David Ortiz

escritor español

David Ortiz Borrás, nado na Coruña o 19 de maio de 1975, é un camareiro e cocteleiro galego. É coñecido pola súa achega á coctelería innovando na súa creación con produtos locais nunca antes usados como o grelo ou o pemento de Padrón ou pola publicación, no ano 2016, do seu primeiro libro O libro dos cócteles[1] (Edición Xerais) que pretende encher o baleiro que había en Galicia de literatura e documentación respecto o mundo da coctelería.

Infotaula de personaDavid Ortiz Borrás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDono do Baobab Cocktail Bar Autor do libro "O libro dos cocteles"
Actividade
OcupaciónBartender e escritor
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: baobabCocktailBar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A comezos do 2000 David Ortiz inicia a súa actividade na hostalería ata que no 2005 decide crear o Baobab Cocktail Bar[2], lugar que de seguido se torna nun referente da coctelería na Coruña. Comeza así un proceso de aprendizaxe persoal e de profundar no coñecemento da coctelería clásica que servirían como base para, posteriormente, permitirlle innovar e experimentar con cócteles propios de autor.

Asentado o Baobab, co paso dos anos, como un local referente na coctelería galega e europea, David comeza unha etapa na que procura incorporar elementos propios da terra á coctelería. É o caso, por exemplo, do Grelo soul[3], un cóctel creado a partir do grelo. É unha etapa na procura de novos sabores e de innovación aportando ingredientes locais que fan que transgreda as fronteiras da coctelería clásica cara a unha coctelería de autor onde os produtos da terra, como o grelo ou o pemento de Padrón, e os traballos de cociña a base de maceracións, siropes e shrubs aporten o toque de distinción e selo propio que David procura.

No 2016, adquirida a experiencia precisa e cun nome recoñecido no mundo da coctelería, publica da man de Edición Xerais O libro dos cocteles, o seu primeiro libro en galego no que recopila as receitas de tragos clásicos. Cumpre con este libro con dúas metas: envorcar os coñecementos adquiridos ao longo destes anos nun recompilatorio e guía para vindeiros bartenders ou afeccionados á coctelería e encher un baleiro editorial en Galicia respecto á literatura relacionada coa coctelería.

Na actualidade David Ortiz compaxina a procura de novos sabores[4] con produtos típicos galegos coa divulgación da cultura do cóctel a través da prensa, televisión e da radio.

Obra editar

  • O libro dos cócteles[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar