Arte (pesca)

(Redirección desde «Artes de pesca»)

Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).

Criterios de clasificación das artes de pesca

editar
 
Artes de pesca.

As artes de pesca poden agruparse segundo tres criterios principais: o tamaño (o cal implica a súa utilización manual ou mecánica), a forma da arte e o xeito de capturar o animal.

Segundo o tamaño poden ser:

 
Escultura dedicada á arte de pesca da fisga en Moaña.

Segundo a forma da arte poden ser:

Segundo o xeito de captura do animal poden ser:

  • intervención activa do animal, como na nasa ou o anzol, onde é o propio animal o que cae no engado;
  • intervención pasiva do animal e pasiva do home, como nas artes de deriva;
  • intervención pasiva do animal e activa (selectiva) do home, como nas artes de arrastre ou de marisqueo;

Clasificación das artes de pesca

editar

Na columna da dereita, o código correspondente segundo a ISSCFG, o artigo do Decreto 424/1993 de 17 de decembro e a páxina onde se describe no libro de referencia de Manuel Fariña Castro (1998) Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia:

Tipo Subtipo Grupo Subgrupo Nome ISSCFG 424/1993 páxina VOLG
Artes de anzol liña (simple: LHP-09.1.0
en tangóns: LTL-09.6.0;
de recreo: RG-25.0.0)
17 2 +
palangre
=pincho
palangre de superficie LLD-09.4.0 18 4 +
+
palangre de fondo LLS-09.3.0 18 3 +
*palangrillo
=tala
LLS-09.3.0 20 6 -
+
de rede de *enmalle
e enredo
fixa raeira
=rasca
=rasco
=rasquiño
GNS-07.1.0 (de fondo) 24 30 +
+
+
+
volanta GNS-07.1.0 (de fondo)/
GND-07.2.0 (pesca de altura)
28 30 +
beta
=veta
=embalo
GNS-07.1.0 (de fondo) 31 31 -
+
+
trasmallo
=tramallo
GTR-07.5.0 35 31 +
+
miño GTR-07.5.0 39 32 +
de deriva xeito GND-07.2.0
(volanta na ref. portuguesa)
43 32 +
remolcada de cerco cerco
=piobardeira
=racú
=recú
=raspita





(con chalandra:
PS1-01.1.1;
sen chalandra:
PS2-01.1.2)
47 54 +
-
+
-
+
-
de arrastre de fondo bou OTB-03.1.1 82a +
vaca OTB-03.1.1 82a -
+
parella PTB-03.1.3 82b +
(semi)peláxico OTM/PTM/TMS-03.2.x (0-3) 85-86 39 +
bou de vara TBB-03.1.1 87 49 +
de arrastre-cerco bou de man
=rapeta
SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) 93 50 +
+
boliche
=chinchorro
SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) 99 51 +
+
trampas nasas FPO-08.2.0 56-75,
78-81
19-21 +
*biturón
=*boitirón
=viturón
=voitirón (de lamprea / fluvial)
76-80 22 -
-
+
+
auxiliares e
de marisqueo
*
mediomundo LNP05.1.0/LNS-05.3.0 104-105 25 +
gancha DRH-04.2.0 119e 15 +
raño 119d 15 +
rastro 119a-c,
120,
121,
123
14 +
can de ameixa
=endeño (remolcado)
122 17 +
+
fisga
=frisga
118e 12 +
-
bicheiro 10.0.0 106a 26 +
forquita
=forcada
=forcanza
127-1b 13 +
+
+
francada 27 +
salabardo LNP-05.1.0 118d 11 +
trueiro
=truel
FCN-06.9.0 127a 25 +
+
angazo (traídos da agricultura) 118a,
119-2a
10 +
fouciño
=fouza
118c 11 +
-
sacho 118a 10 +
rasqueta
=raspa
124 13 +
+
espello
=mirafondos
26 +
-

NOTA *: Os códigos asignados nas artes de marisqueo son aproximados, pois a clasificación ISSCFG aplícase só a artes de pesca. Con todo, se foren utilizados para captura dos organismos vivos no mar, o código dado sería o máis probable.

Patrimonio léxico

editar
 
Nasa para anguías, na Casa da Navegación, Baiona.

As artes de pesca tradicionais amosan unha variación enorme nas súas denominacións. Unha mostra son o conxunto de rastros (gancha, raño, can de ameixa etc.) que, malia teren unha función e uso semellantes, diferéncianse pola especie capturada. En contraste, en portugués dáse a denominación xenérica draga (v. referencias). A seguinte lista pretende fornecer unha mostra para mellor facerse unha idea das variacións diatópicas no contexto do galego, portugués e castelán:

  galego   portugués   castelán
bicheiro (VOLG) bicheiro (v. ref. 10.0.0)
ó corricán (VOLG) de corrico curricán (segundo o DRAE do pt: corricão)
de deriva de deriva, derivante
nasa armadilha, nassa, covo, alcatruz, murejona (v. ref. 08.2.0)
viturón, voitirón (VOLG) botirão (v. ref. 08.4.0) buitrón (DRAE)
?tangón retranca ?tangón
tarrafa (de cerco e xareta, 01.1.1) tarrafa (v. ref. 06.9.0) esparavel (DRAE)
tramallo, trasmallo (VOLG), *tresmallo tresmalho (v. ref. 07.5.0)
xareta (VOLG) retenida (v. ref. 01.1.1)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar