José Toribio Medina

erudito e polígrafo chileno


José Toribio Medina Zavala, nado en Santiago de Chile o 21 de outubro de 1852 e finado na mesma cidade o 11 de decembro de 1930, foi un prolífico polígrafo chileno, historiador, numismático, bibliógrafo e lexicógrafo, recoñecido, entre outros, polos seus estudos biográficos, sobre a literatura colonial chilena ou sobre a historia da imprenta hispanoamericana.

Infotaula de personaJosé Toribio Medina

José Toribio Medina ca. 1910

Biografía
Nacemento21 de outubro de 1852
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 1930 (78 anos).
Santiago de Chile.
Chile.
Datos persoais
País de nacionalidadeChilena.
Educación Universidade de Chile.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática, bibliografía, lexicografía.
Lugar de traballo Lima
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , coleccionista , escritor , bibliógrafo , historiador , diplomático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMercedes Ibáñez Rondizzoni (1885).
Premios
(1926): Medalla Huntington (ANS).

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

José Toribio Medina naceu o 21 de outubro de 1852 na capital chilena, fillo de Mariana Zavala e de José del Pilar Medina.[1]

A súa educación primaria transcorreu no colexio privado Santiago, da cidade de Talca, onde o seu pai fora nomeado xuíz. En 1865 ingresou no Instituto Nacional General José Miguel Carrera, xa en Santiago, para cursar a súa educación secundaria pola rama de Humanidades, que finalizou en 1869. O ano seguinte continuou a súa formación na Universidade de Chile, na que se graduou dos seus estudos de Dereito en 1873.[1][2]

Carreira académica editar

Ao logo da súa traxectoria, Medina diversificou os seus focos de interese en diversas áreas, entre as que destacou como bibliógrafo e compilador de obras, fontes e documentos sobre a historia e a literatura colonial chilena e hispanoamericana, o que o levou a ser recoñecido como un destacado americanista, hispanista e colonialista.[1]

En decembro de 1874, o ministro de Relacións Exteriores, Adolfo Ibáñez, nomeouno secretario da representación diplomática de Chile en Lima, o que lle facilitou o acceso á documentación do Vicerreinado do Perú. En 1884 pasou a ocupar o mesmo posto na legación do seu país en Madrid.[1][2]

 
José Toribio Medina na súa biblioteca, en 1909.

Nas súas viaxes ao estranxeiro visitou tamén arquivos e bibliotecas na Arxentina, nos Estados Unidos, no Reino Unido, en Francia e en España, e sinaladamente, nesta última, o Arquivo Xeral de Indias, o Arquivo de Simancas e o Arquivo Notarial de Madrid.[2] Os resultados destas investigacións plasmáronse nalgúns casos en posteriores compilacións e publicacións como a Biblioteca Americana, as compilacións cartográficas ou os volumes dedicados á historia da imprenta en Hispanoamérica. Moitas destas publicacións levounas a cabo el mesmo nunha imprenta instalada na súa propia casa.[1]

En 1897, a Universidade de Chile nomeouo membro académico da Facultade de Filosofía, Humanidades e Artes, o que lle permitiu ocupar a primeira cátedra de Historia Documental Americana e Chilena a partir de 1899.[1][2]

En 1925, Medina doou ao Estado chileno a súa biblioteca, composta por 60.000 impresos, 1668 manuscritos orixinais e 8.659 documentos transcritos. Todo este legado documental consérvase nunha sala da Biblioteca Nacional de Chile que leva o nome de Biblioteca Americana José Toribio Medina.[1][2]

Medina faleceu en Santiago de Chile o 11 de decembro de 1930 aos 78 anos.[1][2]

Recoñecementos editar

Escolma de publicacións editar

José Toribio Medina foi un prolífico autor, editor e tradutor, que conta con máis de 280 referencias, entre libros, opúsculos e artigos. Esta é unha escolma dalgúns dos seus traballos monográficos, representativos das diferentes áreas do saber que Medina cultivou:.[4][5]

Numismática editar

Imprenta e bibliografía editar

Lingüística e literatura editar

  • (1927). En defensa de siete voces chilenas registradas en el Diccionario de la Real Academia Española y cuya supresión se solicita por un autor nacional. Nascimento, Santiago.
  • (1928): Chilenismos: apuntes lexicográficos. Santiago.

Biografías editar

 
Diccionario biográfico colonial de Chile (1906), publicado por José Toribio Medina
  • (1897). Juan Díaz de Solís. Estudio histórico (2 volumes). Santiago.
  • (1906). Diccionario biográfico colonial de Chile. Impr. Elzeviriana., Santiago.
  • (1908). El veneciano Sebastián Caboto: al servicio de España [...]. Imprenta Universitaria, Santiago.
  • (1908). El portugués Esteban Gómez al servicio de España. Imprenta Elzeviriana, Santiago.

Outros temas históricos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "José Toribio Medina (1852-1930)". Memoria Chilena. Biblioteca Nacional de Chile.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Medina Zavala, José Toribio". Icarito.cl
  3. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  4. "Medina, José Toribio 1852-1930". WorldCat Identities.
  5. "José Toribio Medina (1852-1930). Bibliografía". Memoria Chilena. Biblioteca Nacional de Chile.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amunategui Solar, D. (1932). José Toribio Medina. Universidad de Chile.
  • Feliú Cruz, G. (1952). Medina: radiografía de un espíritu, 1852-1930. Nascimento, Santiago.
  • Feliú Cruz, G. (1952). José Toribio Medina, historiador y bibliógrafo de América. Nascimento, Santiago.

Ligazóns externas editar