Mediomundo
O mediomundo[1] é unha arte de pesca, hoxe en desuso, empregada para a captura de piardas, pións, fanecas, xurelos, cangrexos etc., previo engado da mesma.[2]
Consiste nun aro metálico ao que se fixa un cerco de rede case semiesférico, que se pendura no extremo dunha vara de lonxitude axeitada para o seu manexo desde unha pequena embarcación.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 mediomundo Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG
- ↑ 2,0 2,1 Fariña Castro, Miguel: Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia, p. 25.