Diccionario bio-bibliográfico de escritores

obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Diccionario Bio-bibliográfico de escritores
Título orixinalDiccionario bio-bibliográfico de escritores
Autor/aAntonio Couceiro Freijomil
OrixeGaliza
LinguaCastelán
ColecciónEnciclopedia Gallega
Xénero(s)Enciclopedia
EditorialEditorial de los Bibliófilos Gallegos
Data de pub.1951-1954
FormatoTapa dura. 18 x 24 cm
Páxinas1472 (3 tomos)
Na rede
BNE: bimo0000511174
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

A obra é moi completa e abrangue desde autores medievais como Mendinho até autores contemporáneos como Xesús Ferro Couselo, Ramón Cabanillas ou Gonzalo Torrente Ballester. Conta cun prólogo de Francisco Javier Sánchez Cantón, presidente do consello da editorial e compañeiro de Couceiro Freijomil no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Amais, Couceiro Freijomil preparou un prólogo para ser publicado en Faro de Vigo no centenario do xornal, mais permanece inédito.[1]

A obra está estruturada en tres volumes por orde alfabética:

Estaba prevista a publicación de forma periódica de varios apéndices coas oportunas adicións; porén, o autor faleceu pouco despois da publicación do terceiro tomo.

Se ben a obra foi escrita e publicada durante o franquismo, época na que existía a censura, é relevante a desviación na escolla dos autores e autoras, así como das obras mencionadas. Cid Fernández entende que Couceiro Freijomil tiña unha postura controvertida respecto ao nacionalismo galego, negando as contribucións políticas e limitándoo á corrente cultural do rexionalismo, cunha visión idealizada dos sentimentos de "amor á terra"[2] Segundo Miguélez Carballeira, o propósito do Diccionario Bio-bibliográfico de escritores era "restaurar durante a ditadura fascista os discursos coloniais de pré-guerra sobre a Galiza"[3], "os valores da identidade galega, mansa e sentimental, do velho regionalismo"[4]. Xa na súa obra El idioma gallego (1935) Couceiro Freijomil amósase contrario a mencionar os poetas de vangarda galegos, sinalando un cisma entre "la Galicia saudosa" e "la de los vates rebeldes"[5]

Omítense obras de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como Sempre en Galiza, e cualifícase como defecto o anticlericalismo de Manuel Curros Enríquez na obra O divino sainete. De Darío Álvarez Limeses, Alexandre Bóveda, Roberto Blanco Torres, Johán Carballeira ou Manuel Lustres Rivas entre outros dise que morreron por consecuencia de los sucesos nacionales. De autores que tiveron que exiliarse como Basilio Álvarez ou Gerardo Álvarez Gallego dise que emigraron.

Non obstante, inclúese autores que deixaron escritos non só de carácter literario, senón de calquera outro tipo, xa for sobre teoloxía, xurisdición, ou medicina. Inclúense personalidades relixiosas –especialmente da Orde franciscana– que non chegaron a escribir ren, como Sancho de Figueroa Andrade ou García Blanes, franciscano do s. XIII. Mesmo aparece incluído o propio Francisco Franco, destacando a súa carreira militar e política.

  1. Prólogo inédito, por Antonio Couceiro Freijomil en Galiciana
  2. Cid Fernández, X. M. (1982): "Postura controvertida de A. Couceiro Freijomil ante o rexurdimento e extensión da conciencia nacionalista (1916-1936)", en Boletín Auriense nº 12, páx. 275-297.
  3. Miguélez Carballeira, H. (2014): Galiza, um povo sentimental?. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 49.
  4. Miguélez Carballeira, H. (2014): Galiza, um povo sentimental?. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 152.
  5. Couceiro Freijomil, A. (1935): El idioma gallego. Páx. 441.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar