Xosé Manuel Cid

pedagogo e escritor galego

Xosé Manuel Cid Fernández, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 14 de maio de 1957, é un pedagogo galego.

Xosé Manuel Cid
Xosé Manuel Cid Fernández.jpg
Nacemento14 de maio de 1957
Lugar de nacementoMorgade
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagogo e escritor
Na rede
Dialnet: 85186
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en 1979 en Filosofía e Ciencias da Educación, doutorándose en Pedagoxía en 1987 coa tese Educación e Sociedade en Ourense durante a IIª República. Entre 1979 e 1990 deu clase de teoría a Historia da Educación no Colexio Universitario de Ourense (daquela dependente da USC), e desde ese ano dá aulas na Facultade de Humanidades de Ourense, dependente da Universidade de Vigo. A súa especialidade é a Pedagoxía Social, dentro da titulación de Educación Social.

Foi vicedecano de Humanidades entre 1990 e 1994, e decano entre 1994 e 1998. Entre 1998 e 2000 foi vicerreitor de Extensión Universitaria.

É colaborador do proxecto de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, do que foi presidente. Tamén é membro da fundación Vicente Risco.

O 2 de xullo do 2022 é escollido como o primeiro presidente da Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto[1].

ObraEditar

  • Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República (1989, Universidade de Santiago).
  • Teorías e institucións educativas en Ourense durante a IIª República (1994, Universidade de Vigo).
  • Por unha escola do pobo. No Centenario de Freinet (1998, Coord. Universidade de Vigo).
  • Actores sociais e factores de cambio no medio rural (1999, Coord. Universidade de Vigo).
  • Vintecinco anos de Freinet en Galicia, (2000, Coord.).
 
Nos premios Lois Peña Novo 2016 no castelo de Soutomaior

Colaborou en diversos libros colectivos, e revistas científicas como Historia de la Educación, Pedagoxía Social ou Temps d'educació.

GalardónsEditar

NotasEditar

  1. "Unha academia avivará o estudo do Couto Mixto". 28/06/2022. Consultado o 01/07/2022.