Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario/Preparación

Logotipo provisional do quinto aniversario.

Polo de agora todo está pendente, faltan moitos detalles e apartados, así que adiante. Poden collerse ideas das actividades que se fixeron en Wikipedia:Relatorios décimo aniversario.

Comisión de festas editar

Estes son os encargados de organizar todo o miolo, se queres colaborar apúntate abaixo e dálle caña! Se queres facer propostas podes engadilas nos apartados seguintes ou comentalas na páxina de conversa.

Dado que historicamente temos un déficit de usuarios na provincia de Ourense, penso que estaría ben que leváramos a Galipedia á súa capital para se coñeza un pouco máis e que se anime algunha xente de alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:01 (UTC)[responder]

Podo falar coa facultade de Humanidades, da Universidade de Vigo, para facer alí as actividades. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de outubro de 2017 ás 14:30 (UTC)[responder]

A data de celebración do aniversario será o 10 de marzo, sábado.

Adicación editar

Hai unha proposta de Unhanova de facer especial fincapé no aumento de mulleres na edición e participación en xeral.--Agremon(contacto) 23 de setembro de 2017 ás 06:03 (UTC)[responder]

Agremon, realmente eran dúas propostas, e posibelmente excluíntes, e agora hai unha terceira de Elisardojm.

Posíbeis obxectivos:

  • A visibilidade das mulleres na Internet e o aumento de mulleres na Galipedia
  • Lanzar a Asociación de amigas e amigos da Galipedia ou Asociación polo Coñecemento Libre de Galicia (AceLGa) (ou como se acabe chamando)
  • Aumentar galipedistas en Ourense

Eu propoño centralo nalgún deses obxectivos ou nalgunha outra das propostas que se apunten. Unhanova (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 11:03 (UTC)[responder]

Entidades colaboradoras editar

Hai que contactar con entidades que nos axuden con medios, difusión e incluso cartos, como o concello, a Deputación e a Universidade.

Logotipo do 15 aniversario editar

Habería que facer un logotipo para poñer na Galipedia durante o evento. Pode ser a típica tarta, ou tamén o número 15 coa bóla, pero non estaría de máis ter un logo un pouco máis orixinal.

Logotipo para as actividades editar

 
Baseándose nalgunha imaxe de Ourense, estaría ben facer un logotipo deste estilo para poñer nos carteis e anuncios.

Hai que deseñar un logotipo para poñer no proxecto nesas datas.

Ou este edificio tan raro e con perfil tan sintomático/significativo/senlleiro/singular:

Ou isto, que me acaba de deixar fascinado: Commons:category:Romanesque capitals in Ourense commons:category:Pórtico do Paraíso, Cathedral of Ourense.

Eu quería petróglifos, pero non atopei.

Sobreira ►〓 parlez 25 de setembro de 2017 ás 23:06 (UTC)[responder]

Beninho ou Breogan2008, vos poderíades facer unha imaxe esquemática deste tipo? Penso que non sería necesario facela en formato SVG, en PNG ou JPG tamén se poderá usar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 08:49 (UTC)[responder]
Algo se pode intentar. Algunhas das imaxes da ponte coido que pode servir para facer unha imaxe semellante. --Beninho (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 09:16 (UTC)[responder]
Xenial Beninho! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 11:29 (UTC)[responder]
 
Proposta coa Ponte Maior

Elisardojm, elaborei este deseño como mostra para que comentedes que vos parece. Aínda hai que corrixir algúns detalles, pero gustaríame ter opinións e suxerencias de parte da comunidade. Saúdos! --Beninho (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 10:58 (UTC)[responder]

Buáh neno! está mallado!! Gústame moito, a verdade. :D O único que estou pensando é que non sei se quedaría mellor cun algo máis de altura, quero dicir, para que quedara un pouco máis cadrado e non tan alongado. Dígoo pensando en poñelo nas camisetas, por exemplo. Ó mellor poderíase poñer o reflexo da ponte en gris ou algo así, e así a imaxe xa tería máis altura... (agora mirando máis en detalle, vexo que o terceiro arco pola dereita está "na terra", está baseado nunha imaxe do verán?)Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 12:48 (UTC)[responder]
O tema da altura tíñao en mente e estaba pensando nun xeito de arranxalo, así que probarei coa túa idea. A imaxe está baseada na última foto da ponte que hai arriba, pero podo modificar ese anaco de "terra". Saúdos! --Beninho (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 14:31 (UTC)[responder]
Xa que non din feito o inicial que quería por querer pararme, montei un máis cadrado. Quería meter o 1 e o 5 nos arcos, pero non caben, a non ser que queden asimétricos. ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de outubro de 2017 ás 14:03 (UTC)[responder]

Cartel editar

Habería que deseñar un cartel informativo coas actividades a realizar para enviar ós medios e institucións para que se difunda entre a xente.

Bolsas de transporte editar

Para fomentar e facilitar a asistencia de Galipedistas que non teñan dispoñibilidade de transporte, poderíanse establecer algunhas bolsas para que todos os que queiran participar teñan as maiores facilidades posibles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:01 (UTC)[responder]

Actividades editar

Aquí podes engadir as propostas e ideas que teñas para celebrar este día.

Relatorios editar

Poderían buscarse algúns persoeiros relacionados coa cultura e a cultura libre para que comentaran algún tema de interese.

Obradoiros editar

Obradoiro de Autowikibrowser editar

O Wikipedia:AutoWikiBrowser é un programa que serve para facer edicións automáticas e semiautomáticas nos artigos, é unha especie de bot. Poderíase organizar un obradoiro no que se ensinara a instalar a ferramenta, configurala de forma básica e poñela a funcionar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:11 (UTC)[responder]

Wikitakes editar

Fotografar zonas de Ourense. Quizais a Catedral por dentro? Quizais pedir que nos ensinen o Museo de Arqueoloxía? Quizais parroquias próximas?

No proxecto Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias faltan 12 imaxes de parroquias do concello, a maiores, nos concellos lindeiros, en Coles falta unha, no Pereiro de Aguiar faltan 7 e en San Cibrao faltan 3. En total 23.

Creo que podería facerse un concurso fotográfico con este tema para conseguir imaxes que necesitamos. Podería darse algúns premios ós que suban máis fotos diferentes deses lugares, pedindo unha calidade mínima, como mínimo un encadramento correcto e unha iluminación que permita ver a imaxe. As fotos poderían subirse durante as semanas anteriores ó evento, e terían que engadirse a unha páxina. Logo faríamos un filtro, dous ou tres usuarios voluntarios e non participantes, para quitar as imaxes desenfocadas, queimadas, ou que non teñan un encadramento normal, e logo os que tiveran máis fotos levarían os premios. No día do evento poderíamos facer a entrega de premios para que se puideran facer as "fotos para os medios". Propoño este sistema porque un sistema con xurado sería moito máis complicado de montar, e hai moitas outras actividades que facer.

Pódense tomar como referencia para os premios os de Wiki Loves Monuments 2017 en España. Eu en vez de poñer "vale de compra de material fotográfico" poría simplemente "tarxeta de compra de Amazon".

Obradoiros en centros de ensino editar

Poderíamos coordinar obradoiros a desenvolver en centros de ensino. Trataríase de que algún wikipedista se trasladase aos centros a facer algunha actividade, ben enfocada ao alumnado, ben aos docentes, ben a ambos. Habería que facelo durante a semana anterior ou posterior ao finde elexido, en horario escolar. Eu pódome plantexar coller un día libre, agora temos moscosos (xa sei que sonará obsceno, pero mola cantidubi e ven de co"%&$ para o caso), e adicarlle a mañá a visitar centros da cidade ou arredores. Habería que redactar unha misiva para enviar a proposta aos centros con tempo.--Viascos (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 17:43 (UTC)[responder]

Wikimaratón editar

O Wikimaratón estaría precedido por unha charla introdutoria á edición wiki (poderían facerse dúas, unha pola mañá e outra pola tarde, non máis de media hora cada unha), e habería que procurar ter na sala libros de referencia para axudar a facer os artigos. Para esta actividade faría falta ademais unha sala de informática con conexión a Internete ou unha sala con conexión WIFI. Tamén habería que buscar xente interesada, habería que contactar directamente, e con tempo, con asociacións de veciños, asociacións culturais, centros educativos, etc, para que teñan moi presente a realización desta actividade para que acudira toda a xente posible.

Tamén podería animarse a cousa regalando unha camiseta ós participantes que fixeran polo menos un artigo mediano durante o evento (ata fin de existencias e suxeito á dispoñibilidade de tallas).

Wikimaratón sobre Ourense. Patrimonio, personalidades, rúas.

Artigos propostos:

Artigos a mellorar:

Wikiconcerto editar

Outra posible actividade sería facer un concerto de música libre. O ideal sería conseguir unha serie de obras que teñan as partituras con licenza libre e buscar un grupo que as quixera tocar. Se fose necesario, ós integrantes do grupo poderíaselle pagar pola súa interpretación, iso si, tódolos dereitos que poidan ter terían que liberalos. Piquito, se te animas, ti poderías axudar moitísimo nesta actividade. A idea é que, a maiores de ter unha actividade máis para o aniversario, que esta interpretación sexa gravada para subir despois a Commons e engadir ós artigos relacionados.

Outros editar

Eu vou propoñer (no PdP) que se faga un setestrelo do Portal das palabras con termos para celebrar o aniversario. Serían cousas como modelo, ligazón, categoría, ... Admítense suxestións, como se queredes votar as ideas que xurdan. ※ Sobreira ►〓 parlez 24 de setembro de 2017 ás 19:56 (UTC)[responder]

Sobreira, que é un setestrelo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2017 ás 20:34 (UTC)[responder]
Un dos tipos de contidos do Portal das Palabras. A sección comenta un grupo de sempre sete palabras cun tema común. ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de setembro de 2017 ás 06:41 (UTC)[responder]
Ah, pois entón tamén pode engadirse homónimo, por exemplo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 07:40 (UTC)[responder]
colaborativo, libre, homónimo, modelo, ligazón, categoría ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de setembro de 2017 ás 11:09 (UTC)[responder]
pois falta..., enciclopedia! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 11:30 (UTC)[responder]
É que tamén temos dicionarios, e fontes, e libros... ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de setembro de 2017 ás 13:54 (UTC)[responder]
... pero neste caso o aniversario é da enciclopedia... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 14:53 (UTC)[responder]

Eu non vou poder participar na organización de actividades, con todo ocorréronseme algunhas cousas que podemos tentar facer dende a Galipedia para tentar publicitala de cara ao evento:

  1. Chegar aos 150.000 artigos para o 15º aniversario.
  2. Chegar aos 150 artigos de calidade (para ter 10 elixidos por ano)
  3. Que todas as parroquias de Galicia teñan imaxe.
  4. Facer artigos de todos os lugares de Galicia.

Creo que non son excluíntes ningunha delas, de feito a primeira e a cuarta son complementarias. Creo que sería interesante chegar aos 150 artigos de calidade para "vender" a Galipedia como un proxecto preocupado pola mellora e a calidade dos seus contidos. Creo que podemos tentar traballar nalgún deles, que pensades? Piquito (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]

Son tarefas bastante complicadas pero que claramente axudarían a publicitar o proxecto. Eu creo que a máis interesante é a de conseguir os 150 artigos de calidade, como comenta Piquito, e traballarei para acadala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 22:16 (UTC)[responder]

Presuposto editar

Hai que elaborar un presuposto, axustado ás actividades a realizar, para presentalo na páxina de bolsas da Fundación.

  • Camisetas para promocionar e regalar no wikimaratón (15 eur * 50): 750 eur
  • Torta do décimo quinto aniversario: (50 eur (12 racións) * 2): 100 eur [1]
  • Varios (pratos, cubertos): 4,15 eur (pratos, 100 u) ou 1,99 (25 u) + 2,20 eur (vasos, 100 u) ou 1,00 eur (25 u) + 0,75 eur (cubertos 25 u, multiplicar polo que se queira -coitelos, garfos e/ou culleres-)
  • Carteis (estimar)
  • Premios (decidir que premios dar)
  • Gastos imprevistos: 10% do presuposto final
  • Total: