Alfonso Álvarez Gándara

avogado e político galego

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Alfonso Álvarez Gándara
Nacemento27 de xaneiro de 1939
 Tui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado defensor e político
PaiDarío Álvarez Blázquez
IrmánsDarío Álvarez Gándara
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Darío Álvarez Blázquez e irmán de Darío Álvarez Gándara. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1960, exerceu como avogado en Vigo. Articulista na prensa galega, en 1967 recibiu o premio Fernández Latorre polo seu artigo La Iglesia no habla la misma lengua que los gallegos. Foi cofundador da Xunta Democrática de Galicia e un dos promotores do Movemento Socialista de Galicia e tras a integración deste co Partido Socialista Galego foi candidato a deputado nas eleccións xerais de 1977. Elixido concelleiro en Vigo nas eleccións municipais de 1979 nas listas de Unidade Galega. Foi secretario xeral do Partido Galeguista (1981-1983).[1] Exerceu como decano do Colexio de Avogados de Vigo de 1989 a 2015[2][1], foi presidente do Consello da Avogacía Galega, [1]membro da Comisión Permanente do Consejo General de la Abogacía Española e membro de honra da Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

ObrasEditar

Obras colectivasEditar

  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar