Un bou é unha arte de arrastre de fondo de pouca anchura vertical para a captura de especies demersais, con cope, con portas e con dúas longas mallas actuando de pernas ou ás enganchadas a dúas trallas, unha superior con flotadores e outra inferior con lastres que se unen á embarcación mediante calóns. É máis grande cá vaca e emprégase preto da costa, para pesca de baixura, feito polo que se chama ás veces tamén bou de día. Está regulado polo artigo 82a do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar