Garota de Ipanema

«Garota de Ipanema»
single de Vinícius de Moraes
Antônio Carlos Jobim
Lanzamento 1962
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical bossa nova
Lingua(s) Portugués
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Vinícius de Moraes
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Garota de Ipanema, en galego Rapaza de Ipanema, é unha canción de bossa nova escrita en 1962 por Vinícius de Moraes e musicalizada por Antônio Carlos Jobim. Está considerada a mellor das cancións escritas dentro da bossa nova, e foi un dos maiores éxitos musicais a mediados dos setenta. Helô Pinheiro foi a modelo que inspirou a canción.[1]

Praia de Ipanema.

A canción foi composta orixinalmente para unha comedia musical titulada Dirigível, que era unha obra na que estaba traballando Vinícius de Moraes. O título orixinal era "Menina que Passa". A primeira gravación comercial fíxoa Pery Ribeiro en 1962. A versión de Astrud Gilberto, co seu esposo João Gilberto e o saxofonista estadounidense Stan Getz, que aparece no álbum Getz/Gilberto de 1963, converteuse nun éxito internacional e foi utilizada en moitas películas, converténdose nun cliché dos frívolos anos 60.

En 1963 Norman Gimbel fixo unha adaptación da letra en inglés, "The Girl from Ipanema".

Helô Pinheiro.

A canción está inspirada en Heloísa Eneida Menezes Paes Pinto (tamén coñecida como Helô Pinheiro), unha moza de 18 anos que vivía sobre a rúa Montenegro, no distinguido e famoso barrio Ipanema, no Río de Xaneiro. Cada día pasaba polo popular bar-café “Veloso” camiño á praia, atraendo a atención dos concorrentes, entre eles Jobim e Moraes. En Revelação: a verdadeira Garota de Ipanema, Moraes escribiu que ela era:

[...] o paradigma do bruto carioca; a moza dourada, mestura de flor e serea, chea de luz e de graza mais cuxa visión tamén é triste, pois leva consigo, camiño do mar, o sentimento da que pasa, da beleza que non é só nosa... é un don da vida no seu lindo e melancólico fluír e refluír constante.[2]

Notas editar

  1. "Helô Pinheiro foi a musa inspiradora da música Garota de Ipanema, composta por Tom Jobim e Vinícius de Moraes en 1962...". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  2. [...] o paradigma do bruto carioca; a moça dourada, misto de flor e sereia, cheia de luz e de graça mas cuja a visão é também triste, pois carrega consigo, a caminho do mar, o sentimento da que passa, da beleza que não é só nossa — é um dom da vida em seu lindo e melancólico fluir e refluir constante.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar