Hadrián Loureiro
Benvido(a) á Galipedia, Hadrián Loureiro!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 27 de abril de 2016 ás 11:48 (UTC)
Edición
editarOla, Hadrián. Revertín a túa edición en [[Euseino? Editores] porque non está permitido incluír ligazóns externas no corpo do texto. Así mesmo, cómpre referenciar e adaptar segundo o formato habitual nesta Wikipedia (tes máis información no Libro de Estilo). En todo caso, o contido que achegaches recupereino, xa aquelado, para completar a entrada. Velaí os cambios. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de abril de 2016 ás 11:48 (UTC)
Beatriz Fraga
editarOla, Hadrián!
Puxen un par de categorías máis no artigo de Beatriz Fraga, e coloquei a foto que subiches. Mudei o modelo:Escritor polo modelo:Biografía, que toma os datos directamente de Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de marzo de 2018 ás 13:12 (UTC)
Lonely Woman
editarOla, Hadrián. Efectivamente, no artigo en inglés de en:Lonely Woman (composition) úsase o en:Template:Infobox Song. Desde este modelo, podes ver nas interwikis (na columna da esquerda, na parte inferior) que se corresponde co Modelo:Canción. POdes ver o seu uso, por exemplo, no artigo sobre "Garota de Ipanema". Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de abril de 2018 ás 18:32 (UTC)