Josefina López de Serantes
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Josefina López González nada na Coruña o 6 de abril de 1922 e finada na mesma cidade o 5 de marzo de 1998, foi unha escritora galega de novela rosa, biografías, poesía e artigos de prensa en castelán e galego, máis coñecida como Josefina López de Serantes.
Josefina López de Serantes | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Josefina López González |
Alcume | Josefina López de Serantes |
Nacemento | 4 de xuño de 1922 |
A Coruña | |
Falecemento | 3 de maio de 1998 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora e xornalista |
Pai | Jesús López Castiñeira |
Irmáns | Águeda de Vianney |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi filla do escritor Jesús López Castiñeira e irmá de María Teresa López, tamén escritora baixo o pseudónimo de Águeda de Vianney.[1]
Josefina comezou a escribir contos infantís. O seu primeiro texto publicado é o conto “La Leyenda del Crisantemo”, publicado na revista Flechas y Pelayos en 1943. Nese mesmo ano casou con Eduardo Serantes Pedreira, empregado da Cámara de Comercio, e desde entón usou o nome de Josefina López de Serantes. Usou tamén os pseudónimos de Fides, Una Hija, La Esposa de Uno, Josephine Lodeser, Penélope, Mireya, Cruceiro, V. Mareiro e Graciela.
Colaborou en publicacións como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Noche, La Región, A Nosa Voz e revistas como Lecturas, Hogar y Moda, Salmo, Mujer, La Toja, Siluetas e La Tabaiba. Tamén escribiu guións para emisoras de radio como Cadena Ser, Radio Nacional de España, E.A.J. 41, Radio Barcelona e Radio Juventud.
Despois da morte do seu home escribiu poesía, vinte poemas en galego e 12 en castelán, dos cales 26 están dedicadas ao seu marido.
Comezou a estudar galego de maior:
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[2]
Vida persoalEditar
Tiveron sete fillos: Quincho (1944-1996), Marifí (1948), Carmen (1951), Chary (1953), Eduardo (1955), Suso (1958) e Gerardo (1962).
ObraEditar
- Orgullo vencido (novela, 1948)
- Deber sagrado (novela, 1952)
- Un sueño de amor (novela, 1952)
- El misterio de Foretmer (novela, 1955)
- Volvieron en primavera (novela, 1962)
- Una mujer sola (teatro, 1966)
- El buen Papa Juan (biografía de Xoán XXIII; Editorial Mateu, 1967)
- Siempre hay esperanza (teatro, 1977; comedia en catro actos e un cadro)
- Benito Vicetto iñorado (biografía de Benito Vicetto; Alvarellos Editora, 1978)
- Empezar a vivir (autobiografía; Ediciones Hymsa, 1985; inicialmente escrita co título de Yo conocí a Marcela)
- Brilla una luz (novela, 1983)
- Vida e morte dun poeta (biografía de Francisco Añón Paz; Venus Artes Gráficas, 1986)
- El enigma del gran Almirante (biografía de Cristovo Colón; edición de Eduardo Serantes López, 2013)
- Terra e Mar (escolma de artigos xornalísticos e poéticos; Editorial Círculo Rojo, 2015)
- Ráfagas (escolma de artigos e contos; edición de Eduardo Serantes, 2016)
- Retrincos (escolma de artigos e relatos; edición de Eduardo Serantes, 2017)
PremiosEditar
- Finalista do Premio Pérez Lugín en 1981 por Nuestro idioma, lengua de reyes y sabios
- Premio Rosalía de Castro do Concello de Corcubión en 1984 por Nuestro idioma y nuestras letras
- Premio La Tabaiba de Oro de Las Canarias en 1985 por El viejo de las mondas
- “Cuentos del Domingo” de El Ideal Gallego en 1949 por “La vieja Miqueira”
- Torre de Marfil de radio E.A.J. 41, 1950
- “Cartas de Amor” da revista España semanal en 1951 por Carta de amor
- Cadena Ser. Programa Vosotras, 1958 por Volvieron en primavera
- Premio Bodas de Oro de La Región en 1960 por El Balandro
- Premio de RNE na Coruña polo guión Celos, maio de 1960
- Accésit Premio FENOSA en 1969 por El Electrón
- Xogos Florais de Oleiros 1976 por Mrs White en Oleiros
- Accésit Premio López Cortón de Cedeira en 1976 por Don José Pascual López Cortón
- Accésit Premio Xornalístico de Cedeira 1980 por Uno de los hijos más preclaros de Cedeira
- Premio Toxo de Prata do Real Coro Toxos e Froles en 1995 pola súa achega á recuperación do escritor Benito Vicetto[3]
NotasEditar
- ↑ Josefina López de Serantes, biografía en BiblioRomance (en castelán).
- ↑ "As mulleres na Real Academia Galega", artigo de Rosario Álvarez Blanco, 17 de maio de 2008.
- ↑ Toxos de Prata, na web do Real Coro Toxos e Froles.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández del Riego, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 637.
Ligazóns externasEditar
- "Xosefina", artigo de María José Castro López en La Voz de Galicia, 17 de maio de 2001.