Emilio Álvarez Negreira
Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.
Emilio Álvarez Negreira | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1926 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 4 de xullo de 2002 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e poeta |
Pai | José Álvarez Limeses |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Álvarez Limeses e neto de Emilio Álvarez Giménez. Funcionario municipal. Formou parte das redaccións de Finisterre, Sonata Gallega, Litoral e Diario de Pontevedra, do que foi redactor xefe. Colaborou tamén en Agro, Ciudad, Alba, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo e El Ideal Gallego utilizando os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era.
En 1949 colaborou con Sabino Torres na fundación da colección Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. En 1992 editou Sonetos de Quicio Volante, no que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. Recompilou textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971 no volume La veleta apunta a Pontevedra (1991). A súa novela La pirueta foi candidata ao Premio Planeta.
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Madrigal, 1948.
- Sonetos de Quicio Volante, 1992.
EnsaioEditar
- La veleta apunta a Pontevedra, 1991.
NovelaEditar
- La pirueta
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externasEditar
- Ficha do autor na web de Editorial Xerais
- Necrolóxica por Victor Freixanes en La Voz de Galicia, 5 de xullo de 2002