A filla das ondas

obra literaria de Fina Casalderrey

A filla das ondas é unha obra literaria de Fina Casalderrey, publicada en 1999 polo concello de Pontevedra, con ilustracións de Xosé Chavete. É unha obra de literatura infantil e xuvenil.

A filla das ondas
Autor/aFina Casalderrey
Ilustrador/aXosé Chavete
OrixeGaliza
LinguaGalicia Galego
Xénero(s)Literatura infantil e xuvenil
EditorialConcello de Pontevedra
Data de pub.1999
FormatoTapa dura; 21 x 21 cm
Páxinas52 páx.
editar datos en Wikidata ]

Froiaz é un neno que se acaba de mudar a Pontevedra xunto co sei pai e a súa nai. Vive fronte á capela da Peregrina, e escríbelle ao seu amigo que non lle gusta a cidade.

É a noite de San Xoán, e hai lúa chea. Tras escoitar unha voz cantar, asomouse á ventá e viu unha nena xogando, que o animou a baixar. A nena, Mariña, lévao de paseo pola cidade. Mariña é quen de transportalo a través do espazo e do tempo, e de facelo invisible se lle dá a man. Porén, Mariña debe mollarse cada pouco tempo con auga salgada, pois é unha serea, e se non o fai converterase nunha pedra.

No paseo, coñecen ao loro Ravachol e ao seu propietario, Perfecto Feijoo. Despois pasan pola praza da Ferrería e polo convento de San Francisco, onde está soterrado Paio Gómez Chariño. Pasan por diante do museo de Pontevedra e pola praza da Verdura, onde se instalou en 1888 a fábrica de luz. Tamén pasan polo Teatro Principal e coñecen a Castelao, Alexandre Bóveda, Casto Sampedro, Manuel Quiroga e Benito Soto. Finalmente, pasan a carón da Basílica de Santa María, e falan de Colón e do barrio da Moureira.

Narración

editar

A obra conta con dous personaxes imaxinarios, un neno humano e unha nena filla do Mar e da Ría. Amais, conta con múltiples personaxes reais de diversas épocas de Pontevedra. Está en terceira persoa con narrador omnisciente.

Inclúe numerosas ilustracións a cor de José Chavete.

Traducións

editar
  • Ao castelán pola propia autora co título de Hija de las ondas publicado en 2003 por Editorial Kalandraka[1].
  1. "Hija de las olas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-01.