Benvido(a) á Galipedia, Imolavirando!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:54, 26 de decembro de 2011 (UTC)

Miquel Martí i Pol editar

Ola, Imolavirando; Entre outro usuario e mais eu amañamos o artigo de Miquel Martí i Pol; podes mirar aquí as diferenzas.

Ao traducires un artigo, é importante que no resumo da edición inclúas a orixe do texto; neste caso, debes mencionar que é unha tradución do artigo correspondente en catalán.

Para que saia noutras wikis a ligazón ao artigo en galego, cómpre poñer as interwikis; para que funcionen as categorías, tamén cómpre poñelas entre corchetes.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:00, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola de novo! Acabo de mirar o artigo de Lluís Llach e a ligazón cara a Miquel Martí i Pol aparéceme en azul, non acabo de entender o problema. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:31, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Miquel Martí i Pol editar

Eu tampouco o entendo, por que estaba en vermello, agora en azul, sen lle facer ti ningún cambio.--Imolavirando 11:48, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

interwikis editar

Ola!

Nos últimos meses mudou o sistema de interwikis; agora hai unha páxina especial adicada para iso, Wikidata. As interwikis do artigo de Montserrat Roig xa as amañaches ti alí con moi bo criterio; a de Nancy Horan hai que creala de cero, pois só ten artigo en inglés e galego, e eu non sei facelo. Podemos agardar un par de días a ver se un bot o fai de forma automática, e se entón aínda non está feito, pedimos axuda, paréceche?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2013 ás 13:16 (UTC)Responder

Perdoade a intromisión, pero xa creei a páxina en wikidata para os interwikis de Nancy Horan, simplemente hai que ir a wikidata, darlle a crear un novo elemento e poñer o nome do artigo, o código, neste caso (Q9153566) xa se crea automaticamente. Un saúdo. --JaviP96 1 de abril de 2013 ás 14:11 (UTC)Responder