticipadas --Viascos (conversa) 11 de setembro de 2017 ás 00:43 (UTC)Responder

E corrixe o título de Campeons do Aberto de Estados Unidos (individual masculino), teño o día tonto ;) --Viascos (conversa) 11 de setembro de 2017 ás 00:50 (UTC)Responder

Non fixo falta, Usuario:Banjo desenfundou antes. Asi da gusto!! Grazas mil de todos modos. Prometo incordiar con frecuencia --Viascos (conversa) 12 de setembro de 2017 ás 13:49 (UTC)Responder

Medios de comunicación

editar

Acabo de facer Usuario:Elisardojm/Medios de comunicación para contactar, comento por se che interesa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2017 ás 00:11 (UTC)Responder

Borrado da páxina David Ortiz

editar

Ola Estevo. Onte editei o artígo de David Ortiz engadindo unha nota de prensa e de súpeto o artigo está marcado para ser borrado. Hai algo que poida facer para que non sexa así? A miña intención era engadir artigos de xente da Coruña non especialmente famosa pero si con certa relevancia na súa area ou especialidade, pero dame medo que se poidan considerar todos coma autobombo ou promoción. Agradecería moito a túa axuda. Apertas! Dani.pazos (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 09:19 (UTC)Responder

Quince aniversario

editar

Boas, comecei a páxina de organización en Wikipedia:Actividades do quince aniversario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:21 (UTC)Responder

Fito en Ordes

editar

Mira, no artigo da N-550 di: "En Ordes consérvase un fito miriamétrico, do km 30." Busquei no street view e no km 30 hai un fito que parece de plástico de cor vermella, é iso ou é outro? Porque podía facerlle unha foto cando pasara por alí... Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 01:18 (UTC)Responder

Ah, xa o atopei, si, teño visto o aparcadoiro onde está moitas veces e sempre me pareceu un pouco raro, pero non me decatara que aí había un fito. Pois entón, choio feito! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 01:47 (UTC)Responder
Entón de Coruña a Santiago só hai eses tres fitos na N-550? A verdade é que non se ven nese tramo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder
:D, irei un pouco máis atento a próxima vez. Hai algúns tramos de estrada vella que agora están en desuso, ó mellor quedou algún perdido por aí... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 07:43 (UTC)Responder

mail

editar

Acababa de velo e responder. ※ Sobreira ►〓 parlez 26 de setembro de 2017 ás 07:18 (UTC)Responder

RE:Adelante

editar

Antes había un artigo en Adelante, un periódico. Grazas por melloralo. AshSXXI (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 14:30 (UTC)Responder

Xoáns de Aragón

editar

Ola Estevo. Polo que respecta ao primeiro punto que me dis, ao final do artigo cito a FONTE; e nesa fonte dise que se pode copiar o contido, sempre que se cite, o que fixen. O segundo punto, xa o amañei. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 3 de outubro de 2017 ás 01:07 (UTC)Responder

Os arcebispos Xoán de Aragón

editar

Ola Estevo. Mira a ver si está agora correcto o novo artigo Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1458-1475) (Xoán de Aragón II) que movín do polémico e modifiquei espero que satisfactoriamente. Aínda que son un vello son bastante novato na Galipedia e non coñecia o do botón "mover". Espero que o usara ben. Temén movín o outro artigo (o de Xoán de Aragón I) para deixalo adecuadamente, sen a coma "non papal". Moitas grazas por todas as túas observacións e advertencias. E se todo quedou ben, borra todo o que teñas que borrar. E se non, vólveme a "tirar das orellas". Un saúdo. --XoioÉche o que hai 3 de outubro de 2017 ás 15:22 (UTC)Responder

RE:music

editar

Moi boas rapaz! Poreinos na miña cola de artigos, pero non prometo moito a curto prazo. As cousas polo norte están un pouco raras estas últimas semanas. É probable que dentro dun deixemos Gotland (polo menos ata a próxima primavera) e nos vaiamos un par de semanas a Dalarna. A miña moza está estudando na universidade alí e ten que facer un exame presencial a mediados de novembro. Despois iremos para Marín dous ou tres meses. --Beninho (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 07:57 (UTC)Responder

fricada

editar

wikt:Categoría:Entradas por evolución fónicaSobreira ►〓 parlez 4 de outubro de 2017 ás 10:46 (UTC)Responder

O fito

editar

Aí van as fotos do fito de Altamira: file:Fito km 13 N-550 Altamira, Cambre 1.jpg, file:Fito km 13 N-550 Altamira, Cambre 2.jpg, file:Fito km 13 N-550 Altamira, Cambre 3.jpg, file:Fito km 13 N-550 Altamira, Cambre 4.jpg e file:Fito km 13 N-550 Altamira, Cambre 5.jpg. Outra fricada :) Ah, que por certo, non é igual que os que se ven normalmente, este ten unha forma algo diferente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 22:55 (UTC)Responder

Este é o do km 7, en Culleredo, file:Fito km 7 N-550 Culleredo 1.jpg, File:Fito km 7 N-550 Culleredo 2.jpg, File:Fito km 7 N-550 Culleredo 4.jpg, File:Fito km 7 N-550 Culleredo 5.jpg, hai algunha máis en Commons. Non ten pintado o km pero a uns poucos metros está a chapa nova dicindo que é o km 7. Ó mellor non está no lugar orixinal porque os outros fitos non teñen ó lado as chapas dos km, eu penso que o moveron ó amañar a estrada e puxérono no medio da rotonda, pero tampouco o podo asegurar. Busquei onte os fitos do km 1 e o 0 na Coruña pero non os atopei, o único que atopei foron as chapas da AC-11, o km 2 e o km 1 (o km 0 non debe ter chapa, ou si?), creo que xa non están. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 15:42 (UTC)Responder

A cantar con Xabarín

editar

Boas Estevo, o artigo A cantar con Xabarín, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 08:22 (UTC)Responder

Cinema

editar

De feito coñecía Nollywood que é do cine nixeriano, pero desta outra de Uganda non tiña noticia. Anotarei as dúas páxinas para facelas cando teña un oco.--Breogan2008 (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 12:34 (UTC)Responder

Contos por palabras

editar

Non vira a revisión que ti fixeches das traducións da obra e pensando que fora eu que as editara mal volvín poñer todo como estaba, porque me parece máis claro unha liña para cada tradución.. Se ti consideras que se debe cambiar de novo para redactalo nun único parágrafo, faino sen problema.Vitoriaogando (conversa) 12 de outubro de 2017 ás 08:40 (UTC)Responder

fontes

editar

Preguntabas por xentilicios estremeiros?: [4]Sobreira ►〓 parlez 17 de outubro de 2017 ás 13:00 (UTC)Responder

Educación

editar

Boas, estou fuchicando nunha ferramenta e metinche como alumno nun proxecto. Podes dicirme se te chegou algún aviso dalgún tipo? Se queres ver onde estás metido podes velo aquí E se vas a editar un pouco algún artigo concreto, aínda que sexan unhas letras, avísame para engadilo ó proxecto antes da túa modificación e así poder mirar o que pasa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 15:31 (UTC)Responder

Ángel Ferrín

editar

Vale, miro de buscar info e póñome a facelo cando teña algo de tempo. Saúdos. --Xas (conversa) 28 de outubro de 2017 ás 18:24 (UTC)Responder

Un arquivo de imaxe igualiño (de nome)

editar

Ola Estevo. Resulta que hoxe subín á WikimediaCommons un arquivo co nome Dornelas.jpg , relativo á Igrexa de Dornelas (Silleda); e cando o vou enganchar (quería substituílo polo que ten, porque me parece que o meu mellora algo o que hai), resulta que me salta o de Dornelas (Mos) que subiches ti. Non entendo como Commons me permitiu dar o mesmo nome a un arquivo xa existente; pero o caso é que agora non me deixa subir o meu con outro nome nin rabos de gaita. Non sei se é posible modificar o nome... A ver se me das algunha pista. Graciñas --Satna (Ti dirás) 29 de outubro de 2017 ás 17:57 (UTC)Responder

 Obrigadísimo pola dilixente e rápida resolución. (Un día destes terei que aprender a mover arquivos dentro de Commos...) --Satna (Ti dirás) 29 de outubro de 2017 ás 20:34 (UTC)Responder

Re: A/2017 U1

editar

Boas. Comecei a tradución do artigo de enwiki. Ireino rematando (está en A/2017 U1) ó longo do día ou mañán, se iso. Un saúdo. --Xosema (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 10:32 (UTC)Responder

Boas de novo. O obxecto recibíu un nome oficial, 1I/ʻOumuamua. Sería interesante trasladar o artigo para que aparecera baixo esa entrada, como xa aparece na entrada da enwiki, por exemplo (en:1I/ʻOumuamua). Un saúdo. --Xosema (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 18:38 (UTC)Responder
Grazas! :-) --Xosema (conversa) 28 de novembro de 2017 ás 18:56 (UTC)Responder

Boas, coma vin que Xosema xa fixo o citado artigo, eu adiqueime a face-lo artigo VFTS 352, que tamén me pareceu interesante. Un saúdo. Xabier Cancela (fálame) 2 de novembro de 2017 ás 17:19 (UTC)Responder

artigos de lugares

editar

Ola. Moitas grazas polo aviso, tereino en conta en vindeiras edicións. Parabéns por esa lista, non sabía dela. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 00:03 (UTC)Responder

Borrado de páxina

editar

Saúde rapaz. Faime o favor, bórrame a páxina Sicosis, a correcta é Sicose. E grazas por adiantado.--Viascos (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 02:12 (UTC)Responder

Grial 215

editar

Oes Adrian, e como é que tes a Grial 215 antes mesmo de que a anuncien en editorialgalaxia.gal? Ti tes mafia aí, non? ;-)

Ao conto: quería preguntarche se, amais d"A verdadeira data...", o número 215 trae máis artigos relativos a MVM? --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2017 ás 16:18 (UTC)Responder

Cat-a-lot

editar

Moitas grazas! Non sabía da existencia dese trebello, vou activalo agora mesmo! Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 18:49 (UTC)Responder

Re: astronomía

editar

Boas.

Non, non sabía que existía tal lista. Botareille un ollo :-)

Un saúdo, --Xosema (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 15:06 (UTC)Responder

en:Vergonha

editar

Non pides pouca cousa ti nin nada... ※ Sobreira ►〓 parlez 9 de decembro de 2017 ás 16:37 (UTC)Responder

Re: Verbo considerar

editar

Grazas pola aclaración, xa está feito o cambio. Un saúdo--Jglamela (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 12:05 (UTC)Responder

A filla das ondas

editar

Boas Estevo, o artigo A filla das ondas, que fixeches ti ten varios marcadores de atención, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 14:25 (UTC)Responder

*Gran importancia

editar

Por asegurarme, vin que cambiaches *"gran importancia" por "grande importancia". Se me dis que hai que corrixilo así en tódolos casos "póñome en modo bot" e amaño os 200 e pico artigos que o teñen... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 08:39 (UTC)Responder

Grazas! tomo nota. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 10:18 (UTC)Responder
Ei, ei, ei! para o carro!! E que facemos con "grande habilidade"?? Ahí te pillé! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 10:32 (UTC)Responder
Non, o que pasa é que atopeino nun dos artigos que ía a modificar O:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 22:23 (UTC)Responder
Si, un bot podería buscar e axudar a amañar varios erros deste estilo, o malo é que eu teño o bot no "taller", a ver se para despois do aniversario podo volver a poñelo a funcionar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2017 ás 09:51 (UTC)Responder

Báculo de Mondoñedo

editar

Ola! como dis, a de Sta. María do Campo é a parroquial do centro de Ribadeo. Do báculo, nin idea, e morreu hai pouco un amigo que o solucionaba fixo. Preguntarei.--Agremon(contacto) 18 de decembro de 2017 ás 10:55 (UTC)Responder

Confederación

editar

Boas Estevo, o artigo Confederación, que creaches ti, ten un marcador de atención, se podes bótalle un ollo e a ver se podes amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2017 ás 23:38 (UTC)Responder

Federación

editar

Boas Estevo, o artigo Federación, que creaches ti, ten un marcador de atención, se podes bótalle un ollo e a ver se podes amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2017 ás 08:28 (UTC)Responder

Placa Andrés do Barro

editar

Boas, case dous anos despois remato os encargos que me fixeches. Efectivamente hai unha placa conmemorativa do centenario da liña de ffcc Betanzos-Ferrol na estación de Pontedeume cun fragmento do tren de Andrés do Barro que, como podes comprobar, xa a subín. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de decembro de 2017 ás 21:44 (UTC)Responder

Burócrata

editar

Boas Estevo, precisamos máis burócratas despois da baixa de Toliño, e ademais precisamos que sexan burócratas que teñan grande actividade para amañar cousas urxentes, como é o teu caso. Por iso pregúntoche, queres ser ti un dos novos burócratas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 13:59 (UTC)Responder

Grazas pola confianza, Elisardo. Sométeo a referendo, e que a comunidade decida. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de decembro de 2017 ás 20:28 (UTC)Responder
Vaia, acabo de revisar isto e resulta que ata despois de Reises non se poden facer votacións de administrador, hai que esperar un un pouco! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 23:48 (UTC)Responder
Toliño aínda non foi dado de baixa. Remato de deixarlle a seguinte mesaxe: "Comezando a revisión do proceso de revogación pedido por Banjo, observo que deixou unha mensaxe dicindo que un par de días antes se te envíaría unha nova mensaxe, cousa que aínda non se fixo. Como fun eu quen respondeu á petición de Banjo, deixo a nova mensaxe antes de seguir coa revogación. Nestes días próximos volverei tentar poñerme en contacto contigo por outros medios. Un saúdo.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:24 (UTC)". A máis, envieille un correo electrónico. O día 1, caso de seguir sen obter resposta, seguirei. Saúdos.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:27 (UTC)

De calquera xeito, ten razón Elisardo. Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:36 (UTC)Responder

Ampliación: Posto en contacto con Xabier Cid, quedamos en retrasar o tema ata o 8, dadas as datas.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 11:04 (UTC)Responder

Xa está aberta a votación, Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei :) Saúdos,
Volver á páxina do usuario "Estevoaei/2017".