Gerardo Campos Ramos, nado en Vigo en 1881 e finado o 11 de setembro de 1964,[1] foi un ciclista, comerciante, emprendedor e xornalista galego.

Infotaula de personaGerardo Campos Ramos
Biografía
Nacemento1881
Vigo
Morte11 de setembro de 1964
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIsabel Campos

Traxectoria editar

Fillo de Eduardo Campos Añón e Josefa Ramos,[2] foi campión galego de ciclismo en 1902, xogador de fútbol e directivo de clubs. Foi un dos promotores do Real Club Náutico de Vigo. En 1929 unha comisión presidida por el acordou constituír a sociedade Real Club Náutico.

Propuxo a construción dun aeroporto en condicións e un grande acuario público e foi un dos impulsores da colocación en 1932 da placa de bronce que hai na reixa que protexe a oliveira de Vigo.

Presidiu outras institucións de tipo cultural e deportivo e a compañía Tranvías Eléctricos de Vigo dende 1939 ata 1942.[3]

 
"Figuras y hechos de la Reconquista de Vigo".

Como presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de Vigo, en 1949 pediu que se fixesen un parque zoolóxico e un funicular, que atravesaría Vigo polo Monte do Castro.[4] Así mesmo, en 1952, reavivando unha idea que xa tivera o arquitecto Antonio Palacios Ramilo en 1932, propuxo a Fernando Suárez de Tangil, ministro de obras públicas, a construción dun encoro no Estreito de Rande, que convertería a Enseada de San Simón nun pantano. O proxecto, como tantos outros de Gerardo Campos, desbotouse. Anos despois do seu falecemento, construiríase, nese mesmo lugar, a Ponte de Rande.[5]

Herdou do seu pai, que era sobriño-primo de Francisco Añón, unha colección de manuscritos do poeta de Outes, que entregou a Xosé María Álvarez Blázquez. No ano 1968 Álvarez Blázquez vendeuna á Fundación Penzol.[2]

Colaborou na prensa local, como o Anuario de Vigo,[6] e no xornal madrileño ABC, e deu ao prelo algúns folletos, como "¿Que necesita Vigo?" (1947). Empregou o pseudónimo de Bernardo G. Gil del Valle.

Recoñecementos editar

Nomeárono fillo predilecto da cidade, en sesión da corporación municipal de 30 de setembro de 1958. En 1960 foi recompensado coa Cruz do Mérito Naval, de segunda clase, con distintivo branco.[7] En decembro de 1963 recibiu do ministro Manuel Fraga Iribarne a condecoración ao Mérito Turístico, na categoría de bronce.[8]

Dende 1968, unha pequena rúa do barrio de Teis, perpendicular á Avenida de Buenos Aires, ao carón da saída da autoestrada, leva o seu nome.[9]

Notas editar

  1. García, A. (7/2/2011). "El puente de Rande se queda pequeño en su 30 aniversario". El Mundo. 
  2. 2,0 2,1 Blanco, Ramón (xullo de 2008). "Añón na lembranza de Álvarez Blázquez" (PDF). Terra de Outes (3): 20. 
  3. Giráldez Lomba, Antonio e Pereira, Evaristo (2014). Los tranvías de Vigo en el recuerdo. pp. 36–37. 
  4. Lamas, Jorge (18/2/2009). "Un funicular hasta el Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 
  5. Rolland, Eduardo. "Un proxecto para converter a ría de Vigo nun pantano" GCiencia. 11/2/2016.
  6. Hemeroteca Deputación de Pontevedra.
  7. Orden de 20/1/1960 BOE n.º 35 de 10/2/1960, p. 1635 (en castelán).
  8. "Imposición de condecoraciones al Mérito Turístico…" (PDF). La Vanguardia (en castelán). 4/12/1963. 
  9. En 42°14′56.24″N 8°41′39.18″O / 42.2489556, -8.6942167

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar