Conversa usuario:Estevoaei/2018
Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...
Arquivo de mensaxes antigas: desde agosto do 2007 |
Caitlin Moran
editarOla, pois que casualidade! Eu vina en artigos solicitados e animeime a traducir o seu artigo (que aínda non rematei... son así de lacazán). Un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 7 de xaneiro de 2018 ás 19:45 (UTC)
Pedro Osorez de Ulloa
editarOla Adrián, grazas.
Mais teño as miñas dúbidas de que se poida dicir que o tal Pedro naceu en Beade ou en Vigo. O que di a fonte (p. 627), exactamente é: "Natural de la ciudad de San Juan de Sa en Galicia".
- Toribio Medina, José (1906). Diccionario biográfico colonial de Chile pp. 627-629. Imprenta Elzeviriana, Santiago de Chile. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2018 ás 11:23 (UTC)
- Outra cuestión, que quizais descoñezas:
- Wikidata sabe localizar tódolos concellos de Galicia, de España etc. Sabe a que provincia pertencen. De xeito que si en Wikidata pon que Fulano de Tal naceu no concello "X", wikidata "sabe" que Fulano naceu na provincia que sexa, no país que sexa e no continente que sexa.
- Non así coas parroquias. Tódalas parroquias teñen ficha de seu en Wikidata, máis na maioría dos casos están incompletas. Por iso, se lle dis a Wikidata que Fulano naceu en Beade, aí se queda, Wikidata non sabe a onde pertence Beade. Porén, a solución é doada, hai que entrar na ficha da parroquia e dicirlle a que concello pertence (situado na unidade administrativa: Vigo) así. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2018 ás 15:34 (UTC)
Modelo Biografía
editarOla Estevo. Non vexo motivo para cambiar polo modelo {{biografía}} cando os artigos xa teñen un modelo máis axeitado como neste caso por exemplo. Unha cousa é incluílo nos que non teñen ningunha caixa, pero substituír os modelos máis particulares polo máis xenérico non me parece o máis axeitado. En todo caso o que habería que facer sería traballar con eses outros modelos máis particulares para darlles a funcionalidade que xa ten o xenérico pero adaptándoos as particularidades de cada un. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:26 (UTC)
- Xa, pero o único motivo polo que non aparecían era porque o modelo non tiña os datos engadidos, sería máis axeitado ben engadirllos nese ou facer que ese modelo tome datos de wikidata da mesma forma. Si, é máis cómodo meterlle {{biografía}} sen máis e que teña xa os datos. Pero é impráctico e imposible de manter un só modelo con tódalas particularidades para escritores, actores, deportistas, científicos, astronautas, políticos... Ningunha wikipedia fai iso por ese motivo, non é práctico e sería un inferno codificalo e mantelo. O ideal debería ser que tódolos modelos particulares tiveran a funcionalidade de tomar certos datos do wikidata como fai ese, non limitar tódolos artigos de persoeiros a utilizar un só modelo limitado a determinados campos xenéricos. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:34 (UTC)
- En ningún momento díxen que fora inútil. É máis, dixen que me parece ben incluílo nos artigos de biografías que non teñen ningunha outra caixa. O que non me parece axeitado é limitar tódalas biografías a un só modelo. Utilizar ese por defecto, agora mesmo, é unha solución rápida e sinxela para que os artigos teñan a súa caixa correspondente, pero non é o ideal para todos, nin creo que se deban substituír as caixas máis específicas. Se o resto de caixas teñen a "carencia" de non ter a funcionalidade de wikidata, o que habería que facer é traballalos para que tamén as teñan. Para según que campos xenéricos sería relativamente doado incluirlles esas funcionalidades tendo como base o que xa funciona. O que non se pode pretender é que un só modelo teña tódolos campos de {{Futbolista}}, {{Político}}, {{Actor}} ou {{Militar}} por exemplo, cando cada un destes está preparado para amosar información moi particular relacionada con cada unha das actividades profesionais concretas. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:49 (UTC)
- Eu concordo con Banjo neste tema, hai fichas para determinados tipos de personalidades que teñen información moi específica, non se poden cambiar polo modelo simple de Biografía porque estamos perdendo eses campos específicos. Como comenta el, o que se debe facer é engadir as funcionalidades de Wikidata a eses modelos detallados, eu tiña pensado facelo nalgún momento despois do aniversario da Galipedia.
- O que quizais si se podería facer é engadir co bot o modelo xenérico de Biografía ós artigos que non teñan ningunha ficha, mentres non se lles engada outra máis específica. Podería facelo revisando Categoría:Personalidades, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 09:07 (UTC)
- @Elisardojm: Xa o pensara hai tempo. É sumamente complexo, hai demasiadas variables a ter en conta para o bot, demasiados marcadores de caixas diferentes como para evitar falsos positivos, acabaríamos probablemente con artigos con dúas caixas de información. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)
- @Banjo: Ah, tes razón, unha mágoa... E se se simplifica a busca? Quero dicir, non intentar engadir o maior número posible de modelos nos artigos, se non intentar engadir o modelo só nos artigos nos que saibas seguro que non hai ningún modelo. Sería meter a ficha nos artigos de personalidades que non teñan ningunha cadea {{. É certo que quedarán moitos artigos nos que non se engada porque usen algún modelo para algunha funcionalidade, pero si haberá algúns artigos nos que si se poida engadir sen problema, algo é algo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 09:21 (UTC)
- @Elisardojm: Xa o pensara hai tempo. É sumamente complexo, hai demasiadas variables a ter en conta para o bot, demasiados marcadores de caixas diferentes como para evitar falsos positivos, acabaríamos probablemente con artigos con dúas caixas de información. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)
- En ningún momento díxen que fora inútil. É máis, dixen que me parece ben incluílo nos artigos de biografías que non teñen ningunha outra caixa. O que non me parece axeitado é limitar tódalas biografías a un só modelo. Utilizar ese por defecto, agora mesmo, é unha solución rápida e sinxela para que os artigos teñan a súa caixa correspondente, pero non é o ideal para todos, nin creo que se deban substituír as caixas máis específicas. Se o resto de caixas teñen a "carencia" de non ter a funcionalidade de wikidata, o que habería que facer é traballalos para que tamén as teñan. Para según que campos xenéricos sería relativamente doado incluirlles esas funcionalidades tendo como base o que xa funciona. O que non se pode pretender é que un só modelo teña tódolos campos de {{Futbolista}}, {{Político}}, {{Actor}} ou {{Militar}} por exemplo, cando cada un destes está preparado para amosar información moi particular relacionada con cada unha das actividades profesionais concretas. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:49 (UTC)
@Elisardojm: co pywikibot imposible, demasiado lento e pouco fiable. Co AWB pilla artigos que non son personalidades, por como está definido a árbore de categorías, tampouco é factible. ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 10:34 (UTC)
Fronte Popular (España)
editarBoas Estevoaei, o artigo Fronte Popular (España), que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:51 (UTC)
Wikidata
editarIntroducín algúns datos en Wikidata (pouco a pouco, que non é meu...). O que pasa e que na columna de Ferramentas, á esquerda, non aparece "Elemento de Wikidata". Fáltame facer algo?--Jglamela (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 19:30 (UTC)
Engadir afirmación en wikidata
editarBoas meu, a ver se me podes botar unha man. Eu sei como modificar os datos dun artigo en Wikidata, pero agora quero engadir un dato novo na páxina de Kazuo Ishiguro, é que me preguntou Soleil222 como facer para engadir que ten unha filla e non atopei como se fai. Podes dicirmo para outra vez? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 13:16 (UTC)
- Grazas, non o vira antes. O que pasa é que teño un problema, doulle a engadir a declaración, meto a propiedade "fillo" e poño o nome, pero a ligazón de "publicar" non está activa, así non podo gardar o cambio. Que pasa? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:28 (UTC)
- Entón, só se poden meter propiedades que xa existan en wikidata? É dicir, para poder engadir a filla primeiro hai que crear ese elemento, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:59 (UTC)
- Vale, tomo nota, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 00:12 (UTC)
- Entón, só se poden meter propiedades que xa existan en wikidata? É dicir, para poder engadir a filla primeiro hai que crear ese elemento, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:59 (UTC)
Traducións
editarImperdoábel!Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:03 (UTC) Non revisei a TA da bibliografía porque sempre lle dou a non traducir nesa parte, hai esa opción, aínda que por defecto aplica a TA. Non me vai volver pasar (espero).Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:07 (UTC)
Pregunta: cando pos
En vez de:
==Bibliografía==
==Véase también==
===Otros artículos===
===Enlaces externos===
==Notas==
{{listaref}}
Pon:
==Notas==
{{listaref}}
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Outros artigos===
===Ligazóns externas===
Entendo que na Galipedia hai unha orde distinta na estrutura con respecto a outras Wikipedias? Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:24 (UTC)
Wikiproxecto 10000
editarPois non me decatara... copiei os datos directamente da lista de Meta-Wiki. Si, ten que haber un erro. Voulle escribir unha mensaxe ao usuario que se encarga de actualizar os datos a ver se o amaña. Grazas polo apunte e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:59 (UTC)
- Díxome que o vai intentar arranxar antes da seguinte actualización mensual. Polo visto suma 9999 en tódalas linguas. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 14:59 (UTC)
Categoría movemento ecoloxista
editarBoas Estevoaei! Vin que eliminaches a categoría de "movemento ecoloxista" e incluíches os artigos dentro de "Ecoloxía" en Agricultura ecolóxica (un cambio automatizado, creo). O primeiro é un movemento social reivindicativo e o segundo é unha disciplina científica da Bioloxía. Moitas veces a reclamacións que fan os ecoloxistas non teñen unha base científica, cando menos sólida. (Así é que rifamos de cando en cando). O correcto é que estea dentro dunha categoría de "movemento ecoloxista" ou "ecoloxismo" e nunca en "Ecoloxía". Graciñas e saúdos!
DLG
editarOes, Adrián.
Fixen este cadro, que igual que interesa. Nel se indica o estado actual dos artigos de marras. O ideal sería, claro, que algún día cheguemos a que todos teñan estreliña marela e bandeira de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2018 ás 14:27 (UTC)
RE:contracción
editarO parámetro é |de=
. {{Hab info}} xa o tiña definido, incluíno no modelo {{Gráfica de evolución}} tamén. Hai que poñer |de=do
no código do modelo para eses artigos, utilizándoo en conxunción co parámetro |nome=
. Un exemplo
Podo confirmarche que o polígono toma o seu nome dese lugar, malia a lixeira diferencia no nome. O que non sei con exactitude é si está dentro da demarcación do lugar, non teño nada á man que mo confirme 100%, e jujel é dificil de interpretar neste aspecto. ☣Banjo tell me 21 de xaneiro de 2018 ás 22:26 (UTC)
¿Cómo se añaden valores en Wikidata?
editarHola,
Me ha enseñado Elisardojm a introducir modificaciones en Wikidata. Ya he realizado 5 ediciones en algunos conceptos preexistentes. Pero no soy capaz de añadir valores nuevos.
Estoy ahora en la página de Chris Martin: https://www.wikidata.org/wiki/Q712860 Fui capaz de poner la fecha de nacimiento de Moses Martin y de añadir 2 referencias (2 URL). Pero no puedo añadir otro valor en el concepto "Child". Pretendo escribir "Apple Martin" (el nombre de su hija). Pero el sistema no me permite publicar, porque "Apple Martin" no es un nombre predeterminado. Solo me deja publicar "Apple" (una denominación aproximada).
Encuentro asimismo dificultades para editar la página de Albert Camus: https://www.wikidata.org/wiki/Q34670. Quiero añadir el nombre de su 1ª esposa (Simone Hié); pero me aparece el mensaje "No match was found" y no tengo opción de publicar.
¿Podría Ud. ayudarme?
Saludos.
Soleil222 (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 18:12 (UTC)
- Estevo, dígolle que mire o que me deixaches a min na conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 19:03 (UTC)
Reference URL - End Time
editarHola de nuevo. He revisado la biografía de Olivier Todd. Finalmente he encontrado su fecha de nacimiento. Tengo algunas dificultades técnicas... Puse una "reference URL" del "start time", pero no soy capaz de insertar una "reference URL" del "end time". Pretendo aportar este link en la sección "end time": https://books.google.es/books?id=UqeNR5qdHSkC&pg=PA19&lpg=PA19&dq=%22September+1940%22+%22Camus%27s+divorce+from+his+first+wife%22&source=bl&ots=j02mVy_sCv&sig=emdJz1UGJwTdytQaQ65daCsbXuw&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwiekKm2g-7YAhXCNxQKHaWfAh4Q6AEIJzAA#v=onepage&q=%22September%201940%22%20%22Camus's%20divorce%20from%20his%20first%20wife%22&f=false Pero aparece en "start time": https://www.wikidata.org/wiki/Q47484792 Ayer no rellené la categoría "spouse" porque no sabía desplegar "add statement". Ya me he dado cuenta hoy de que se pueden añadir "more" fields.
RE:mover artigos
editarPerdoa Estevoaei, tes razón, sempre o esquezo... As miñas desculpas. --Krisko (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 21:57 (UTC)
Discordo
editarOla Estevoaei. Casualmente vin a túa mensaxe na conversa de Nemigo. Non concordo en absoluto coas formas empregadas nesta edición, non me parece un xeito axeitado de dirixirse a ningún usuario (e máis aínda cando hai moitos usuarios que cometen o erro de "con + a" e non se lles fala neses termos). Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 23:48 (UTC)
Parámetros obsoletos
editarBo día, usando a interface de citas introduce un parámetro obsoleto. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 10:33 (UTC) O que quería trasladar era o aviso de que a interface produce ese erro por se é posíbel emendala. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 12:40 (UTC)
A miña proposta é por se alguén sabe solucionar o cadro de diálogo que causa ese parámetro obsoleto, xa que foi causado por un cadro de diálogo (era o que quería dicir coa interface, non era polo aviso que se xera unha vez publicado). Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 13:55 (UTC)
Non me dou explicado. Cando volva abrir o cadro de diálogo e haxa máis dun autor, vai volver xerarse o mesmo erro que haberá que solucionar manualmente e o mesmo lle vai pasar a outra persoa que faga o mesmo. Eu quería saber se habería alguén que soubese cambiar ese cadro de diálogo para que non xerase ese parámetro que xa non existe. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 15:02 (UTC)
É na cita de libros onde me entrou a min e foi en galego. Non sei se é común co de castelán. Por exemplo, nesta mesma páxina, onde pon modelos usas citar libros e pos a engadir máis campos. Lles (conversa) 27 de xaneiro de 2018 ás 22:19 (UTC)
Somos xa 11. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 29 de xaneiro de 2018 ás 10:50 (UTC)
Correo electrónico a Segredos de Pantón
editarOla perdón, por non contestar antes. Pero ando un chisco liado cunha charla. Pero se queres contactar comigo o meu correo é segredosdepanton@gmail.com, contesto normlamente moi rápido así que cando queiras enviarme algo, xa sabes. Moitas grazas!!! Un saúdo.--Segredos de Pantón (conversa) 29 de xaneiro de 2018 ás 22:23 (UTC)
Re:Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarGrazas! Engadín o modelo na páxina de conversa e creo que corrixín meus erros na páxina Cormac mac Cuilennáin. Podería revisar? Leefeni de Karik (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 01:36 (UTC)
Wikidata - Catherine Camus
editarHola de nuevo. He abierto un artículo en Wikidata sobre Catherine Camus: https://www.wikidata.org/wiki/Q47519747 En el apartado "occupation", puse lawyer. Pero se trata de una atribución impropia, dado que esta mujer estudió Derecho pero no lo ejerce. Se dedica exclusivamente a gestionar la obra de su padre. ¿Cómo puedo indicar la carrera que cursó? El campo "educated at" lo he dejado en blanco (no sé con certeza si se graduó en La Sorbona). Saludos.
Beatriz Benavides
editarBoas, estiven buscando pola rede e parece que o artigo, con algunha modificación saíu de aquí. Non sei se habería que borralo... Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 19:13 (UTC)
- Paréceme ben o que dis. Eu pola miña parte non o borraría, mais pensei que podería haber algún outro que si pensara que si debería ser borrado, por iso o deixei nas túas mans ;) . Un saúdo, e por certo, parabéns, xa que parece que vas saír escollido como burócrata. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 19:23 (UTC)
Wikipedia - Patricia Blake
editarBuenos días. Quiero abrir un artículo en Wikidata sobre Patricia Blake (una de las amantes de Albert Camus). Esta mujer era periodista. He encontrado un artículo sobre otra Patricia Blake (pintora): https://www.wikidata.org/wiki/Q21795304 ¿Podría modificar la "ocuppation" y añadir más campos en este artículo preexistente? ¿O necesariamente he de abrir una página nueva? ¿Me sancionan si creo una página con el mismo nombre? Saludos.
Ada Blackjack
editarOla, Estevo. Non é mala opción para a túa listaxe de 100 artigos de mulleres. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 18:18 (UTC)
- @Atobar: Pero esta non escribiu nada. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xaneiro de 2018 ás 23:05 (UTC)
- Ah, pensei que eran mulleres destacadas en xeral, non só escritoras. Confusión miña. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 23:48 (UTC)
Wikidata.
editarOla, meu rei.
Xúroche que estiven intentando facelos, pero non fun capaz. Teño fuchicado moito no Wikidata, pero sempre pra editar cousas que outros crearan. Pra facer unha ficha nova, nin flores. Algo haberá que facer, pero non sei o que. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 31 de xaneiro de 2018 ás 21:25 (UTC)
A ver. Acabo de estrearme como creador de entradas da Wikidata. Que nervios. Non sei que tal o fixen. Tocoulle a Ubaldo. Podes botarlle un ollo? Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de febreiro de 2018 ás 23:14 (UTC)
Burócrata
editarParabéns! e estarás contento co apoio recibido :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 09:25 (UTC)
MVM
editarMoitas grazas e parabéns para ti tamén pola túa recente elección como burócrata! Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 15:33 (UTC)
Wikirreto 2018 - Xaneiro
editarParabéns! Gañaches o Trofeo de Bronce do mes de xaneiro do Wikirreto 2018. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 16:03 (UTC)
Wikidata: Libros
editarEstimado Estevoaei: Hace unos días me dijiste que cabe la posibilidad de crear artículos en Wikidata referentes a libros. ¿Cómo se hace? ¿El apartado Create a new item no está destinado exclusivamente a personas físicas? Estoy intentando contactar con una de las administradoras de Wikidata (una tal Andrea), pero parece que tarda en responder. Por otro lado, muchas páginas de Wikidata llevan unos códigos alfanuméricos ("identifiers"). ¿Cómo se insertan? ¿Cuáles son los símbolos que le corresponden, por ejemplo, a este ítem: https://www.wikidata.org/wiki/Q47493506? Saludos. Soleil222 (conversa) 3 de febreiro de 2018 ás 14:45 (UTC)
Revisión artigo
editarBoas Estevoaei. Poderías botarlle unha ollada á ortografía de Alicia do Reino Unido? Xa lle pasei o corrector e lino varias veces... pero creo que non lle iría mal unha revisión por un experto na lingua. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2018 ás 19:43 (UTC)
Alfred Döblin
editarBoas Estevo, o artigo Alfred Döblin, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 12:09 (UTC)
- Tamén Josefina López de Serantes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 14:14 (UTC)
Fusión / Segregación
editarOla, fixen unha entrada na taberna para ver se hai algún material que valla para decidir sobre https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Maternidade .Lles (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:28 (UTC)
Pregunta
editarOla, non sei se entendín o de editar con afouteza, queres dicir que podo editar eliminando a redirección? Lles (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 20:04 (UTC)
Zeitgeist
editarGrazas pola edición. Habería que facer unha páxina de desambiguación para separar o artigo do disco e tema dos Smashing Pumpkins e outros de pelis (por facer). E de paso, non estou seguro de que a categoría e o título sexa axeitado, non hai categoría de "termos en alemán, nin noutras linguas.--Viascos (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 02:38 (UTC)
Modelo:Couceiro, "Modelo:Gallegos", "Modelo:Madoz" etc
editarOla Adrián.
Dáste conta de que nalgúns artigos, na sección de bibliografía, os apelidos están en maiúscula, noutros en versaleta e noutros unicamente coa inicial en maiúscula, e que, ao meterlle os modelos do asunto a todos, o resultado queda chafalleiro, non si?
Como solucionamos iso? --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2018 ás 12:40 (UTC)
Wikimaratón
editarOla, Adrián! Graciñas pola info. Non poderei estar presencialmente convosco na biblioteca, son profe de Física e Química no IES Arcebispo Xelmírez II e o martes non teño aulas entre as 10 e media e as 12 e media polo que estarei conectada desde a biblioteca do centro para axudar no que poida.--Faraquel (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 13:03 (UTC)
- Ola Adrián, son Rocío, colaboro con Lorena dende Lugo. Escriboche para indicarche que editei o apartado de novas nos medios na páxina do Wikimaratón. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 17:15 (UTC)
Ola! Son Lorena, aparezo como Sigridth na listaxe de participantes, é o meu nome polas redes adiantes. Saudiños, a ver se aprendo a manexarme por aquí. --Sigridth (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 09:01 (UTC)
Ola Adrián!Engadín máis mulleres para o día 10 e teño moitas para engadir. Tamén engadín 10 mulleres no teu reto de #100wikidays, queres máis?? Saúdos.--Moniquiña (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 10:59 (UTC)
Ola! Tiven un problema coa subida da foto A Banda Da Loba.jpeg, porque a puxen no artigo A banda da Loba antes de que a autora enviara o permiso a Commons. Onte a noite xa o enviou, máis agora non sei ben como facer para revertir o cambio. Volvo subila sen máis ou escribo algo na conversa con quen o fixo? a verdade que é a primeira vez que me pasa e non sei se será mellor agardar uns días antes de facelo. Podo enviarche a foto por correo e que o fagas ti? Agardo consello. Grazas. --Moniquiña (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 10:49 (UTC)
- Ola, @Moniquiña: Non sei moi ben como funciona o dos e-mails de permiso para Commons (quizais sabe máis @Elisardojm:; supoño que agora xa podes cargar de novo a imaxe, ou solicitar que se recupere e explicar o do mail. Sinto non poder axudar máis. Noutra orde de cousas: que tal de televas con WikiData? Creas ti o elemento para A banda da Loba, ou prefiras que o faga eu? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 17:24 (UTC)
Ola de novo! Pois xa lle escribín a @Elisardojm:. Mentras, por favor fai ti o de WikiData, que lembro que era sinxelo más teño que revisar cómo... Grazas. --Moniquiña (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 18:47 (UTC)
Xesús Ferro
editarBoas noites. O artigo sobre Xesús Ferro Ruibal dálle como ocupación a de "tradutor e tradutor da Bíblia". Efectivamente, foi tradutor e formou parte do equipo que traduciu a Biblia ó galego, pero non podemos darllo como "ocupación". Agora xa está xubilado, pero a súa ocupación foi a de profesor de Instituto e, sobre todo, a de lingüista, escritor e membro da RAG. Como iso vénlle do wikidata, será alí onde haxa que cambialo. E iso xa é cousa túa. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 23:05 (UTC)
Wikidata: Employer - Employee
editar¡Hola! Ayer abrí un artículo en Wikidata dedicado a Kate Greer (https://www.wikidata.org/wiki/Q48980153). En el statement "employer" puse Julia Allison (Kate fue su intern). Correlativamente, pretendo indicar que la "employee" de Julia Allison (https://www.wikidata.org/wiki/Q6306166) fue Kate Greer; pero no soy capaz de hacerlo. En el parámetro "employees" simplemente puedo insertar el "total NUMBER of employees", pero el sistema no permite publicar nombres concretos. ¿Hay alguna solución? Saludos. Soleil222 (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 20:18 (UTC)
GND ID
editarBoas, Estevo: He escrito un post en tu página Discussion de Wikidata sobre el GND ID. Soleil222 (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 14:32 (UTC)
A biblioteca do wikimaratón
editarBoas Estevo, non sei se viches a nova sección que engadín en Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, pero se tes un momento, estaría xenial que lle botaras un ollo e engadiras aí algún libro que poidas levar. Así se anotamos os que temos dispoñibles, evitaremos levar libros repes (se hai algún repe tampouco pasa nada, pero se temos máis variedade, mellor) e conseguiremos máis fontes. E aínda que ti non os teñas, podes apuntar algúns que consideres importantes, quizais eu, ou outro, poida conseguilo nunha biblioteca pública para achegalo ó evento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 09:12 (UTC)
Eugenia Osterberger
editarOla Estevoai! Que tal? Mira unha cousa, estes días estiven traballando no artigo de Eugenia Osterberger, xa que o Conservatorio de Culleredo escolleuna como figura central do mes de marzo con motivo do Día da Muller e van facer unha exposición sobre a compositora, ademais dun acto no que creo que se van interpretar composicións súas. O caso é que os paneis da exposición van ter un código QR que enlazará co noso artigo, onte remateino e propúxeno para calidade porque dei feito un artigo completo (de feito o mellor artigo dunha personalidade da música galega dos tres que teño presentado para calidade, na miña opinión), e comentoume Elisardojm que ti podías darlle unha revisión ortográfica máis fina que el, así que me preguntaba se poderías darlle unha pasada de aquí ao 1 de marzo (día no que se inaugura a exposición) para que estea limpo de erros, aínda que non participes na votación, iso é o de menos, o que me interesa é que quede fino dende o punto de vista ortográfico porque é un conservatorio con moitos alumnos (e polo tanto moitas familias) e pode que moita xente o consulte, sería unha boa publicidade dar boa imaxe e pode que alguén se chegara a interesar ou que puidera sair algún obradoiro de edición no centro. Xa me contas, un saúdo!! Piquito (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 22:41 (UTC)
Recoñecemento doutras Wikipedias
editarOla, Estevoaei, puxeches xa o recoñecemento na páxina na que atopaches que eu non o fixera? Lles (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 13:29 (UTC)
Non chega con citar as referencias? Lles (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 13:37 (UTC)
De acordo Lles (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 13:47 (UTC)
Fedellando wikidata: consultas sobre cousas que estaría ben mirar
editarOla! Estiven cambiando os elementos vinculados a ocupación segundo os criterios que dixemos Aprendendo WikiData Febreiro 2018e avísovos aquí, @Elisardojm:@Xabier Cid: @Raivenra: @Brais Oliveira: @Viascos: @Servando2: @Lissall: non vaia ser:
- nome elemento (xenérico ou masculino)
- descrición (na medida do posible en linguaxe inclusiva)
- seudónimos (incorporando aquí a denominación feminina)
- etiqueta feminina - a palabra que sexa en galego
O que non vexo claro non o cambio. Ademáis estou atopando moitas propiedades moi semellantes e cuxa aplicación non é moi intuitiva. Ando a poñelas na miña páxina de usuaria segundo os vou atopándo para cando o teña máis claro facer unha consulta completa ou proposta en condicións. Un dos pares que me preocupa é causa da morte/causas do falecemento Digoo poque non lembro o nome do usuario que estaba interesado na edición de elementos vencellados a falecemento... Outras importantes son as subdvisións do concepto nome e as subdivisións xeográficas. Nisto último se tes práctica usándoas, por favor, dáme un exempliño e vou mirando como funcionan (hai conceptos duplicados, uns máis abstractos que outros). A idea era nun futuro organizarme un planiño de traballo e ir metendo pouco a pouco concellos, parroquias,etc. pero non vou facer nada polo momento, e menos sen falalo. Vou seguir investigando e traducindo(non estou a crear en xeral Q´s novos)os bloques que serían máis básicos. Por exemplo, penso que estaría ben crear elementos de fontes básicas de referencia para poder incluílos nas referencias de propiedades elementos "básicos" novos. Desta maneira veño de modificar (que xa existía)o elemento DRAG. Digoo porque veño de ver unha usuaria moi activa en wikidata que si, inclúe referencias a todo, moi ben e adoitan ser URLS a google books e cousas así. O problema é que igual en xeral, era mellor crear elemento das fontes de referencia máis usadas para os bloques "básicos", porque non teño claro o de converter as ligazóns externas dunha entrada de Wikipedia en URLs do campo referencia en wikidata (que pasa se non son persistentes? e cos posibles conflitos de punto de vista?) Bueno que rollo acabo de botarche. Simplemente que se agradece se me ides botando un ollo, non vaia ser.. Saúdos!--Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 15:37 (UTC)
Alma Deutscher
editarOla Estevoaei! O certo é que non quero meterme cun artigo dunha nena prodixio, trátase dunha rapaza de 13 anos, polo que o artigo vaise desactualizar seguido durante moito tempo e na Galipedia desafortunadamente non hai un equipo grande de persoas interesadas neste tema como para que se poida ir traballando ao ritmo que precisará, así que mellor que quede como está. Por certo, desaconsélloche que metas o modelo de "biografía" cos datos de Wikidata, non vai ben, aparecen demasiadas veces campos en portugués e cousas raras como "Artista mirim" (iso neste artigo), creo que é mellor meter os campos manualmente, porque ao final o resultado con Wikidata é peor... xa sei que ti es fan de Wikidata, eu non. Grazas de todos xeitos! Piquito (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 20:46 (UTC)
- Si, o Wikidata ten cousas positivas, pero non é efectivo se non se traducen os campos e dá unha mala imaxe. En todo caso, os datos que aparecen na táboa son precisamente o que menos me preocuparía nese artigo en concreto, o maior problema dese artigo é que o corpo do mesmo vaise desactualizar posiblemente ano a ano ou haberá que revisalo cada pouco, creo que a Galipedia non está preparada, cos medios humanos que temos, para asumir un artigo así. Piquito (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 21:58 (UTC)
Xoán I de Inglaterra
editarBoas Estevoaei, despois de moito tempo rematei de traducir do inglés o artigo Xoán I de Inglaterra, e quería preguntarte se poderías botarlle unha ollada por se hai algo que non se entenda ben, ou hai algún problema na ortografía (aínda que lle pasei o corrector). Sen compromiso, se podes ben, senón seguro que o fai outro. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 11:06 (UTC)
- Sobre o de anglo-normando, en inglés ven como Norman French, por iso puxen franco-normando. Pero se cadra é menos confuso anglo-normando. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 11:22 (UTC)
- Moitas grazas por facelo tan rápido. A verdade é que foi o primeiro artigo tan longo que traducín do inglés e fixeime máis na tradución que na gramática. Moitos dos erros que comentas foron froito diso, de todos xeitos non me ven mal o repaso ;) --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 12:58 (UTC)
Fariña
editarAdrián, estamos desexando (eu cando menos) que lle metas man a: Fariña.
--. HombreDHojalata.conversa 4 de marzo de 2018 ás 12:37 (UTC)
Mestre Mateo
editarBoas Estevo. Tiraches ben delas. Estupendo. Xa estou vendo que moitas delas serven moi ben para ilustrar os artigos, aínda que tamén recoñezo que hai un bo número de persoas que non sei quen son. Entre os dous seguro que podemos ir facendo.--Breogan2008 (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:48 (UTC)
Máis vistas
editarNesta ligazón hai datos das páxinas máis vistas, pódese escoller por mes ou diario, e aplicación. Non sei por que no mes de febreiro a páxina máis vista foi a de Aeroporto de Helsinki-Vantaa... :) No mesmo sitio tes estatísticas de visitas xerais da Galipedia, segundo iso temos unha media de 67.110 visitas diarias :) Claro que a es.wiki ten 31 millóns... :X Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 12:22 (UTC)
- Temos a lista de páxinas con máis revisións (quere dicir máis edicións). Nota: esa lista está actualizada só ata o 25 de febreiro de 2018. Sigo buscando algo mensual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 13:24 (UTC)
- Cambiareille o nome á páxina, de "máis revisións" a "máis edicións" ou "máis modificacións"? Así creo que quedaría máis claro. En es.wiki e ca.wiki teñen "ediciones" e "modificaciones". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 13:34 (UTC)
- Atopado, as páxinas máis editadas están nesta páxina. Podes escoller calquera mes do ano, en febreiro o artigo máis editado foi o de Castros da provincia da Coruña. A maiores nesa táboa pódense ver os artigos máis modificados en cada ano, en número global, mensual e diario, unha bomba vamos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 00:07 (UTC)
- Cambiareille o nome á páxina, de "máis revisións" a "máis edicións" ou "máis modificacións"? Así creo que quedaría máis claro. En es.wiki e ca.wiki teñen "ediciones" e "modificaciones". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 13:34 (UTC)
Wikidata: Doctora por la Universidad X
editar¡Hola, Estevo! Pretendo afirmar en Wikidata que Carolina Bescansa es doctora por la Universidad Complutense (y no por la Universidad de San Diego). En "academic degree" he puesto "doctoral degree". ¿Qué qualifier he de añadir para indicar la universidad? La calificación "educated at" no me parece del todo apropiada. Saludos.
Árbore libro
editarBótalle un ollo a Usuario:Elisardojm/Árbore libro, a ver o que hai que retocar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 13:58 (UTC)
- Mira a ver se agora está ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 22:52 (UTC)
Clínica (centro sanitario) e Clínica
editarOla Estevo. Moitas grazas polas túas correccións no artigo Clínica (centro sanitario). Teño un problema para as ligazóns deste artigo con outras wikis, e tamén para Clínica e Clínica (diagnóstico) e moito te agradecería que, se podes e queres, amañaras estes problemas. Eu non fun quen de facelo. Grazas. --XoioÉche o que hai 7 de marzo de 2018 ás 15:44 (UTC)
Concurso de artigos da Galipedia
editarBuscando novas do de Ourense atopei agora esta, http://trabalingua.blogaliza.org/tag/wikimaraton/, xa vella, do 2016. Ti sabes algo dese concurso de artigos da Galipedia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 17:07 (UTC)
- Xa está en inet o do Zigzag diario, pero non din nada do wikimaratón :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 17:34 (UTC)
Morte entre as flores
editarBoas Estevo, xa me encargo de facelo, perde conta. Si que foi dobrada en galego, confirmado por unha referencia na lista de filmes/M. Apertas. --Breogan2008 (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 08:20 (UTC)
CG-2.1
editarOla! Perdón por tardar tanto en contestar. Vexo que o artigo sobre o CG-2.1 leva creado desde 2009. Igualmente botarei unha olla para ver se se pode mellorar. Apertas!--WiKorunna (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 05:55 (UTC)
Petición de axuda
editarBoas, Estevoaei, onte vin que na páxina prepucio tanto falaba do prepucio do pene como do prepucio do clítoris. Fixen unha páxina de homónimos, mais quedoume ligada a de homónimos ás outras wikipedias e non son capaz de desligar a páxina de homónimos para ligar a outra páxina. Intentei por Wikidata e tampouco puiden. Sabes como facelo? Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:00 (UTC)
@Lles: Ola! en d:Q673203 corrixín a ligazón á gl:wikipedia, mudando 'prepucio' por 'preoucio do pene'. Xusto estaba a facer algún cambio en prepucio. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:02 (UTC)
Glande é feminino, eu non sei traballar en Wikidata. Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:05 (UTC)
@Lles: Corrixido! Graciñas! Anímote a meterlle o dente a Wikidata sen medo. Podes darlle a editar en cada sección e modificar directamente. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:07 (UTC)
E agora ten unha solución fácil ou habería que facer o contrario? Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:16 (UTC)
- @Lles: Xa está solucionado. Vendo o historial de prepucio recuperei a versión do artigo anterior, e fixen o movemento para conservar o historial. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:17 (UTC)
Grazas. Quería cambiarlle a parte de "tamén é" por poñerlle para "prepucio do clítoris" ver... Podo facelo xa sen problemas? Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:22 (UTC)
@Lles: dis en Wikidata? Alí a descrición do elemento d:Q673203 é só para o prepucio do pene; podes editar a descrición do prepucio do clítoris en d:Q503427. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:24 (UTC)
Na Galipedia. Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:25 (UTC)
@Lles: ah, xa entendo. Claro, esquecín poñer o marcador {{outros homónimos|Prepucio}}. Anímaste a facer ti o da descrición do prepucio do clítoris en Wikidata, ou prefires que o faga eu? --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:26 (UTC)
Fixen a descrición no Wikidata. Lles (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 14:47 (UTC)
María del Rosario Álvarez
editarSen dúbida, pero hoxe non podo. Oliveira (conversa)
Eugenia Pereira Rodríguez
editarNon o sei, habería que ir á bibliografía porque o blog non o conta.Lles (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 08:01 (UTC)
Carmen Babiano, as pitas... sobre traducións de títulos de obras de arte
editarOla Estevo, vin que traduciras o título en castelán que aparecía na entrada de Carmen Babiano (una niña dando de comer a unas galliñas). Eu deixarao convivir co outro título que xa estaba "As pitas", pero o certo é que só atopei referencias do título en castelán.
- Para aprender un pouco eu, neste caso tradúcese porque era un título como moi xenérico e semellaba nada oficial, non? porque se hai que traducilos todos, quedáronme os gravados co título orixinal en castelán tamén, seria cousa de cambialos. Un saúdoMaria zaos (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 20:55 (UTC)
@Maria zaos: traducín o das galiñas por que tiña o nome metade e metade (puña "Una niña dando de comer a unas galliñas"); nas obras de arte adoita traducirse o título se é que hai referencias en galego, por exemplo, se nun museo está ese cadro e a tarxetiña a carón pon o título en galego, ou se se fai referencia a el nalgunha publicación. Respecto a Carmen Babiano non sei como aparecen as súas obras na bibliografía existente en galego. Sinto non poder ser de máis axuda. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de marzo de 2018 ás 21:25 (UTC)
- Aclaro @Maria zaos:, que segundo Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, que non é política pero é a norma que se segue na Galipedia, dise: "Nas esculturas, cadros, edificios etc., utilizarase como norma o título en galego, mantendo como excepcións denominacións características doutras linguas...". Non é preciso ter referencias ó título en galego nestes tipos de obras de arte. Se hai referencia a un título en galego entón xa hai que poñer ese, pero se non hai, pode traducirse o nome orixinal. Penso que isto faise en tódalas linguas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 10:30 (UTC)
Formas derivadas
editar¡Hola! Quisiera traducir al gallego la expresión "Unión Velocipédica Catalana". El problema es que el término "velocipédico/a" no se encuentra en el diccionario de la Real Academia Galega. Pero sí figura en el diccionario de la RAE: http://dle.rae.es/srv/search?m=30&w=velocip%C3%A9dico Me consta que no todas las formas derivadas o compuestas se registran de forma independiente en el diccionario. ¿Es "velocipédica" una de ellas? Soleil222 (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 18:33 (UTC)
- Hola, @Soleil222:!
Pues en principio te diría que al ser una institución no traduciría el nombre y lo dejaría en el original en catalán, Unió Velocipèdica Catalana. La forma velocipédica no aparece recogida en el DRAG, pero entinedo que sí que es válida al ser un adjetivo derivado de velocípede (la forma correcta en gallego).
Un saludo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 21:40 (UTC)
- Gracias por facilitarme la denominación original catalana. Ya he editado el artículo. El problema estaba en que busqué "velocipédico/a" en un diccionario de catalán y no encontré ningún resultado: https://es.glosbe.com/es/ca/velocip%C3%A9dico Pero acabo de comprobar que hay 3 menciones a esta institución en la Wikipedia catalana: https://ca.wikipedia.org/w/index.php?search=%22Uni%C3%B3+Velocip%C3%A8dica+Catalana%22&title=Especial:Cerca&go=V%C3%A9s-hi&searchToken=dzrd4lenq7ujue9e8v2t8h6lw Saludos. Soleil222 (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 11:28 (UTC)
Hola de nuevo. ¿Es preceptivo sustituir "Serralada Litoral Catalana" por "Cordilleira Litoral Catalá"? Soleil222 (conversa) 17 de marzo de 2018 ás 13:22 (UTC)
- @Soleil222: No entiendo bien a qué te refieres. ¿Sustituirlo dónde? Existe el artículo Cordilleira Litoral (aunque el exónimo en gallego no está referenciado). Un saludo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2018 ás 13:37 (UTC)
- Si ponemos en el buscador "Serralada Litoral", encontramos 8 resultados (aparte del que tú has señalado): https://gl.wikipedia.org/w/index.php?search=%22Serralada+Litoral%22&title=Especial:Procurar&fulltext=1&searchToken=71a5ps0ogflvbax1jclo9i5ym Y si escribimos "Serralada Prelitoral", encontramos 4 resultados más: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?search=%22Serralada+Prelitoral%22&title=Especial:Procurar&profile=default&fulltext=1&searchToken=a9r9ssf3wf79usagavy3srjab ¿He de modificar esos 12 artículos? Soleil222 (conversa) 17 de marzo de 2018 ás 13:51 (UTC)
- Hola! Creé dos redirecciones, de forma que Serralada Litoral redirige a Cordilleira Litoral y
Serralada Prelitoral redirige a Cordilleira Prelitoral. Lo ideal sería poner los nombres en gallego (suponiendo que el exónimo sea correcto), pero las redirecciones simpre son de ayuda. Un saludo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2018 ás 16:49 (UTC)
- Muchas gracias por los arranxos efectuados. Pondré esos 12 nombres en gallego próximamente. En algunos casos, ni siquiera hay links internos (https://gl.wikipedia.org/wiki/Parque_Natural_do_Montnegre_e_o_Corredor, https://gl.wikipedia.org/wiki/Llinars_del_Vall%C3%A8s). Saludos. Soleil222 (conversa) 17 de marzo de 2018 ás 17:02 (UTC)
- Tras haber realizado 16 modificaciones, he dejado sin contenido las denominaciones "Serralada Litoral" (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Serralada_Litoral&redirect=no) y "Serralada Prelitoral" (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Serralada_Prelitoral&redirect=no). Soleil222 (conversa) 17 de marzo de 2018 ás 19:01 (UTC)
Pontevedrapedia
editarSupoño que xa o farías, pero por se non, bótalle un ollo a MonmouthpediA. Tamén comecei a recopilar unhas ligazóns en Usuario:Elisardojm/Pontevedrapedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 02:57 (UTC)
Sororidade
editarPoderíase facer a partir de https://es.wikipedia.org/wiki/Sororidad. Están traballando nel, sería mellor esperar? Lles (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 08:19 (UTC) Quizais mellor collendo como base a tradución de https://ca.wikipedia.org/wiki/Sororitat_femenina Lles (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 08:23 (UTC) Creo que mellor con https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/sororidade/ Lles (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 08:25 (UTC)
Fátima Rodríguez
editarOla Estevo. No artigo de Fátima Rodríguez, ou noutros, é mellor colocar simplemente o marcador de Biografía cos datos de wikidata, que encher os campos do modelo como fixen eu? Hai artigos onde teño visto un ou outro indistintamente e non acabo de entender por que se fai así. Saudiños.--MAGHOI (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 10:26 (UTC)
- Ola, @MAGHOI:; É preferible usar modelos que tomen a información de Wikidata para que a información que se inclúa alí apareza xa directamente na ficha. Con Fátima Rodríguez quizais non pase, pero en moitas ocasións a información nun artigo está desfasada na redacción pero actualizada na ficha (data de defunción, publicación de novas obras...). A idea de cara ao futuro é que o modelo:Biografía poida unificar a información de todos os modelos existentes agora para cada profesión. No caso concreto de Fátima Rodríguez, deixei varios apartados que aínda non toman a información de WikiData.
Vexo que tes unhas cantas edicións feitas en WikiData. Para min, é o futuro. A idea de poder cruzar datos é fabulosa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de marzo de 2018 ás 10:34 (UTC)
sobre contidos nas mulleres da editatona 20 de febreiro e tese de pintos barral
editarOla, Estevo, ando a ver se completo referencias que faltan nalgunhas das mulleres creadas na editatona do 20 de febreiro, agardo que non sexa un problema. Decateime dunha cousa, a tese de Xoana, por ser tese, cando menos no repositorio Minerva ten unha CC-BY-NC-ND, cando o resto do repositorio ten unha CC-BY-NC-SA. Por iso, pensei que igual habería que verificar ben os parafraseos no contido das entradas, é así? xa me contas...--Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:58 (UTC)
- Ola, @Maria zaos:; É moi interesante o que sinalas da matización entre as dúas licenzas. Eu son partidario de evitar sempre os parafraseos, pois non é o mesmo unha redacción dun artigo enciclopédico ca -neste caso- a redacción dunha tese. Non estiven contrastando polo miúdo a información achegada nos artigos creados na Editatona. Confiamos no teu criterio como editora, que estás a facer un bo traballo engadindo referencias. Se tes algunha dúbida puntual, coméntaa e falámola. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de marzo de 2018 ás 19:53 (UTC)
- eu non confiaría tanto no meu criterio, que estou aprendendo e xa meto moito a pata co formato, etc. O tema é, Mullericola é a propia autora da tese? porque o que estaba escrito é un calco literal do texto que aparece nela. Eu andei a buscar máis fontes e fun poñendo cousiñas polo medio, pero non me atrevo a trastocarlle nada. Iso si, púxenlle un compre referencia ao que non esta referenciado en ningures, nin na tese mesma. Poderías ti ou alguén botarlle un ollo? Elisa DíazMoitas grazas.--Maria zaos (conversa) 15 de marzo de 2018 ás 18:41 (UTC)
- bueno, non recibín resposta nisto. Dado que é unha copia literal e semella que a)ou mullericola non é a autora b)éo, pero non se pode contactar con ela (ten dúas mensaxes sobre outras dúas entradas) eu suxiro que se trate como calquera outra entrada que faga copia literal de contidos con dereitos de autoría e que se lle poña un marcador de aviso, xa que xa pasou máis de un mes. Poderías valoralo?, grazas!--Maria zaos (conversa) 25 de marzo de 2018 ás 13:09 (UTC)
- @Maria zaos: Pois si, ha ser a mellor solución, poñer o modelo de aviso, para ver se alguén se anima a modificar a redacción -evitando as paráfrases- ou se suprime ese contido. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2018 ás 21:24 (UTC)
- Deixo aquí unha chamada a @AMPERIO:para que saiba de que vai o tema do aviso na entrada de Elisa Díaz. Eu non teño nin idea de como son os pasos a seguir, só lle puxen o marcador como puiden. Saúdos Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2018 ás 17:20 (UTC)
- @Maria zaos: Pois si, ha ser a mellor solución, poñer o modelo de aviso, para ver se alguén se anima a modificar a redacción -evitando as paráfrases- ou se suprime ese contido. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2018 ás 21:24 (UTC)
Ola Adrián.
Non entendo moi ben o funcionamento do modelo: cal é o súa finalidade? cando pode retirarse? non estaría mellor nas páxinas de conversa? existe nalgunha outra wikipedia noutra lingua? --. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2018 ás 16:23 (UTC)
- Prezado HdH: o propósito deste modelo é buscar a comprensión e a empatía coa xente que edita por primeira vez con boa vontade e que está a aprender a introducir información nunha enciclopedia colaborativa. Ao estar incluídos nunha categoría de seu, é fácil ter man dos artigos que inclúen ese modelo, tanto por parte do profesorado que vai avaliar as achegas como por editores que coordinen algún tipo de proxectos pedagóxicos. O feito de lle chantar a un artigo o marcador de lixo ou de atención sen dar explicacións non fai máis ca desalentar e evitar segundas edicións de xente nova. Unha vez que o artigo estea rematado pode poñerse na páxina de conversa un modelo similar a en:Template:Educational_assignment, pero mentres se está a traballar no artigo é preferible que estea visible para avisar a toda persoa que acceda a el de que está en construción. Tamén se poden tomar ideas de ca:Viquiprojecte:Col·laboració amb el Departament d'Educació de la Generalitat de Catalunya/Plantilles, de es:Plantilla:Proyecto_educativo ou de en:Template:Educational_assignment. Un saúdo, e grazas polo interese, de verdade! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de marzo de 2018 ás 19:49 (UTC)
Grazas pola afectuosa explicación. Vouche dar o meu punto de vista. Sigo pensando que o aviso de "proxecto escolar" estaría mellor nas páxinas de conversa. Hai poucas Wikis que o utilicen (d:Q13467396). Nas Wikipedias en inglés e portugués vai sempre na páxina de conversa, nunca no propio artigo. Na Wikipedia en castelán si que o poñen no propio artigo, e normalmente aí se queda durante anos, tal e como se pode comprobar en varios dos historiais correspondentes.
A localización dos artigos polos profes debería seguir sendo igual de doada co cartel na conversa. Tamén, dende o ano 2005, temos o Modelo:En uso.
Ves dicindo que neses "artigos" (que na maioría dos casos son copiapegas literais enteiras doutras páxinas web), non se deben poñer marcadores de lixo ou copyvio? Iso é como dicir que eses proxectos pedagóxicos están por riba dos obxectivos e políticas da Wikipedia.
Todo o que comentas está moi ben, e e moi loable o traballo a prol de integrar a Wikipedia nas aulas, mais todo na vida ten matices. A Wikipedia non é un caixón de area para fozar. Colocar un cartel dese tipo non pode equivaler a dicir de aquí para abaixo todo vale e xa non contan nin obxectivos do proxecto, nin piares, nin políticas, nin nada.
Quizais o primeiro que habería que facer e dicirlle a eses escolares que non copien, que lean (mesmo esas cousas de papel que lle chaman libros), despois que redacten, que redacten nun editor de texto simple, que empreguen a Zona de probas... e, despois de todo iso, que fagan o artigo sobre Fulano de Tal na Galipedia.
Quizais non deixe de resultar "educativo" que, se alguén se limita a copiar, un terceiro lle diga: iso non é o que se espera de ti, imos borrar isto e terás que comezar de novo (pero eu diso non teño nin idea, que non me dedico á educación).
“ | facer redactar ós alumnos na Galipedia permite confrontalos a unha comunidade laboral real.pp | ” |
Por certo, os marcadores de lixo ou copyvio que eu inclúo, como sabes, sempre inclúen explicacións.
Algo non funciona ben. A experiencia dinos, sábelo ben, que a inmensa maioría, por non dicir tódolos artigos feitos nesas circunstancias teñen varias cousas en común. Normalmente son edicións inicias ambiciosísimas, feitas por usuarios que non teñen nin idea de como funciona a wiki e que aos poucos días desaparecen para non volver. Nótase ben que fixeron esas edicións co único obxectivo de cumprir un mandado. Poren, falando de explicacións, asemella que quen lles manda non lles dá moitas explicación previas. Ou dito doutro xeito, asemella que a maioría dos profes non cumpren con case ningunha das recomendacións que tan ben están explicadas en Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesores e Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesores/Proxectos. --. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2018 ás 23:24 (UTC)
- No caso concreto das obras de literatura infantil, os artigos van ser feitos polas propias alumnas que fixeron as respectivas entradas no blog O recuncho da lectura. O copia-pega inicial é un primeiro paso, para despois aquelar e darlle formato de artigo enciclopédico. É un traballo académico, abofé, pero creo que ao estar controlado o contido pode aproveitarse e poden quedar uns artigos interesantes.
Co de dar explicacións referíame non só a incluílo nos avisos, o cal é fantástico e necesario, senón tamén a indicarllo na páxina de conversa á persoa que iniciou o artigo. As conversas entre usuarios -este é un bo exemplo- adoitan ser non só útiles e produtivas, senón que axudan a limar asperezas e a deixar claro que os desacordos enciclopédicos non son persoais, o cal é bastante importante (coido) ao comezar. Facer que a xente nova se sinta cómoda neste espazo pode axudar a que algunha das persoas repita experiencia e siga editando despois de rematar o traballo que lle mandan en clase, que sería o obxectivo final deste tipo de actividades.
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2018 ás 09:12 (UTC)
Traducción de Elías Querejeta
editarOla Adrián!
Estiven revisando o artigo sobre Elías Querejeta e cambiei o título de tódolos filmes ao orixinal (xeralmente en castelán), é suficiente para poder retirar o Modelo:Atención ou hai que facer algún arranxo máis?
--Marcos B. R. (conversa) 17 de marzo de 2018 ás 20:12 (UTC)
- @Marcos B. R.: Fantástico! A norma xeral é deixar o título orixinal se o filme non se estreou en galego. Podes comprobar se existe versión galega en Lista de filmes con versión en galego, que está bastante actualizada. Se o artigo está revisado, quítalle xa o marcador de atención :) Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2018 ás 20:26 (UTC)
Revisión porfa
editarOla Estevoaei! Hai uns días revisei o artigo de Margaret Brown, que está proposto para artigo de calidade. Hai cousas que non me atrevín a "corrixir" porque non estaba seguro de que foran incorrectas, poderías darlle unha pasada á ortografía? Graciñas, Piquito (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 21:08 (UTC)
@Piquito: boteille unha lectura por riba, estaba bastante ben. Vin algún erro de tradución automático nunha referencia, que traducira un "Le" artigo en francés por un "Lle", e igual se me pasou algunha outra cousa así. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2018 ás 23:17 (UTC)
Eva Mameli Calvino
editarBoas de novo Estevo. Moléstoche outra vez polo tema dos modelos. A usuaria María_Zaos fixo o artigo sobre Eva Mameli Calvino, e colocoulle o modelo:biografía. Como vin o que fixeras na miña anterior pregunta sobre Fátima Rodríguez, que sobre o modelo deixaches algúns campos e así se pode ver a imaxe, pois tratei de facer o mesmo pero non me funcionou. fixen unha segunda proba, mantiven o mesmo modelo:{Biografía}, pero, por aquilo de estaravillar, copiei doutro artigo o Palacio Medici-Riccardi, os tres primeiros apartados referidos á imaxe, e os engadín como estaban no artigo de Fátima.
Casualidade, intégranse perfectamente, coa salvedade -obvia- de que é o artigo de Eva coa imaxe dun palacio renacentista, pero a operación é válida. Agora ben, cando sobre iso, collo a fotogrfía de Eva que aparece na wiki italiana (File:Eva Mameli web.jpg), e a pego no editor sobre o do palacio, pois non sae nada. Resumindo: cando poidas, colocaríaslle a foto na caixa e, se non é moito pedir, indicáriasme onde meto a zoca?. O marcador de notas e referencias tamén se pode quitar ou debe seguir?. Saúde e saúdos.--MAGHOI (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 17:21 (UTC)
@MAGHOI: a imaxe da it:wiki só pode ser usada a wiki, como se explica na descrición en it:File:Eva Mameli web.jpg. Mágoa. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de marzo de 2018 ás 21:58 (UTC)
- Grazas polo aviso. Coa neura e a présa, non mirara/traducira o anuncio posterior. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 10:11 (UTC)
Wikidata
editarDalle ti sen medo. ;)--Breogan2008 (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)
Patricia de Lorenzo
editarOla Estevo, desculpa. É pola túa edición do artigo, entón ela é de Ames ou da Coruña? É que ao principio puxen que de Ames pero na páxina de Chévere pon A Coruña... --Marcoos44 (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 17:25 (UTC)
- Se pon que é da Coruña, será de alí. Non teño nin idea, a verdade. O que fixen foi crear o elemento correspondente en Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2018 ás 21:03 (UTC)
Monsignor Quixote
editarVaia, é ben interesante. Non tiña nin idea. Moitas grazas pola recomendación, Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 07:11 (UTC)
Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey
editarHello! The Wikimedia Foundation is asking for your feedback in a survey. We want to know how well we are supporting your work on and off wiki, and how we can change or improve things in the future. The opinions you share will directly affect the current and future work of the Wikimedia Foundation. You have been randomly selected to take this survey as we would like to hear from your Wikimedia community. The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes.
You can find more information about this survey on the project page and see how your feedback helps the Wikimedia Foundation support editors like you. This survey is hosted by a third-party service and governed by this privacy statement (in English). Please visit our frequently asked questions page to find more information about this survey. If you need additional help, or if you wish to opt-out of future communications about this survey, send an email through the EmailUser feature to WMF Surveys to remove you from the list.
Thank you!
Escola Lubiáns
editarOla Estevoaei! Perdoa, pero teño en vixilancia o artigo do Escola Lubiáns e vin que quitaches boa parte das seccións nas que estaba dividida a historia do club, cal é o motivo? Un saúdo, Piquito (conversa) 31 de marzo de 2018 ás 20:24 (UTC)
- Ola, @Piquito:! Entrei no artigo porque vin que tiña o marcador de mellorar a ortografía, e vin que tamén cumpría mellorar a redacción, porque tiña bastante palla. O de reducir o número de seccións foi case unha cuestión de estilo e gusto persoal, un punto de vista subxectivo. Creo que o tamaño da sección "Historia" non é tan grande como para ter tantas seccións (de feito mesmo reduciría a información, pois coido que hai cousas non enciclopédicas). Revisando agora a edición, se cadra faría a estrutura da sección doutro modo. Mételle man sen medo se o consideras oportuno, pois xa che digo que é unha cuestión de estilo persoal á hora de estruturar a redacción, pero sen pretender sentar cátedra. E se te animas a actualizar a información pois sería fantástico, porque de feito pensei en poñerlle tamén o marcador de desactualizado (e acabo de ver que a ligazón da segunda referencia está rota). Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2018 ás 01:31 (UTC)
Grada?
editarBoas Estevoaei, saberías dicirme como se di en galego a grada dun estaleiro? Xurdiu a dúbida en Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Potemkin (acoirazado) e quizais ti, como estudoso da lingua, coñeces a resposta. Estiven buscando no DRAG, pero alí non aparece o termo e redirixe a chanzo, máis non me soa que se diga así. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 10:28 (UTC)
- @AMPERIO: Nin idea; vou buscar, cando saiba algo dígoche. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2018 ás 10:44 (UTC)
- @AMPERIO: como ben me informa @Lissall:, o Dicionario Galego de Construción Naval recolle a entrada grada. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2018 ás 11:29 (UTC)
- Fantástico! Non coñecía ese dicionario, así que quedo coa ligazón. Moitas grazas a ti e a @Lissall:. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 12:00 (UTC)
- @AMPERIO: como ben me informa @Lissall:, o Dicionario Galego de Construción Naval recolle a entrada grada. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2018 ás 11:29 (UTC)
Portada con XMP
editarBoas, xa está lista a portada co selo do XMP en Usuario:Elisardojm/Proba portada2, que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 17:30 (UTC)
Traducions
editarGracias, Estevoaei. Teño que aprender. He de procurar ter mais coidado coas traducions, mais coido que e a forma de ter mais páxinas na Galipedia, e estou facendo algunhas traducions de páxinas feitas por min na Wikipedia en español. Non caí no de Soidade, e certo que non fai falta traducir os nomes. Tomo nota de evitar a tradución dos títulos dos libros. Unha aperta.--AlonsoMartinez (conversa) 2 de abril de 2018 ás 23:41 (UTC)
Acea de Ama
editarBoas meu, hai tempo, xa non sei canto, preguntáchesme se o lugar de Acea de Ama está compartido polas parroquias de Rutis e do Burgo. É que estou quitándolle o pó a algunhas cousas pendentes :) No Nomenclátor si aparece nas dúas parroquias, e xeográficamente atópase entre os lugares do Burgo (da parroquia do Burgo), Fonteculler e Vilaboa (da parroquia de Rutis) e non sei se limitará tamén coa Choeira (da parroquia de Almeiras). Non sei se con isto chega ou queres que mire algo máis, pero tendo en conta que está así no Nomenclátor penso que é correcto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2018 ás 08:35 (UTC)
Erros ortográficos
editarBoas, Estevoai, anulei esa edición, é moi raro, non entendo por que dá eses erros. Terei que revisar os cambios. Lles (conversa) 4 de abril de 2018 ás 09:17 (UTC)
Non entendo o que sucede, agora acaba de volvermo a facer. Lles (conversa) 4 de abril de 2018 ás 09:28 (UTC)
Estou desfacendo e refacendo, mais quería preguntar se, no caso de artigos con edicións posteriores, se lles afecta o que eu desfaga. Por exemplo: https://gl.wikipedia.org/wiki/L%C3%BAa Lles (conversa) 4 de abril de 2018 ás 10:15 (UTC)
@Lles:: si, ao desfacer o cambio volves recuperar tamén o arroxa. Non sei a que se pode deber que faga iso. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de abril de 2018 ás 12:07 (UTC)
Guerra sucia na Arxentina non ma deixa desfacer. Lles (conversa) 4 de abril de 2018 ás 12:33 (UTC)
- @Lles: Xa está; no historial clicas na edición anterior á túa, e sobre ese texto fas a modificación última (*arroxadas -> lanzadas). --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de abril de 2018 ás 12:56 (UTC)
Txikipedia
editarOla Estevoaei! Casualmente entrei na Wikipedia en lingua vasca e descubrín que teñen unha cousa que chaman "Txikipedia". Ti que sabes de cousas que fan noutras Wikipedias, sabes de que vai? Ten unha imaxe visual máis atractiva que a Wikipedia e parece un proxecto paralelo, pero non sei... É curiosidade, non é que teña pensado facer iso aquí. Un saúdo, --Piquito (conversa) 7 de abril de 2018 ás 13:06 (UTC)
- @Piquito: entendo que é un proxecto para alumnado de entre 8 e 13 anos, pero non sei moi ben como se desenvolve. Non coñecía o proxecto. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de abril de 2018 ás 15:11 (UTC)
Re:obras literarias por ano
editarGrazas polas indicacións Estevo. Precisamente, entoleei coa imaxe porque non conseguira que aparecera. Sobre o das obras literarias, non o acababa de entender. De certo, tamén lle pedira a Elisardo que borrara a categoría de "Novelas de 2015" porque decateime tarde da de "obras literarias por ano". Un saúdo, e grazas de novo.--MAGHOI (conversa) 10 de abril de 2018 ás 19:15 (UTC)
Eliminación de Praza de Mazarelos (Santiago de Compostela)
editarOla. O feito de facer unha redirección desta páxina cara a Praza de Mazarelos foi para que aparecese no "Rueiro de Santiago de Compostela" como páxina editada (agora aparece en negro no canto de azul, como aparecía antes). --XoioÉche o que hai 10 de abril de 2018 ás 23:11 (UTC)
- Ola, @Xoio: a redirección aparéceche en negro se consultas o Modelo:Rueiro de Santiago de Compostela desde o propio artigo da Praza de Mazarelos, xa que non pode aparecer redirixindo cara ao propio artigo. Se consultas o modelo per se verás a ligazón en azul. De feito a min as redireccións -non as ligazóns directas, ollo- non me aparecen en azul, senón en verde (podes activar esta posibilidade en ->preferencias->trebellos). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de abril de 2018 ás 04:23 (UTC)
Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey
editarEvery response for this survey can help the Wikimedia Foundation improve your experience on the Wikimedia projects. So far, we have heard from just 29% of Wikimedia contributors. The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes to be completed. Take the survey now.
If you have already taken the survey, we are sorry you've received this reminder. We have design the survey to make it impossible to identify which users have taken the survey, so we have to send reminders to everyone. If you wish to opt-out of the next reminder or any other survey, send an email through EmailUser feature to WMF Surveys. You can also send any questions you have to this user email. Learn more about this survey on the project page. This survey is hosted by a third-party service and governed by this Wikimedia Foundation privacy statement. Thanks!
Coincidirá a paxinación da edición orixinal e a dun facsímile?
editarOla Adrián.
Fai favor, comproba esta numeración de páxinas que modifiquei segundo a miña edición facsímile, comparándoa coa túa edición orixinal, a ver se coinciden.
Se non coinciden haberá que desfacer a miña edición. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 21:19 (UTC)
@HombreDHojalata: Moitas grazas. Debéuseme ir a man nalgún copia e pega. De feito estou seguro de que hai algún erriño tipográfico máis, pero bueno, agardo que se vaia solventando. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2018 ás 23:37 (UTC)
Alejandro Barreiro
editarGrazas, tan só unha dúbida, segundo Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez é Del arte gallego (a de 1917) a que leva o prólogo de Villar Ponte. Quizais El arte de Galicia sexa unha segunda edición da mesma obra pero tampouco teño constancia.--HacheDous=0 (conversa) 17 de abril de 2018 ás 15:02 (UTC)
- Tamén habería que separar os libros dos artigos, xa que agora están todos mesturados.--HacheDous=0 (conversa) 17 de abril de 2018 ás 15:14 (UTC)
Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey
editarHello! This is a final reminder that the Wikimedia Foundation survey will close on 23 April, 2018 (07:00 UTC). The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes. Take the survey now.
If you already took the survey - thank you! We will not bother you again. We have designed the survey to make it impossible to identify which users have taken the survey, so we have to send reminders to everyone. To opt-out of future surveys, send an email through EmailUser feature to WMF Surveys. You can also send any questions you have to this user email. Learn more about this survey on the project page. This survey is hosted by a third-party service and governed by this Wikimedia Foundation privacy statement.
Axuda sobre modelo
editarOla, Estevo, estou facendo a miña primeira tradución dun artigo para a Galipedia. Xa está listo mais non son capaz de meterlle o modelo. Trátase dun pequeno artigo sobre unha composición de Ornette Coleman mais non son capaz de incluír un modelo cos datos. En inglés hai un Inbox Song, ¿como busco un equivalente en galego e como teño que facer para incluílo no artigo?
Son novo nisto, así que agradecería moito a túa axuda.--Hadrián Loureiro (conversa) 23 de abril de 2018 ás 18:10 (UTC)
2 cuestións
editarIOla, Estevo: (1) Podes achegar unha referencia para a capela da Virxe Peregrina (en es.wiki teñen iglesia)? (2) O parque das palmeiras non ten artigo; aí o deixo... Saúde. --Atobar (conversa comigo) 23 de abril de 2018 ás 19:24 (UTC)
- @Atobar: na bibliografía do propio artigo podes ver referencia para capela. Amais o formato habitual na gl:wiki é usar igrexa para templos parroquiais. En calquera caso, a denominación oficial como BIC é Santuario da Nosa Señora do Refuxio A Divina Peregrina. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de abril de 2018 ás 19:33 (UTC)
Toponimia de Galicia
editarNon sei se tes este libro, Toponimia de Galicia, Fernando Cabeza Quiles, 2008, pero se che interesa, podes botarlle un ollo a algunhas páxinas en Google Books. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2018 ás 21:22 (UTC)
Agradecemento e publicación
editarGrazas, Estevo, xa está publicada a tradución, espero que non haxa moitos erros. A cousa dá o seu traballiño.--Hadrián Loureiro (conversa) 28 de abril de 2018 ás 16:59 (UTC)
Castros sen foto
editarBoas, Castros da provincia da Coruña xa ten metida a foto, penso que están todas as fotos que hai, pode que haxa algunha perdida en Commons, pero non creo que falten moitas. Teño pendente facer unha categoría de castros sen foto, agora temos a cat. de castros de Galicia sen foto, pero teño que ver se podo facer unha para cada concello. Non é doado porque hai castros que están en máis dun concello, e iso fastidia usar o parámetro do modelo. A ver. Están pendentes aínda os das outras provincias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2018 ás 15:29 (UTC)
Revisión ortografía
editarBoas Estevoaei, cando teñas un momentiño poderías botarlle unha ollada á ortografía en Execución da familia Romanov. Andeime con ollo á hora de escribilo, pero ti controlas máis da lingua, así que se podes facerme o favor agradeceríacho. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 11:30 (UTC)
- Ola, @AMPERIO: cumpriría poñer o topónimo en ruso da mina dos Catro Irmáns, se non existen referencias para a tradución ao galego. O mesmo pasa cos Traballos selectos e a Crónica bibliográfica de Lenin. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de maio de 2018 ás 12:33 (UTC)
- Grazas pola revisión, do artigo. Buscarei eses nomes, aínda que o da mina non estou moi seguro de que sexa un nome como tal. En ruso sería Четыре Брата "Chetire Brata" que literalmente é "Catro irmáns". --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 14:36 (UTC)
- Estiven buscando o nome dos libros, só atopei referencia para Lenin Collected Works nunha páxina web, aínda que non creo que se trate dun libro como tal, do outro nin rastro. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 10:28 (UTC)
- Grazas pola revisión, do artigo. Buscarei eses nomes, aínda que o da mina non estou moi seguro de que sexa un nome como tal. En ruso sería Четыре Брата "Chetire Brata" que literalmente é "Catro irmáns". --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 14:36 (UTC)
APDR
editarVin que o artigo da APDR está marcado como que ten poucas fontes e vin que o fixeras ti. Hai un acto en Pontevedra este sábado http://www.apdr.info/wp/2018/04/24/30-anos-na-defensa-do-medio-sabado-12-de-maio-no-t-principal/, aviso porque quizais se poida ter o coñecemento que falta se vai algún/ha galipedista de Pontevedra. Lles (conversa) 11 de maio de 2018 ás 07:59 (UTC)
Metropolitano
editarOla. Grazas polas túas modificacións. Pero... o termo metropolitano non figura no Galiionario. Un saúdo, --XoioÉche o que hai 13 de maio de 2018 ás 19:17 (UTC)
Nomenclátor de Galicia
editarSer é o mesmo lugar, pero mirando agora o mapa si pode ser que pille un cacho para cada concello. Graciñas e perdón pola metedura de pata. (Botei un cacho buscando onde contestarche a mensaxe, espero que sexa aquí). Saúdos.
Xuntos cara ó mañán / Juntos hacia el mañana
editarOla Adrián.
Por un casual, non terás na túa biblioteca Xuntos cara ó mañán / Juntos hacia el mañana, de Xesús Rábade Paredes, 1969, Celta, Lugo?
En caso afirmativo, podes dicirme en que lingua está escrito o prólogo?
Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2018 ás 09:42 (UTC)
- Vaia, pois non, non o teño. Hei preguntar e dígoche. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de maio de 2018 ás 12:23 (UTC)
Artigo de Blanco Amor
editarBo día! Son o que editou, en representación da organización Avante LGTB, o artigo de Blanco Amor. Sería posible que ti coa experiencia que tes editando artigos puideras facer unha edición dese mesmo artigo que fora correcta segundo os estandares da Galipedia e contivera a información que engadíamos? O cambio que fixemos foi parte de unha campaña que sobre a que podes ler no noso perfil de Facebook ( https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1214712948664568&id=1010671415735390 ) e gustaríanos que a modificación, aínda alterada para concordar co formato da web, se mantivera no tempo. Un saúdo e unha aperta!
Movido
editarGraciñas pola axuda, non o fixera nunca. Oliveira (conversa) 30 de maio de 2018 ás 00:25 (UTC)
CPI Tino Grandío
editarMoitas grazas pola axuda. Estoume iniciando e non sabía onde escribirche para darche as grazas polos consellos e mais pola revisión dos meus artigos. Dáme medo meter a zoca querendo facelo ben. Agora posiblemente intente traducir esta páxina a inglés e español, pero xa veremos como vai o tema.--Anaarias (conversa) 30 de maio de 2018 ás 20:39 (UTC)
Citas Madoz
editarBos días, Estevoaei. En efecto creo que a inclusión íntegra dos textos de Madoz son de interese, aínda que non son o primeiro en facelo. Vin que xa hai varios artigos de diversas parroquias que os conteñen e non me pareceu má idea. En lugar de facer unha descrición do contido, co que de repetitivo isto ten, é máis interesante presentalo como é. Porén, como é un texto protagonista, non contido nunha referencia, acho que cómpre que estea traducido. Esta é unha wiki nun idioma concreto e é un tema que xa foi tratado se non me lembro mal, quedándose en que era mellor realizar a tradución en textos no corpo principal. Incluso máis dun avogaba por traducir as referencias.
Entendo o que me dis sobre os topónimos: é algo que estiven valorando. Acho que tes razón e hai que conservar dalgún xeito as formas que publica Madoz. Pero, é unha tradución e, en principio, todo debería estalo. Polo que outra solución é manter as dúas formas cunha nota ou aclaración en referencia ou, por exemplo, entre paréntese. Non sei cal é a fórmula máis axeitada. Agradézoche a túa opinión e mellor criterio.
No que respecta ás grallas que viches, corrixirei outra vez. Mais, hai un par de cousas que non son grallas na miña opinión e están feitas a propósito. Unha é *má -> mala, que a RAG recoñece, e a outra a forma *d'A Coruña -> da Coruña, que tamén acho que está recoñecida como unha variante de expresión (polo menos hai anos cando o estudei). Caso de que isto último non sexa agora así, por favor, reconfírmamo porque é algo que me interesa realmente ter claro.
Espero que encontres axeitadas as miñas explicacións. De verdade que encóntroo de verdadeiro interese. Talvez sexa bo estender este tema e mirar se os criterios xerais da Galipedia poden albergar algo como o que estou a propor. En calquera caso, se non fose así, teriamos que borrar as edicións semellantes, como por exemplo a de Miñortos, Porto do Son, que leva así desde o 2015.
Grazas outra vez por estar ao tanto destas cousas e a túa axuda. Un saúdo!--Castelao (conversa) 31 de maio de 2018 ás 07:32 (UTC)
- @Castelao: ola de novo!
Perdón por trabucarme ao indicar má como incorrecto; expreseime mal, referíame a que é a forma menos recomendada. Non obstante, para os topónimos si que se fai sempre a contracción coas preposicións. O formato "d'" úsase, por exemplo, con títulos de obras literarias ("Milhomes é un dos personaxes d' A esmorga).
Respecto a manter as citas completas de Madoz, Miñano etc, non son partidario, pois penso que deben ir como citas. Con ese criterio poderían usarse completas as descricións, por poñer un exemplo, do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores ou outras obras en artigo, e non creo que a Wikipedia sexa o lugar. Os artigos de parroquias deben ter unha descrición da xeografía e a historia dada desde a actualidade, e se ben é interesante unha mención histórica (ao cabo, podemos considerar o "Madoz" como predecesor da Wikipedia), non creo que sexa o espazo para copiar. Hoxe en día esas obras son de fácil consulta, e ao indicalo como referencia nos artigos, calquera persoa que o lea sabe onde pode ampliar coñecementos. No caso de Miñortos pois tres cuartos do mesmo.
Se alguén máis le esta conversa e se quere posicionar pois sería estupendo. Se non, pode abrirse debate na Taberna, a ver que opina a comunidade.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de maio de 2018 ás 20:50 (UTC)
Estou de acordo @Estevoaei: en que quizais sexa algo para falar na Taberna. Eu véxoo con outro enfoque. O caso de Madoz é singular porque supón unha imaxe exacta dun momento histórico e son todos os datos que presenta de valor. Resumo non se pode facer porque ao fin a explicación do seu contido excede con moito a estrutura do propio Madoz. Por iso, o xeito máis eficaz é o da cita. Non cómpre dar máis explicacións. Nin menos. Non é o caso doutros dicionarios, que non teñen esta característica. Grazas de novo e saúdos!--Castelao (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 06:25 (UTC)
Henrique III de Inglaterra
editarSe tes tempo, poderías darlle unha ollada á ortografía en Henrique III de Inglaterra? Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 12:14 (UTC)
- @AMPERIO: ola! deille unha lectura en diagonal e fixen buscas dos erros máis habituais, pero é posible que quedase algunha cousa polo medio. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 14:34 (UTC)
- Grazas! Unha cousa, a contracción trala non é correcta? Eu tiña entendido que si. --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 14:42 (UTC)
- A contracción 'trala' é correcta, pero foi por homoxeneizar. Había "todas as" e "tódalas", e deixei "todas as" e "tras as". Entraría no mesmo caso a contracción "ambas as / ámbalas". Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 14:53 (UTC)
- Ah vale vale. Grazas! --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 14:54 (UTC)
- A contracción 'trala' é correcta, pero foi por homoxeneizar. Había "todas as" e "tódalas", e deixei "todas as" e "tras as". Entraría no mesmo caso a contracción "ambas as / ámbalas". Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 14:53 (UTC)
- Grazas! Unha cousa, a contracción trala non é correcta? Eu tiña entendido que si. --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 14:42 (UTC)
Castelo de Salvatierra
editarBoas Estevoaei, por que lle puxeches o marcador de comprencoordenadas a Castelo de Salvatierra se aparecen na cabeceira e na caixa de información?
@AMPERIO: foi ao editar en código e meterlle {outros homónimos}, non me decatei de que o modelo tomaba as coordenadas de WikiData. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xuño de 2018 ás 16:32 (UTC)
Categorías
editarOla Estevo(aei)! Tes razón, non me decatei. Vou ir tentando recomprobar todo o feito ata o de agora. Un saúdo e grazas polo aviso--Castelao (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 06:51 (UTC)
Lugar de A Torna, Concello de Antas de Ulla
editarOla Estevo(aei)! En relación á túa pregunta sobre a pertenza do lugar de A Torna (así lle chamamos en Antas, co artigo diante), infórmoche que é da parroquia de Vilanuñe. Soamente hai unha casa que foi reconstruída non hai moito tempo. Espero terche axudado. Unha aperta Satna (Ti dirás) 9 de xuño de 2018 ás 18:33 (UTC)
Hospital Provincial de Pontevedra
editarOla Adrían.
Iniciei Hospital Provincial de Pontevedra, que, caixas de navegación á parte, vai ligado dende outros varios artigos.
É paupérrimo. Ocórreseche engadirlle algunha cousa. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2018 ás 14:49 (UTC)
- Vou ver se atopo algo de bibliografía. Pode falarse de que foi o principal centro público de saúde da cidade até a apertura do hospital de Montecelo, e comentar as instalacións que acolle. Vin por riba o artigo de La Voz e pareceume que mencionaba algo. Tamén se pode falar do home da escultura que hai na fachada, non lembro agora o nome. Non teño moita idea do tema, se atopo algo xa irei poñendo. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xuño de 2018 ás 19:12 (UTC)
datos de poboación
editarOla,Estevoaei, a verdade e que eu estaba a actualizar os datos de poboación do meu concello e limítrofes pero o traballo que me propos pareceme que me quedaría moi grande. Un saudo. --Alfonso mande 12 de xuño de 2018 ás 13:05 (UTC)
Laia Manzanares
editarBoas Estevo, seguina un tempo e pareceume moi interesante a serie. Recomendeilla a moita xente que non a coñecía e ninguén quedou decepcionado. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 09:25 (UTC)
rodicio
editarBoas. Paso de cando en vez polo Galizionario para telo un pouco vixiado, pero polo de agora non tiña intención de pórme a crear artigos novos. Con respecto ó artigo "rodicio", estívenlle botando un ollo e está ben, como o resto de edicións do seu autor. Sería unha boa fichaxe. Un saúdo!!
IIF
editarFitos en Ourol
editarToma, aí van uns fitos do concello de Ourol para a túa "colección", da C-640 e outro que non sei de que é. Hai algunha foto máis na categoría do concello. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 19:43 (UTC)
- E este en Vilar de Barrio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 17:29 (UTC)
suxestión
editarBoas Estevo, grazas polas túas recomendacións. Paréceme ben interesante o obradoiro e tamén os artigos que me propós. Poñereime con eles, mais non sei que tal me irá co afrikaans, terei que sachar moito cos tradutores. Un saúdo, e cando teñas máis recomendacións non o dubides, encántanme os artigos "raros".--Breogan2008 (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 08:32 (UTC)
Balaton en eslovaco
editar¡Hola! Has revertido mi edición en la página Lago Balaton. ¿Pero por qué? El nombre del lago en eslovaco no tiene ningún relevancia, el Balaton nunca fue territorio de "eslovacos". Hace más de mil años sí que habitaron aquí antiguos eslavos, pero ellos no fueron eslovacos. El origen del nombre es un sujeto de debate también hoy en día. Es una opción que el nombre viene de un antigua idioma eslava, pero incluso si esto es la verdad, esta idioma no fue el eslovaco. El eslovaco es una idioma "nueva", que no existía en aquellos tiempos, cuando el lago fue denominado. Otra cosa, que fue revertido en mi edición es la "Mar húngara". ¿Pero por qué? El Balaton es la "magyar tenger" en húngaro, que significa "Mar húngara". Zerind (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 06:13 (UTC)
@Zerind: hi! I undid your edition because you just deleted info. The slovak name is useful, so as the link to Balaton Principality. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xullo de 2018 ás 07:21 (UTC)
Artigo sobre Miriam Beizana Vigo, e o formato das referencias
editarOla! Vin as túas modificacións do artigo sobre a escritora Miriam Beizana Vigo, no que cambiaches o formato das referencias. O artigo é unha traducción do da Wikipedia española, á que estou máis habituado, e tratei de cumplir coas normas desta.
Sorpréndeme que, na lista de novelas, eliminaches datos importantes como o ano ou o editor. De feito, en artigos destacados como Rosalía_de_Castro#A_obra_rosaliana_noutras_linguas, as obras do autor do artigo teñen un formato máis parecido ao que puxen eu. ¿Sabes dalgunha ligazón desta Wikipedia onde especifique cal é o formato correcto?
Recibe un cordial saúdo.--Drow male (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 18:51 (UTC)
- Grazas pola túa resposta. Coido que, polo menos, o ano de publicación si que é importante poñelo. Respecto ao nome, a autora firma como Miriam Beizana Vigo (sen tilde), tanto no seu blogue como nas webs onde colabora e na súa obra.--Drow male (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 21:07 (UTC)
adiós ríos, adiós fontes
editarQue ben, aproveita e desfruta moito da experiencia. Quen puidera estar alí tamén. Poreime co río Berg en canto poida. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 09:53 (UTC)
Literatura para 12-16
editarBoas, cando teñas un momento, arranxa o que poidas Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Literatura, polo menos para que teña unha base mínima decente, cando avisemos na taberna de que o revisen xa se irá mellorando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xullo de 2018 ás 10:44 (UTC)
Depresión Meridiana
editarNon atopei referencias para depresión meridiana. Aparece mencionada en moitos sitios, pero non atopei unha referencia que trate especificamente dela. É un termo de xeografía e xeomorfoloxía. En litoloxía e xeoloxía histórica e tectónica denomínana fosa tectónica ou graben xeralmente.--Miguelferig (conversa) 27 de xullo de 2018 ás 22:46 (UTC)
Ola Estevo, á hora de borrar os ficheiros duplicados en Commons baixo o criterio WP:F7, ten en conta isto:
- Se hai información non relevante para outros proxectos, como categorías ou marcas de destaque, a páxina de descrición do ficheiro e o seu historial deben recuperarse localmente tralo borrado de xeito que só se manteñan esas categorías ou marcas.
Revisei as que borraches onte, a maioría creo que xa quedaron amañadas, pode haber algunha que se me escapase. ☣Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 00:32 (UTC)
- Ola de novo. A verdade é que lendo de novo o texto non estaba nada ben redactado, case nin o entendín eu, e iso que fun quen o redactou inicialmente . Pegueille un cambio nesa cláusula, a ver se de agora queda mellor explicado. O texto completo telo aquí. Básicamente, o que se ven facendo é o seguinte:
- Se a imaxe está en commons, bórrase aquí localmente (Ollo, se non coinciden 100% no título hai que mover o ficheiro local primeiro para que coincidan, e nestes casos hai que ter ollo con posibles ligazóns rotas a ficheiros resultantes nos artigos)
- Se a imaxe local tiña categorías que nos interesan (imaxes destacadas, imaxes de galicia etc.), recuperamos o historial completo da páxina sen recuperar o propio ficheiro (é dicir, só o historial de edicións pero non a entrada da propia imaxe. Á hora de recuperar o historial a entrada ou entradas da imaxe estará separada na parte inferior). Ex: [2]
- Unha vez recuperado o historial edítase a fonte da páxina local, elimínase a descrición e licenzas (que xa deberían estar en commons) e déixanse só as categorías. Por exemplo: [3]
- Non se me da ben explicalo, véndoo de primeira man quedaría máis claro probablemente. Calquera cousa rara que lle vexas avisa e revisamos sen problema. ☣Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 17:28 (UTC)
- Ola de novo. A verdade é que lendo de novo o texto non estaba nada ben redactado, case nin o entendín eu, e iso que fun quen o redactou inicialmente . Pegueille un cambio nesa cláusula, a ver se de agora queda mellor explicado. O texto completo telo aquí. Básicamente, o que se ven facendo é o seguinte:
- @Banjo: creo que comprendo. A ver se mañá atopo un oco e fedello para lle pillar o truco. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xullo de 2018 ás 12:09 (UTC)
Re: eclipse lunar de xullo de 2018
editarBoas.
Creei Eclipse lunar de xullo de 2018. É case un bosquexo a partir do artigo de enwiki, pero creo que para empezar está ben.
Un saúdo, --Xosema (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 00:31 (UTC)
Eladia Pedrayo Ansoar
editarOla! Moitas grazas polo amaño na páxina de Eladia Pedrayo, certamente non sei de onde raio saquei/saiu. Quero pensar que cando fun meter o do documento inédito de que houbera houbera outro fillo previo a Ramón quedoume colgando isto dun texto máis longo que tiña de guía. Acabo de devolver o libro de Cartas a nai, así que non sei, para a semana volto revisalo. Há ser unha metida de zoco grandiosa das miñas, porque eu en tema de parentescos sempre me fixen moitos líos (vamos, que debín copar o día que o explicaban na escola). Graciñas e perdón! --Maria zaos (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 20:43 (UTC)
- Confirmado, evidentemente non está en Cartas á nai e sospeito que quedou colgando texto doutra guerra cando decidín quitar cousas. Terei que pedirlles os da Fundación que me perdoen! Grazas de novo. Maria zaos (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 21:20 (UTC)
Interview for research on editing small Wikipedias
editarHello! I am conducting research on editing small Wikipedias and you said you were available for an interview. I want to understand how to support the community better and conduct semi-structured interviews. More information can be found here: https://github.com/luciekaffee/Announcements/blob/master/Interviews-Participant-Information-Sheet.md The interview will be in English, but the editing in Galician. If you would be interested, let's find a date in September that works for you (ideally, write me a mail at kaffee@soton.ac.uk). Let me know if you have any questions. And if you can think of more editors that would be interested in taking part, let me know! Thanks and all the best --Frimelle (conversa) 22 de agosto de 2018 ás 12:18 (UTC)
RE: Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarBo día! Se mo comentas polos últimos artigos que estou a elaborar (antibióticos), ningún deles é unha tradución doutra wiki, por eso non levan esa etiqueta. Basicamente fixen un modelo mental e incoporo información de fontes primarias: un par de libros de antimicrobianos, en castelán, da axencia española do medicamento e da axencia estadounidense (é a que mellor clasifica o seu uso en embarazo e lactancia). Nalgún antibiótico non distribuido en Europa, recollo a ficha técnica australiana ou o ensaio clínico pivotal (a través de Pubmed, que moitos artigos antigos son de libre distribuición). Por estes motivos non hai etiqueta de tradución. Anímote a que collas o artigo de en:wiki e comprobes que non son traducións e mesmo poden ter alguna información diferente (respecto ás indicacións clínicas que poden variar) e mesmo hai antibióticos que se empregan ampliamente aquí (cefditoreno) e outros alá (cefalotina).
Grazas!
PD: o que si me gusta moito da en:wiki, é que teñen un cadro de antibióticos completo, que engaden a cada artigo de antibióticos. Non sei se se podería facer algo así na nosa wiki. --Silverfox (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 02:24 (UTC)
Gabriel Fauré
editarOla Estevoaei! Hai uns días propuxen o artigo de Gabriel Fauré para artigo de calidade, Atobar sinalou que precisaría unha revisión ortográfica xeral. Poderías darlle unha voltiña á ortografía? Un saúdo! Piquito (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 19:13 (UTC)
- Ola, @Piquito:! Pois estes días non estou editando por falta de tempo. Anótoo na lista de tarefas pendentes, pero a curto prazo non vou poder facelo. Síntocho ben :/ Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de setembro de 2018 ás 21:05 (UTC)
Casa peóns
editarEra esta a casa que me dixeches que fotografase, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 17:08 (UTC)
Hola, querido Estevoaei, como estàs? Aquì todo bien!
He abierto hoy esta pagina, en la Galipedia, y te pido por favor 5 minutos de tu tiempo por un contextito rapido, no hà muchas cosas.
Muchas gracias por todo, y si quieres te contexto en Italiano y Francès.
Votación portada Galipedia
editarOla Adrián! Que tal vai iso? Viches a votación sobre o cambio na portada? https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns/Cambiar_todos_os_editores_na_portada Dacordo que non levo moito tempo editando en galego, máis se non vexo mal teño máis de 150 edicións, o requisito que din que non cumpro... Podes por favor votar un ollo e tamén unha man? Graciñas --Moniquiña (conversa) 11 de outubro de 2018 ás 15:05 (UTC)
Barcelona
editarNon sei, penso que non ten moito sentido poñelo en catalán cando existe a palabra en galego. Por que para o Barcelona se pon o nome en catalán pero para o Real Club Deportivo de La Coruña empregamos Deportivo da Coruña...? Saúdos. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:08 (UTC)
- Deixei varias referencias para o nome en galego. A conversa moveuse a Conversa:Futbol Club Barcelona#FC Barcelona. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:32 (UTC)
Resposta de Openbank
editarBoas, xa chegou a resposta de Openbank á consulta sobre a conta. Podedes ver o contido e comentar os pasos a seguir en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)
Nota: Esta é unha lista de mensaxes en masa de usuarios interesados na asociación A3GAL, se non queres recibir máis avisos desta lista, borra o teu usuario en Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL
Escolla da conta para A3GAL
editarBoas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco están as opcións que atopamos para a conta bancaria da asociación. Se vos parece ben, que cada un vote a opción que lle pareza mellor durante esta finde. Se alguén quere engadir algún outro banco ou ten algunha obxección, que achegue a información ou que comente as dúbidas que teña e entón atrasaremos a votación. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:17 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
RE:Modelos
editarOla. Son modelos máis específicos e máis axeitados para os artigos correspondentes. O modelo biografía amosa máis información porque está adaptado para tomar datos do wikidata, pero non ten tódolos campos específicos do resto de modelos de caixas de personalidades. O axeitado sería en todo caso "modernizar" eses outros modelos para que tamén comecen a utilizar o wikidata, non substituílos por un único modelo. É inviable manter un só modelo de caixa de personalidade que recolla os campos de tódolos outros. ☣Banjo tell me 10 de novembro de 2018 ás 13:21 (UTC)
RE:
editarMoitas grazas. Saúde. --Etanol (conversa) 15 de novembro de 2018 ás 09:05 (UTC)
Resolto: Escolla da entidade bancaria para a asociación
editarBoas a todos, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco xa está o resultado da escolla da entidade bancaria para a conta da asociación. Finalmente escolleuse a Abanca, os detalles están na páxina. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 14:19 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario de Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Val do río Cenza
editarOla. O problema para facer esa páxina é que non teño practicamente fontes de información sobre o tema.--Miguelferig (conversa) 20 de novembro de 2018 ás 16:27 (UTC)
- @Miguelferig: por iso che preguntaba, porque eu tampouco atopei moita cousa, e como fixeras o de xeoloxía de Galicia pensei que igual tiñas algo máis de bibliografía. Mágoa. Graciñas de todos modos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de novembro de 2018 ás 20:04 (UTC)
Ayuda
editarPor favor solicito su ayuda en la edición del artículo "Javier Pérez Capdevila", realizado por mí. No tengo habilidades en el idioma gallego, y he eliminado muchos elementos que quizás hizo pensar lo que realmente no es. Agradezco mucho que em ayude con la edición. ¿Podría ser? Ahora el artículo es más corto. Saludos. Yco1975 (conversa) 21 de novembro de 2018 ás 15:37 (UTC)Yco1975
Información demográfica
editarBoas, O Wikidata coñézoo, aínda que só o teño usado pra introducir algunha descrición. O ideal claro que sería, porén creo que, ó estaren os datos do IGE en formato XLS, sería bastante fácil pra un bot introducilos. Facelo a man non me parece asumíbel, introducir cada cifra, ano a ano, co formulario da web é extremadamente lento. Descoñezo se hai outro xeito máis rápido. E grazas a ti, o teu traballo si que é inxente! One2 (conversa) 23 de novembro de 2018 ás 23:13 (UTC)
A3GAL/Relación coa Fundación
editarBoas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación coa Fundación tedes algo de información sobre os diferentes tipos de afiliación á Fundación Wikimedia, ide comentando o que vos parece o tema e que podemos facer. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 13:55 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Admin interface
editarBoas Estevoaei, creo que segundo se falou no seu día os administradores podíamos solicitar os permisos de administrador da interface a un burócrata. Poderías concedermos para non ter que andar molestando a Banjo cada vez que faga falta crear unha imaxe en MediaWiki:Gadget-PortalClass.css? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:50 (UTC)
@AMPERIO: feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 11:57 (UTC)
- Grazas! Por indicación de Banjo deixei tamén a solicitude no taboleiro dos administradores para que quede constancia alí tamén da concesión dos dereitos. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 12:00 (UTC)
Re: Sonda InSight
editarSi, sabía do evento dende hai unha semana, pero comecei a traballar precisamente nestas datas, e fago moitas horas, co cal non teño tempo. Saúdos. Xabier Cancela (fálame) 28 de novembro de 2018 ás 20:40 (UTC)
Categorías de imaxes
editarGrazas polas recomendacións, engadirei as categorías como me indicas. O que non sei é como saber as coordenadas dos lugares fotografados. Un saúdo. --Dende (conversa) 1 de decembro de 2018 ás 14:58 (UTC)
Correo para a Comisión de Afiliacións
editarBoas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación_coa_Fundación#Correo_para_a_Comisión_de_Afiliacións tedes o borrador do correo para mandar ó Comité de Afiliacións para preguntar polo tema do Grupo de Usuarios da Fundación, hai que revisalo para que quede todo correcto, tódolos comentarios son benvidos. Cando teñamos a versión final faremos a tradución para enviala. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 18:44 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Alfonso Otero Regal
editarAdrián, paseille o detector de copyvio a Alfonso Otero Regal e detecta un 78% dunha páxina e un 49% doutra. Marqueino co aviso por que alguén o quere revisar. En castelán o marcaron directamente para borrar. --AMPERIO (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 17:38 (UTC)
boas, grazas, contacté con el artista y dice que el texto de http://cultura.galiciadigital.com/node/7218 lo escribió él y qué necesita enviar para demostrarlo. curioso el dato de que el articulo en castelán lo borra un adolescente argentino de 16 años con criterios como el que no es imnportante enciclopedicamente falando (sera porque e galego?? entendo o resto de criterios y espero que se podase editar ben) en menos de unas horas.
Dependemuchisimo (conversa) Alicia - 4 de decembro de 2018 ás 07:34 (UTC)
Teresa Veiga
editarNon, non lin aínda. Si que me deron ganas de ler. Lles (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 13:46 (UTC)
Rápido como o raio
editarÍa deixar o artigo de Vilar como Deus manda, e atópome con que ti xa fuches o raio cegaodr. Grazas! (pero deixa algo de traballo para os demáis, home! ;-) )Agremon(contacto) 11 de decembro de 2018 ás 08:13 (UTC)
Premio Rei Juan Carlos I de Economía
editar¿Me puedes ayudar a traducir bien en tu idioma, por favor? Te lo pido como favor. AlvarezGomez (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 21:33 (UTC)
Rosalia de Castro en Wikidata
editarBoas, xa que estás co tema este, poderías revisar isto e mirar de poñerlle o título e a descrición correctos en Wikidata? Graciñas :) Maria zaos (conversa) 18 de decembro de 2018 ás 12:18 (UTC)
Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte
editarOla, Estevo. Estou un pouco confundido. Non entendo por que sacaches o subapartado de frescos.--Agremon(contacto) 20 de decembro de 2018 ás 16:20 (UTC)
...Vale. Temos xeitos de pensar diferentes. No de retirar info no artigo de A Ponte si penso igual, se non o fixen foi porque coido que debera quedar algo indicativo, e polo momento non din máis. --Agremon(contacto) 20 de decembro de 2018 ás 18:39 (UTC)
Motín do HMS Bounty
editarBoas Estevoaei, poderías botarlle unha ollada ao artigo Motín do HMS Bounty? O lin varias veces e penso que non debe haber moitos erros, pero sempre acaba aparecendo algún que eu non vin. Penso que a súa lectura non se fai pesada, así que se atopas un momentiño nestes días de Nadal para botarlle unha ollada agradeceríacho :) Un saúdo e boas festas! --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 10:15 (UTC)
- Grazas pola revisión! Xa sabía eu que algo seguro que se me pasou por riba. Un saúdo e boa Noite :)--AMPERIO (conversa) 24 de decembro de 2018 ás 15:29 (UTC)
parroquias de Galicia
editarOla Estevoaei, claro que podes colaborar!, calquera pode. O de meter a lista en Parroquias de Galicia non o vexo, porque ese artigo xa é moi longo, e as variacións parroquiais tampouco creo que vaian ser poucas e faría a cousa difícil de manexar. Si faría unha sección de Historia onde diría algo como Cando se crearon os concellos había Y parroquias mentres hoxe hai X. Fontán recolle no seu mapa tantas e na minuta outras tantas. Houbo absorcións, segregacións, mudanzas de nome etc. etc. e ligaría á lista de variacións. One2 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 12:38 (UTC)
solicitude de foto
editarSi, estou pola Terra Chá, pero non creo que poida achegarme para tirarlle unha foto. Síntoo. Que teñas unha boa entrada de ano e boas festas! --Chairego apc (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 15:04 (UTC)